Ferrol, 10 de marzo de 1972: medio século despois

Xornada

Ferrol, 10 de marzo de 1972: medio século despois

Xoves, 10 de marzo de 2022
Santiago de Compostela
Xornada
Xornada

Ferrol, 10 de marzo de 1972: medio século despois

Xoves, 10 de marzo de 2022 Santiago de Compostela
O 10 de marzo de 1972, a policía franquista segaba en Ferrol a vida de dous traballadores do estaleiro Bazán, Amador Rey e Daniel Niebla, no decurso dunha manifestación sindical, na que houbo ademais varias ducias de feridos. A represión das protestas, que se delongaron varios días, saldouse con 60 detencións, outros tantos despedimentos, un cento de detidos e 54 multados.

Os feitos de Ferrol foron obxecto de recoñecemento e conmemoración polo movemento obreiro e as forzas democráticas, como Día da Clase Obreira Galega, que adquiriu tamén rango oficial dende 2006. Ao se cumprir o cincuenta aniversario, esta xornada pretende render unha homenaxe ás vítimas e ás e aos protagonistas daquel movemento que, xunto da folga xeral de Vigo en setembro do mesmo ano, marcou un fito no desenvolvemento da oposición ao réxime franquista en Galicia, na loita pola recuperación das liberdades democráticas.
Ficha técnica
Xornada.
Ferrol, 10 de marzo de 1972: medio século despois
Data
Xoves, 10 de marzo de 2022
Lugar

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205

Intérprete
Mabel Rivera
Participante
Xesús Alonso Montero
Elvira Landín
Daniel Lanero
Xurxo Lobato
Xosé M. Núñez Seixas
Víctor Santidrián
Presenta
Rosario Álvarez
Organiza
Consello da Cultura Galega

Imaxe da portada: Escultura conmemorativa do Dez de marzo en Ferrol, no lugar onde ocorreron os feitos en Recimil, Pepe do Couto, https://commons.wikimedia.org/w/index.php?curid=97925495