Voces centenarias

Voces centenarias

Voces Centenarias é un espazo de difusión do amplo e vizoso fondo inédito que se agocha no Arquivo Sonoro de Galicia (ASG). Periodicamente ofrecerase unha escolma das gravacións sonoras, custodiadas no Consello da Cultura Galega, dos nosos persoeiros da cultura, da política, da emigración... e que, como o nome da iniciativa suxire, xa non están entre nós. Todas elas son voces que axudaron a perfilar o noso pasado pero tamén o noso destino presente e futuro.

      




Maruxa Boga

Maruxa Boga
Unha das voces emblemáticas da radiofonía galega na Arxentina.

Rafael Dieste

Rafael Dieste
As gravacións do ASG permiten coñecer a visión ética e estética do autor rianxeiro

Ramón Otero Pedrayo

Ramón Otero Pedrayo
Estas conferencias íntegras permiten mergullarse na erudición torrencial do escritor.

Antón Tovar

Antón Tovar
A poesía como experiencia "intensamente vivida"

Antón Fraguas

Antonio Fraguas
Un traballador obstinado na recollida do coñecemento etnográfico de Galicia.

Lois Tobío

Lois Tobío Fernández
Diplomático e galeguista clave da segunda metade do século XX.