Ferrol, 1916: homenaxe a Ricardo Carballo Calero

Concerto Ferrol, 1916 e presentación libro Farsa das zocas

Teatro Jofre, Ferrol. 14 de outubro de 2020 ás 19:30 horas
Información
Con motivo do Día das Letras Galegas dedicado a Ricardo Carballo Calero en 2020, o Consello da Cultura Galega organiza, en colaboración co Concello de Ferrol, unha homenaxe ao autor ferrolán. O acto conta cunha primeira parte que inclúe a presentación da Farsa das zocas, unha pequena peza teatral de Ricardo Carballo Calero que se presenta en edición facsimilar cun estudo introdutorio realizado polo profesor da Universidade da Coruña, Carlos Biscainho. Ademais, proxectarase o vídeo dunha montaxe da peza realizada pola compañía "A Quinta do Cuadrante" a partir dunha dramaturxia de Tito Asorey. Na segunda parte do acto haberá un concerto do pianista Alejo Amoedo e da soprano ferrolá Patricia Rodríguez Rico, que interpretarán Ferrol 1916, un poema de Ricardo Carballo Calero que serviu de base para a composición homónima realizada por Miguel Brotóns. O concerto do Teatro Jofre será a súa estrea absoluta.

Programa do acto

-Intervencións institucionais a cargo do Concello de Ferrol e do Consello da Cultura Galega
-Presentación da edición facsimilar da Farsa das zocas a cargo de Carlos Biscainho, autor do estudo introdutorio
-Proxección vídeo montaxe teatral Farsa das zocas
-Presentación da obra Ferrol, 1916. Impromptu Fantasía para soprano e piano a cargo do compositor, Miguel Brotóns
-Concerto Ferrol, 1916 con Alejo Amoedo ao piano e Patricia Rodríguez Rico na voz

Como podo asistir

-Entrada gratuíta ata completar a capacidade do auditorio (máximo 2 convites por persoa)
-A recollida de convites realizarase no despacho de billetes do Teatro Jofre no seguinte horario:
-De martes a venres: De 11:00 a 13:00 horas e de 18:00 a 20:00 horas
-O propio día do evento dende 02:30 horas antes do inicio do evento.
-Sábado 10 de outubro: De 11 a 13:00 horas e de 18:00 a 20:30 horas.
-Domingo 11 de outubro: De 11 a 13:00 horas e de 17:00 a 19:30 horas

Ficha técnica
<i>Ferrol, 1916</i>: homenaxe a Ricardo Carballo Calero
Ferrol, 1916: homenaxe a Ricardo Carballo Calero
Concerto. Teatro Jofre, Ferrol. 14 de outubro de 2020 ás 19:30 horas
Colabora
Concello de Ferrol
Concello de Ferrol

Organiza
Consello da Cultura Galega

Teatro Jofre, Ferrol
Tel.: 981 957 202 / Fax.: 981 957 205