Ernesto Guerra da Cal
Voces centenarias
Intelectual comprometido cun espazo común lusófono

Ernesto Guerra da Cal en Poetas de Galicia
En 1968, o centro emisor territorial de RNE-A Coruña emite o programa semanal Poetas de Galicia, dedicado a figuras relevantes da nosa lírica e conducido por Andrés Rey e Lita Iglesias. Esta emisión ten como protagonista a Ernesto Guerra da Cal, quen envía as súas respostas e os seus recitados nunha cinta magnética dende Nova York. As súas opinións sobre as relacións, presentes e futuras, entre o galego e o portugués poderían ser actuais. Destaca a saudade como tema que percorre os seus dous primeiros poemarios (1959 e 1963).
Duración: 27'30''
Sinatura: ACRN00106_01
Fondo: Fondo RNE- Arquivo Sonoro de Galicia. Consello da Cultura Galega
Poemas de Río de sonho e tempo
Ernesto Guerra da Cal escolle do seu libro Río de sonho e tempo (1963) dous poemas dedicados a Rosalía de Castro. Son: «Rosalía. Perfil da sombra» e «Chamada a ela no apocalipse da Galiza». Os seus recitados enlázanse como se se tratase dunha sentida homenaxe á nosa escritora. A gravación pertence ao fondo de RNE-A Coruña e está datada o 25 de abril de 1986.
Duración: 04'24''
Sinatura: ACRN00314_01
Fondo: Fondo RNE- Arquivo Sonoro de Galicia. Consello da Cultura Galega
«Trágica rosa céltica. Rosalía»
«Trágica rosa céltica. Rosalía» pertence ao poemario Deus, tempo, norte e outras bagatelas. Escrito en Estoril en 1985, cidade onde reside dende 1977, foi publicado dous anos máis tarde en Lisboa. O poema está dedicado a Ricardo Carballo Calero e nel Guerra da Cal volve transmitir a súa profunda admiración por Rosalía de Castro. A gravación pertence ao fondo de RNE-A Coruña e está datada o 25 de abril de 1986.
Duración: 02'37''
Sinatura: ACRN00314_02
Fondo: Fondo RNE- Arquivo Sonoro de Galicia. Consello da Cultura Galega