Que facer cos lugares de memoria do franquismo?

Sada, 15 de xullo de 2021
Información
ACTIVIDADE PRESENCIAL. Inscrición obrigatoria
A evolución recente da batalla xudicial pola recuperación do Pazo de Meirás, despois de varios anos de reivindicación social e da intervención das institucións galegas e españolas a prol da súa titularidade pública, devolveu ao primeiro plano da actualidade a cuestión da permanencia dos lugares de memoria vencellados á ditadura franquista en Galicia. Dende a Casa de Cornide na Coruña á illa de San Simón, son varios aínda os espazos en que a sombra da ditadura, da súa represión e das súas vítimas está presente. Algúns foron obxecto de resignificación, outros aínda xacen no semiesquecemento, igual que varios lugares ligados á memoria do antifranquismo e mais dos movementos sociais anteriores á Guerra Civil.

Esta xornada propón unha reflexión de conxunto, contextualizada no marco europeo, das políticas da memoria sobre o pasado recente levadas a cabo en Galicia nas últimas décadas e tamén do que resta por facer.
Ficha técnica
Que facer cos lugares de memoria do franquismo?
Que facer cos lugares de memoria do franquismo?
Xornada. Sada, 15 de xullo de 2021
Coordinación
Xosé M. Núñez Seixas
Presenta
Carlos Babío
Relator/a
Aldara Cidrás
Montse Fajardo Pérez
Emilio Grandío
Xosé M. Núñez Seixas
Dionisio Pereira
Manuel Pérez Lorenzo
Raúl Soutelo
Colabora
Asociación Cultural Suárez Picallo
Concello de Sada

Organiza
Consello da Cultura Galega

Auditorio Municipal da Casa da Cultura Pintor Lloréns
Avenida do Porto
15160 Sada