exposición

UN CANTO E UNHA LUZ NA NOITE

Un canto e unha luz na noite. Asociacionismo cultural en Galicia (1961-1975)

Na Igrexia da Magdalena (Ribadavia), do 3 de decembro do 2012 ao 7 de xaneiro de 2013
Información

Esta mostra ten como obxecto poñer en valor o papel que desempeñaron as asociacións culturais en Galicia e os seus axentes durante os últimos quince anos da ditadura franquista (1961-1975). Desde as primeiras iniciativas de rescate da cultura galega comezadas por Galaxia e a súa rede, as accións daqueles mozos e mozas foron determinantes para estender a lingua e a cultura identitaria mediante a fórmula asociativa, nun marco pouco propicio para este labor. A súa metodoloxía integradora, tendendo pontes co galeguismo de antes da guerra, e a súa penetración no tecido social foron determinantes para consolidar os pasos precisos no camiño da construción dunha cultura nacional.

Ricardo Gurriarán comisario e coordinador da exposición

Ficha técnica
Un canto e unha luz na noite. Asociacionismo cultural en Galicia (1961-1975)
Un canto e unha luz na noite. Asociacionismo cultural en Galicia (1961-1975)
Exposición. Na Igrexia da Magdalena (Ribadavia), do 3 de decembro do 2012 ao 7 de xaneiro de 2013
Coordinación
Ricardo Gurriarán
Ámbito
Comisión de Acción Exterior (CCG)

LUGAR
Igrexa da Magdalena Ribadavia
Praza da Magdalena, 8
32400 Ribadavia
Ourense