NOTICIA

----

Como colaborar co Mapa Sonoro de Galicia

O Mapa Sonoro de Galicia está aberto a integrar de xeito gratuíto coleccións de entidades, institucións e particulares. Os participantes no programa teñen acceso a ferramentas moi sinxelas de publicación que, ademáis, permiten regular a presentación dos datos ficheiros sonoros e a súa descarga. O Mapa Sonoro permite ademáis visibilizar claramente os créditos de cada un dos arquivos sonoros, respectando as atribucións e contribuíndo a visibilizar os traballos.

Avantaxes:

1. A colección intégrase nun amplo repositorio que garante unha maior visibilidade dos arquivos.
2. A conectividade interna automática entre ficheiros facilita que os arquivos se poidan visibilizar de múltiples maneiras.
3. O sistema do Mapa Sonoro de Galicia céntrase no acceso cartográfico, determinante para acadar máis interese dos usuarios galegos, moi interesados no coñecemento local. Preserva os datos persoais das fontes, como a vivenda, permitindo ao mesmo tempo coñecer a súa procedencia no territorio (nivel parroquia).
4. Ao ser un repositorio institucional, a súa permanencia no tempo está garantida.

Requisitos:

1. As coleccións teñen que ter un carácter etnográfico, antropolóxico, histórico ou de son ambiental/humano.
2. A entidade/particular que quere publicalos no Mapa Sonoro ten que ter as autorizacións e permisos legais pertinentes para a súa difusión.
3. Os ficheiros de audio deben ter unha mínima calidade técnica que permita a súa comprensión por parte do público.

Para coñecer máis, poden contactar co Arquivo Sonoro de Galicia no correo asonoro@consellodacultura.gal ou no teléfono 881995147.