O Consello da Cultura Galega únese á homenaxe a Ricardo Carballo Calero celebrada no Día das Letras Galegas 2020 con esta edición da Farsa das zocas . Ademais do estudo preliminar a cargo de Carlos-Caetano Biscainho Fernandes, esta publicación presenta o facsímile da Farsa das zocas da edición de 1982 ( Teatro completo, Ediciós do Castro), derradeira autorizada polo autor, que vai acompañado doutros dous facsímiles de manuscritos autógrafos, que se ofrecen coas correspondentes transcricións.
Titulo Farsa das zocas
Autoría Ricardo Carballo Calero
Estudo Carlos-Caetano Biscainho-Fernandes
Limiar Rosario Álvarez Blanco
Obxecto de estudo Ricardo Carballo Calero
Transcrición Carlos-Caetano Biscainho-Fernandes
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2020
Edición 1ª Edición
Entidade Consello da Cultura Galega
Descrición física 160 p.: il., fot.; 22 cm.
Notas Contén: 1.- Limiar, por Rosario Álvarez (p. 5); 2.- Estudo: A Farsa das Zocas. Un elo teatral entre dous tempos distantes/ por Carlos-Caetano Biscainho-Fernades (p. 15); 3.- Facsímile:Farsa das Zocas (p. 85); 4.- Manuscritos: Presentación do autor para unha lectura dramatizada de 1966, Sobre o meu teatro. Unha aportación teatral (p. 111); 5.- Transcrición dos manuscritos, por Carlos-Caetano Biscainho-Fernades (p. 137).-- Este libro saíu do prelo o 24 de abril de 2020, día en que se conmemoraban os 49 anos da impresión de Catro pezas, de Carballo Calero.
ISBN. Ed. papel 978-84-17802-14-1
Depósito Legal. Ed. papel 978-84-17802-14-1
Depósito Legal. Ed. papel C 502-2020
ISBN. Ed. pdf 978-84-17802-14-1
Materias
Áreas
Código QR

Farsa das zocas é unha pequena peza teatral de Ricardo Carballo Calero (1910-1990) que conta un drama familiar con interese económico como pano de fondo. Este é o texto escollido polo Consello da Cultura Galega (CCG) para a publicación coa que cada ano celebra o Día das Letras Galegas. A edición facsimilar preséntase acompañada dun estudo introdutorio realizado polo profesor da Universidade da Coruña, Carlos Biscainho, a quen entrevistamos para este especial. Ademais, ofrecemos un pequeno agasallo: un vídeo en que Tito Asorey, Melania Cruz e María Vázquez dan vida as personaxes recreadas por Carballo Calero. É moito máis que unha lectura dramatizada, unha aproximación á posta en escena desta peza que nos presenta unha faceta menos coñecida de Carballo Calero.

Ver especial

CRÉDITOS DO VIDEO
Elenco: Melania Cruz, María Vázquez, Tito Asorey; Operadora de cámara e montaxe de vídeo: Lucía R. Regueiro; Asesoramento lingüístico: Rosa Moledo; Agradecementos: Elena Ferro Produción: A Quinta do Cuadrante; Dramaturxia e dirección: Tito Asorey