Pensar con orgullo II

Xornada. LGTBIQ+

Pensar con orgullo II

Martes, 22 de xuño de 2021
Santiago de Compostela
Xornada
LGTBIQ+

Pensar con orgullo II

Martes, 22 de xuño de 2021 Santiago de Compostela
Vivimos tempos contraditorios. Tempos en que as propostas de futuro chocan con resistencias que obrigan a pararnos para afianzar as conquistas de liberdade logradas. Así, nesta xornada propoñemos matinar sobre unha realidade que busca palabras para ser pensada, unha realidade que cuestiona verdades tan ben asentadas como a diferencia sexual. As reflexións sobre as identidades, os corpos e a súa performatividade percorren boa parte dos discursos e, tamén, as confrontacións que agroman nas relacións entre os feminismos e a teoría queer. Pensarmos a realidade das nosas vidas e o noso tempo segue a ser tan revolucionario como ser feliz.

Como marco conceptual desta xornada, o día 21 de xuño publicarase en www.consellodacultura.gal o relatorio gravado “Corpos vulnerables e rebeldes” de Elvira Burgos, profesora de pensamento feminista e de filosofía do corpo na Universidad de Zaragoza.
Ficha técnica
Xornada.
LGTBIQ+
Pensar con orgullo II
Data
Martes, 22 de xuño de 2021
Lugar

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205

Coordinación
Carme Adán Villamarín
Celia Pereira Porto
Inauguración
Carme Adán Villamarín
Rosario Álvarez
Celia Pereira Porto
Presenta
Enrique Latorre
Relator/a
Ana Amigo
Laura Bugallo
Daniela Ferrández
Paloma García
Cristina Palacios
Ámbito
Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos (CCG)
Organiza
Consello da Cultura Galega
Sección de Pensamento (CCG)

Imaxe da portada: Cristina de la Torre