EN MODO CONVERSA

OS CENTROS DE FORMACIÓN

COMO ESTÁN A INFLUÍR NAS NOVAS XERACIÓNS DE PROFESIONAIS E ARTISTAS

Xoves, 4 de xullo do 2019
Información

Empregando un formato de conversa e diálogo, EN MODO CONVERSA trata de establecer un espazo de reflexión sobre arte e creación plástica a partir da participación de diferentes profesionais e creadores/as, con formulacións e puntos de vista similares ou posturas contrarias.

Cada encontro consistirá nunha charla entre diferentes axentes da actividade artística: da creación plástica, da crítica, da xestión cultural, do coleccionismo, da dirección de museos e/ou fundacións, da filosofía, da docencia…, a partir dunha serie de temas propostos que permitan establecer unha visión panorámica sobre a situación das artes plásticas na Galicia do século XXI.

A partir dun guión inicial e unha conversa a tres, tratarase de profundar sobre o papel e a influencia dos centros de formación nas novas xeracións de profesionais e artistas. Cales son os intereses do novo estudantado e como estes centros responden a eles. Existe unha relación entre os programas que se estudan e a realidade que atopan as novas xeracións no mundo profesional? Teñen ferramentas sólidas para acometer as súas novas carreiras profesionais?

Nesta primeira actividade participan tres profesionais de longa traxectoria e experiencia profesional, pertencentes a diferentes centros de formación en Galicia —Facultade de Xeografía e Historia, Facultade de Belas Artes e Escola Técnica Superior de Arquitectura—, que exporán os seus puntos de vista e posturas sobre o tema que se vai tratar neste encontro.

Ficha técnica
OS CENTROS DE FORMACIÓN
OS CENTROS DE FORMACIÓN
Xornada. Xoves, 4 de xullo do 2019
Coordinación
Sofía Santos Pérez
Rosario Sarmiento
Organiza
Consello da Cultura Galega
Sección de Creación e Artes Visuais Contemporáneas (CCG)
Relator/a
Fernando Agrasar
Anne Heyvaert
Juan M. Monterroso

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205