Rosalía de Castro e a poesía galega contemporánea

Arcadio López Casanova

Mércores, 23 de outubro de 2013
Información
O Instituto Cervantes, o Consello da Cultura Galega e a Xunta de Galicia organizan os próximos 22, 23 e 24 de outubro na sede central do Cervantes en Madrid, unha homenaxe á poeta e novelista Rosalía de Castro con motivo dos 150 anos da publicación da súa emblemática obra «Cantares galegos».

O ciclo Rosalía de Castro: Tradición e modernidade componse dun conxunto de conferencias, coordinadas polo crítico Anxo Basanta, nas que intervirán os poetas Luis García Montero, Luis Alberto de Cuenca e Arcadio López Casanova, e os escritores Carlos Reigosa e Mariña Maioral. Ao ciclo súmaselle un concerto do compositor e cantante Amancio Prada sobre a obra de Rosalía de Castro.
Ficha técnica
Rosalía de Castro e a poesía galega contemporánea
Rosalía de Castro e a poesía galega contemporánea
Conferencia. Mércores, 23 de outubro de 2013
Relator/a
Arcadio López Casanova
Instituto Cervantes
Alcalá, 49
28014 Madrid