No Arquivo Sonoro de Galicia recóllese gran parte da produción musical galega, sexa editada en Galicia ou fóra (p. ex. Edigsa-Xistral en Barcelona ou Hermifono na emigración arxentina). O fondo editado do ASG está composto por máis de 10 000 exemplares en distintos formatos (cilindros de cera, rolos de pianola, cartuchos de casetes, casetes, vinilos, CD, DVD...), entre os que cómpre salientar a colección de discos de lousa, con 700 exemplares de gran valor patrimonial. As gravacións do orfeón El Eco e do coro Aires d’a Terra, de 1904, son as lousas máis antigas que se conservan.
Miro Casabella: Miro canta as súas canciós. Edigsa/Xistral. Barcelona, 1968. [ficha catalográfica] Festas galegas. Hermifono. Bos Aires, 1965. [ficha catalográfica]
Todo este fondo está catalogado en formato marc en Koha, o sistema integrado de xestión de biblioteca que emprega o catálogo colectivo da Rede de Bibliotecas de Galicia.
Para unha consulta rápida dos fondos editados, ofrecémoslles a lista-inventario. Os datos que se facilitan son: intérprete, título disco, soporte, nº currens, ano edición. A lista vai alfabetizada polo intérprete. As siglas dos soportes corresponden a: CD (compact disc), SCD (single de compact disc), SI (single vinilo), LP (vinilo longa duración), CA (casete), OO (disco de lousa ou de pasta), DVD (digital video tape), CD-DVD (compact disc + digital video tape). Estas siglas van acompañadas de –L cando o soporte audio vén complementado cun libriño.
Contidos:
Fondos discográficos por ano de edición no ASG.
Ao tratarse dunha colección de soportes discográficos editados, é a música a protagonista case absoluta desta parte dos fondos do Arquivo Sonoro de Galicia. Non obstante, tamén existen documentos editados que recollen fondos orais (contacontos, voces de persoeiros, voces literarias…).
O Consello da Cultura Galega (CCG) celebrou unha sesión plenaria no serán deste xoves na que acordou a concesión das súas medallas á filóloga estadounidense Kathleen March e ao edafólogo Francisco Díaz-Fierros, en recoñecemento á súa contribución nas actividades da institución
O Consello da Cultura Galega expresa o seu fondo pesar polo pasamento de Ramón Yzquierdo Perrín, membro do plenario da institución entre 1997 e 2016 en representación da Real Academia de Belas Artes Nosa Señora do Rosario
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, asiste ao acto organizado polo Congreso dos Deputados para conmemorar o Día Europeo das Linguas
O Álbum de Galicia, colección de biografías do Consello da Cultura Galega (CCG), incorpora hoxe a entrada de Faustino Rey Romero (Rianxo, 1921 – Bos Aires, 1971) e Baldomero Isorna Casal (Catoira, 1916 – Madrid, 1986)
Suscríbete as novidades
Podes recibir no teu correo ás novidades do Consello da Cultura Galega simplemente comunicandonos o teu enderezo electrónico