Luís Tobío Campos (1861-1943)
Fondo: Rosalía de Castro
Neto de Josefa Martínez Viojo, irmá do pai de Rosalía de Castro. Estudia Maxisterio na Escola Normal de Santiago e despois vai a Madrid para graduarse na Escola Normal Central, onde ten profesores da Institución libre de Enseñanza. Despois de exercer en varias localidades de Galicia chega a Viveiro en 1892, onde comeza a desenvolver unha intensa actividade docente e cultural. Foi correspondente da RAG e escribiu poemas e artigos sobre diversos temas e autores. En 1915 trasládase a Santiago como profesor da Escola Normal. Cando lle escribe a Rosalía xa publicara unha Colección de Cantigas da Mahía (1880), e o seu interese pola cultura galega explica en parte ese intento de recuperar a relación familiar coa autora, quen non puido facer a visita prometida polo empeoramento do seu estado de saúde, tal como lle comunica noutra carta Alejandra. Fontes
[s.a] (1974) “Tobío Campos, Luís”.Gran Enciclopedia Galega. Vol. 29. Gijón: Silverio Cañada Editor, p. 88.
Tobío, Luís (1994). As décadas de T.L. Sada, A Coruña: Ediciós do Castro.
Data | Título | Orixe-Destino | Relación | [ O. ] |
---|---|---|---|---|
Data | Título | Orixe-Destino | Relación | [ O. ] |
1883-03-27 | Carta de Rosalía a Tobío. 1883 |
Padrón - Brión | Destinatario/a |
Orixinal -
Transcrición
Transcripción da Carta de Rosalía a Tobío. 1883 en 27/03/1883Sñr. Dn. Luis Tobío Campos |