
Exposición. Alba de Gloria
Alba de Gloria
Unha experiencia
San Domingos de BonavalSantiago de Compostela
Exposición
Alba de Gloria
Unha experiencia
San Domingos de Bonaval Santiago de Compostela“Alba de Gloria. Unha experiencia” é a mostra coa que o Consello da Cultura Galega recrea o último gran discurso que pronunciou Castelao. A mostra terá as súas portas abertas ata o vindeiro 17 de marzo. Ata o momento pasaron pola exposición preto de 15.000 persoas mais 2.500 escolares no marco do programa didáctico.
Alba de Gloria
Unha experiencia
San Domingos de Bonaval Santiago de CompostelaA mostra foi concibida cun marcado carácter participativo. Algo que se pode apreciar na súa propia configuración xa que se insta ao visitante a que indique quen falta no discurso. Despois de 9.335 votos, propuxéronse uns 250 nomes da política, cultura e sociedade de Galicia. A día 28 de febreiro o ránking está liderado por Castelao (co 14% dos votos), seguido de Maruxa Mallo (8,1%) e María Pita (6,8%). Séguenlle Álvaro Cunqueiro, Xosé Neiras Vilas, Manuel María e Isaac Díaz Pardo.
<b>“Alba de Gloria”: un discurso e unha exposición</b>
“Alba de Gloria” foi o derradeiro gran discurso que pronunciou Castelao en vida. Tivo lugar no festival do Centro Galego realizado no teatro Argentino co gallo do Día de Galiza, un 25 de xullo de 1948. Trátase dunha alocución que enumera as grandes figuras da cultura galega. Arrinca coa figura de Prisciliano, ao que Castelao chama o “heresiarca decapitado”, e remata co “Gran Don Ramón (Valle-Inclán)”. En total son sesenta e cinco figuras e persoeiros que se enumeran conformando un dos grandes mitos populares como é o da Santa Compaña. Nesa nómina de personaxes figuran nomes recoñecidos como Alfredo Brañas, Emilia Pardo Bazán, Concepción Arenal ou Diego Xelmírez, xunto con outros como Benito Vicetto, Alberto García Ferreiro ou san Dámaso. O discurso, tendo en conta que Castelao era pintor, goza dunha gran plasticidade e riqueza, plasmadas na imaxe e na simboloxía que ten cada figura, de tal xeito que constitúe unha obra cimeira da lingua galega.
A mostra ten unha parte central que é a Experiencia, na que o visitante a través dunhas gafas de realidade virtual pode entrar no mundo imaxinario de Alba de Gloria da man do propio Castelao. Canda ela hai outros apartados que permiten coñecer a relevancia do contexto e do discurso en maior profundidade.
O Labirinto reproduce as figuras que Castelao cita na súa alocución e na que se perfila un posible panteón nacional de Galicia. Unha relación da historia de Galicia coa forma do mito máis popular do imaxinario galego como é a Santa Compaña.
A Sala das Palabras é un apartado que permite escoitar unha lectura dramatizada da alocución e mergullarse nos discursos da época. Preténdese, deste xeito, contextualizar as palabras de Castelao e trasladar a significación que tiña naquel contexto un discurso. A exposición ofrece fragmentos de alocucións de Maruxa Boga, Ramón Suárez Picallo, Ramón Otero Pedrayo e Francisco Fernández del Riego.
A Árbore das Historias plasma de xeito gráfico os grandes relatos que foron emerxendo para definir ata hoxe a identidade histórica galega.
Ademais, tamén ten unha parte que permite ver a xenealoxía do propio discurso “Alba de Gloria” que Castelao foi tecendo co paso do tempo, coas variantes que foi incorporando ou eliminando. Hai tamén unha contextualización histórica e un infográfico interactivo de big data para poder coñecer a evolución da presenza en textos escritos de grandes figuras da historia que pasaron a forma parte do imaxinario e a identidade do país.
Hai oco tamén para que a cidadanía deixe a súa achega, xa que lles pedimos aos visitantes que fagan a súa achega e nos conten os que consideran que deberían formar parte desde posible Panteón de galegos ilustres.
San Domingos de Bonaval
Santiago de Compostela
MÁIS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal/mediateca
INSCRICIÓN
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado (100 persoas).
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
Entregarase diploma acreditativo de asistencia á xornada.
Para obter o diploma é preciso asistir ao 75% das sesións.
Alba de Gloria
Unha experiencia
San Domingos de Bonaval Santiago de CompostelaSolicita a túa inscrición
Alba de Gloria
Unha experiencia
Exposición. San Domingos de BonavalTemáticas
Visita en liña
Alba de Gloria. Unha experiencia
Máis información
Esta exposición foi inaugurada o 22/5/2019
- Itinerancias
- Como solicitar a exposición
Ficha técnica
Exposición.
Alba de Gloria
Alba de Gloria
Unha experiencia
Data
San Domingos de BonavalLugar
San Domingos de Bonaval
Santiago de Compostela