Serie web de ficción: Sophias. Chiscadelas de pensamento e igualdade

Presentación

Serie web de ficción: Sophias. Chiscadelas de pensamento e igualdade

17 de novembro de 2022
Vigo
Presentación

Serie web de ficción: Sophias. Chiscadelas de pensamento e igualdade

17 de novembro de 2022 Vigo
O Consello da Cultura Galega (CCG) organiza a presentación da serie web de ficción "Sophias. Chiscadelas de pensamento e igualdade" o próximo xoves, 17 de novembro de 2022, ás 12:00 horas, no Instituto Politécnico de Vigo (rúa do Conde de Torrecedeira, 88, Vigo).

No acto intervirán Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega; Susana López Abella, secretaria xeral de Igualdade da Xunta de Galicia; Euloxio Santos Leites, director do centro; Carme Adán, coordinadora do Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos do CCG; a filósofa María Xosé Agra, e as intérpretes Marta Pérez e María Roja.

"Sophias. Chiscadelas de pensamento e igualdade" é unha serie web de ficción de sete capítulos realizada pola Sección de Pensamento do Consello da Cultura Galega para divulgar a figura e as ideas de mulleres filósofas ao longo da historia. Este proxecto conta co apoio da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia e nel, a través dunha ficción divulgativa, preséntase unha escolma de filósofas e dos temas e debates que abriron. Son mostra do seu xenio e capacidade para dialogar co contexto histórico e social, incluíndo o tema da exclusión das mulleres do espazo público e da creación de coñecemento. A serie está dirixida por Cristina de la Torre e conta coa interpretación de Marta Pérez e María Roja.
Ficha técnica
Presentación.
Serie web de ficción: Sophias. Chiscadelas de pensamento e igualdade
Data
17 de novembro de 2022
Lugar

Instituto Politécnico de Vigo
Rúa do Conde de Torrecedeira, 88
36208 Vigo

Organiza
Consello da Cultura Galega