s/t
Autoría: Ismael Ramos
Recitador/a: Ismael Ramos
ordeno o cuarto sen atopar o centro amor e digo amor pero xa sen ganas como imaxino que o di a xente que xa non parellas collidas da man pola Alameda ás tardes camiño o cuarto amor e é unha lección de baile as cousas que memorizamos para ter algo que repetir en lugar de saltar camiño o cuarto nese equilibro de non querer dicir amor por medo a que alguén escriba un poema ou teza un tapiz e non vexa como entra o vento no cuarto amor tan estrema a punta das follas a ansia das árbores o vento que o desordena todo e me deixa só tan canso amor para volver comezar
s/t
Autoría: Xela Arias
Recitador/a: Ismael Ramos
A unidade componse. Da desorde. Desordénome, amor, e dou co punto único do centro dos abrazos. Abrazo a desorde das ideas e sei que a unidade se compón. A unidade componse. Da desorde. De Intempériome




