O 4 de abril de 1284 morreu Afonso X, coñecido como o Sabio. Pasou a historia como o rei de Castela entre 1252 e 1284 pero tivo unha intensa relación coa cultura galega. Precisamente sobre esta relación afondará unha exposición que o Consello da Cultura Galega está a preparar e que contará co comisariado de Antoni Rossell. Aproveitamos o cabodano para recuperar algúns materiais que dan conta desa singular figura. Entre eles, as publicacións que conteñen a edición facsimilar e a transcrición do códice de Toledo da Cantigas de Santa María; cortes de audio coa interpretación musical das Cantigas e a reprodución en 3D da virxe abrideira de Allariz que consideran pertenceu á muller do monarca, a raíña Violante.

Visita a exposición    Descarga o catálogo da exposición

Cantigas de Santa MarÍa

Autoría: Afonso X Limiar: Henrique Monteagudo, Ramón Villares

As Cantigas de Santa María constitúen simultaneamente un dos monumentos máis representativos da arte europea coeva, a maior colectínea mariana da idade media e un dos cumes da literatura galega de todos os tempos.
Esta segunda edición facsímile do coñecido como “Códice de Toledo†(códice To) das Cantigas de Santa María de Afonso X o Sabio realízase co gallo da conmemoración do XXV aniversario da creación do Consello da Cultura Galega.

Pdf Ficha

Cantigas de Santa María:
Códice de Toledo (To)

Autor: Afonso X Transcrición: Martha E. Schaffer Edición: Henrique Monteagudo

As Cantigas de Santa María constitúen unha das obras máis importantes saídas do obradoiro literario de Afonso X de Castela e León, e un dos monumentos artísticos móis valiosos e representativos da cultura europea medieval. Esta obra chegou a nós mediante catro manuscritos coetáneos, que representan tres edicións sucesivas, cada cal máis ampla, da vasta colección mariolóxica afonsina. O menos coñecido deses catro manuscritos é o Códice de Toledo (To). Non obstante, ese códice ten un interese especial para os estudosos, pois parece representar unha edición temperá da obra, sendúbida a máis antiga das hoxe coñecidas, e tal vez a primeira revista e acrecentada. Os ambientes especializados, que hai tempo veñen revalorizandoo testemuño de To, reclamaban unha reprodución fotográfica de calidade, que facilitase a consulta e estudo deste manuscrito nas súas distintas facetas, desde as puramente materiais ou anecdóticas, ata as literarias, lingüísticas e musicais.

Pdf Ficha

Galicia e as Cantigas de Santa MarÍa

Autoría: Antoni Rossell

Ficha

Galicia 100

A Virxe Abrideira de Allariz.

Máis información

Audios

Da que Deus mamou o leite do seu peito
non é maravilla de sãar contreito.
Cantiga de Santa María n. 77
Milagro da virxe en Lugo.
Cantan Antoni Rossell, Sonia Reborido e Ana Fernández Lavandeira.
Colección O Facho.
Sinatura: ACOF-XUN/88
Santa Maria,
Strela do dia,
mostra-nos via
pera Deus e nos guia.
Cantiga de Santa María n. 100
A máis popular das Cantigas de Santa María é de loor, á virxe.
Canta Mercedes Peón e Antoni Rossell.
Territorios Regios
Territorios Regios
Detállanse os reinos e territorios do monarca Afonso X.
Recita Carlos Alvar.
Fuga Mundi
Fuga Mundi
Poesía de Alfonso X na que se lamenta das adversidades do mundo no que vive e manifesta a súa vontade de facerse comerciante e saír de viaxe para fuxir da súa dura realidade.
Recita Henrique Monteagudo.