No ano 2021 cúmprense 800 anos do nacemento dun dos reis máis famosos, complexos e interesantes do noso pasado medieval: Afonso X (1221-1284). O Consello da Cultura Galega non podía quedar á marxe desta efeméride e, xunto a outras iniciativas, encargou a un grupo de historiadores, filólogos e historiadores da arte un volume en que se abordase a relación que o Rei Sabio tivo co reino de Galicia, coa súa cultura e coa súa lingua.

O mesmo monarca que foi quen de situar ao galego nun dos seus cumios literarios, coas Cantigas de Santa María ou coa súa lírica satírica, foi sinalado, entre outras cousas, como inimigo da Igrexa de Santiago, pouco entusiasta do fenómeno xacobeo, responsable do comezo da marxinalidade política de Galicia no conxunto da Coroa de Castela ou pouco proclive ao contacto coa nobreza e a Igrexa dun país que, por outra parte, nunca pisou durante o seu reinado.

Cal foi, en realidade, a relación de Afonso con Galicia e co galego? Neste volume preténdese dar unha resposta actual, poliédrica e afastada dos tópicos que máis recorrentemente condicionaron o estudo dun tema tan relevante. Malia a evidente predilección de Afonso X polos territorios do sur, sinaladamente Sevilla, este libro evidencia que Galicia seguiu a ser un dos reinos máis importantes para a Coroa, mesmo no plano financeiro. Ou que o cultivo literario da lingua galega foi en moitas ocasións, á marxe das claves afectivas ou persoais que contribúan a explicar o seu emprego, un recurso político habilmente empregado polo Sabio para promover os seus intereses e atacar os seus adversarios. Sen esquecer a importancia que os portos galegos tiveron na política afonsina ou as súas accións urbanizadoras no noso territorio.

Xa que logo, cómpre repensar o tópico da marxinalidade de Galicia nos tempos de Afonso o Sabio.

[Data da nota de prensa: novembro 2021]

Título Galicia no tempo de Afonso X
Edición José Miguel  Andrade Cernadas
Simon R. Doubleday
Autoría José Miguel  Andrade Cernadas
Helena de Carlos
Simon R. Doubleday
Francisco Javier Hernández
Olalla López-Costas
Henrique Monteagudo
Diana Pelaz Flores
Francisco Javier Pérez Rodríguez
Ricardo Pichel Gotérrez
Rosa María Rodríguez Porto
Beatriz Vaquero Díaz
Obxecto de estudo Afonso o Sabio, X de Castela e IX de León-Galicia
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2021
Edición 1ª edición
Descrición física 447 p.: il., cor; 24 cm
Notas Este libro saíu do prelo o día 23 de novembro de 2021, cando se cumpren 800 anos do nacemento de Afonso X.
ISBN 978-84-17802-35-6
Depósito Legal C 1911-2021
DOI 10.17075/gtax.2021
Url externa Catálogo RBG
Evento Exposición. Afonso X e Galicia
Afonso X e Galicia.
25/11/2021. Capela de Santa María. Lugo Exposición. Afonso X e Galicia
Afonso X e Galicia.
16/3/2022. Palazzo dell'Emiciclo . L'Aquila Presentación.
Presentación do libro Galicia no tempo de Afonso X.
23/11/2021. Consello da Cultura Galega. Santiago de Compostela Exposición. Afonso X e Galicia
Afonso X e Galicia.
5/5/2021. Centro Cultural Marcos Valcárcel . Ourense Exposición. Afonso X e Galicia
Afonso X e Galicia.
12/1/2021. Igrexa da Universidade. Santiago de Compostela Exposición. Afonso X e Galicia
Afonso X e Galicia.
12/1/2021. Igrexa da Universidade. Santiago de Compostela
Materias
Áreas
Código QR