----

O CCG apoia a denominación “Rosalía de Castro” para o aeroporto de Santiago de Compostela

O Consello da Cultura Galega apoiou, a través da súa Comisión Executiva, a Declaración Institucional do Concello de Santiago de Compostela instando ao Goberno Central o cambio na denominación do aeroporto da cidade, que pasar a chamarse: Aeroporto Rosalía de Castro – Santiago de Compostela – Lavacolla.
O CCG apoia a denominación “Rosalía de Castro” para o aeroporto de Santiago de Compostela

Relevancia internacional

O Consello da Cultura Galega expresa a súa satisfacción ante a decisión do Ministerio de Fomento de axilizar os trámites para o cambio de denominación do aeroporto, incorporando o nome a célebre e primeira poetisa en lingua galega. Este nomeamento facilitará a visibilización e difusión internacional da obra da poetisa de Padrón e permitirá avanzar no proceso de normalización da lingua e cultura galegas.
A proposta do Concello de Santiago foi debatida pola Comisión Executiva do CCG, quen aprobou apoiar este cambio de denominación do emblemático aeroporto compostelá.