Afonso X e Galicia

Exposición. Afonso X e Galicia

Afonso X e Galicia

Lugo, do 25 de novembro de 2021 ao 17 de abril de 2022
Lugo
Exposición
Afonso X e Galicia

Afonso X e Galicia

Lugo, do 25 de novembro de 2021 ao 17 de abril de 2022 Lugo
“Afonso X e Galicia” é un proxecto expositivo producido polo Consello da Cultura Galega en colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia, a Deputación de Ourense, a Deputación de Lugo e o Centro de Artesanía e Deseño.

Comisariada polo Dr. Antoni Rosell (Universitat Autònoma de Barcelona), a mostra busca visibilizar a conexión con Galicia de Afonso X, no 800 aniversario do seu nacemento, a través das “Cantigas de Santa Maria” pero tamén noutros nexos máis profundos, ao tempo que amosa un intelectual que condensa outra forma de entender o saber do seu tempo.

A proposta afástase das exposicións de obxectos, busca compoñer ese relato a modo de crebacabezas con varios niveis, apoiado nunha narrativa multimedia. As circunstancias sanitarias obrigaron a adaptar o deseño desta exposición para que se poida “tocar” virtualmente a través dos dispositivos móbiles, pero tamén de proxeccións visuais e sonoras que permitirán trasladar a atmosfera da Idade Media.

O relato está en galego, inglés e castelán e permitirá achegarse á complexa e poliédrica figura de Afonso X, ás Cantigas de Santa María, como testemuño visual e sonoro da Idade Media galega e europea, aos instrumentos e á cultura galega da época.
Publicación
Galicia no tempo de Afonso X
Galicia no tempo de Afonso X
José Miguel  Andrade Cernadas, Edición. Simon R. Doubleday, Edición. | 2021
Galicia e as Cantigas de Santa María de Afonso X
Galicia e as Cantigas de Santa María de Afonso X
Antoni Rossell, Autoría. | 2021
AX-G. Afonso X e Galicia
AX-G. Afonso X e Galicia Catálogo da exposición - Galego
Antoni Rossell, Autoría. | 2021
Ligazóns
Prensa
Visita en liña
Afonso X e Galicia.
Máis información
Esta exposición foi inaugurada o 12/1/2021
- Itinerancias
- Como solicitar a exposición
Ficha técnica
Exposición.
Afonso X e Galicia
Afonso X e Galicia
Data
Lugo, do 25 de novembro de 2021 ao 17 de abril de 2022
Lugar

Capela de Santa María
Ronda da Muralla, 140
Lugo

Organiza
Consello da Cultura Galega