Idiomas: Español / English
Pazo de Raxoi, 2º andar
15705 Santiago - A Coruña
Tel.: +34 981957202
Directorio de contactos
Ramón Villares, Presidente
ACTUALIZADA: 2011-03-23 00:00:00

Ramón Villares naceu en 1951. É catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela desde 1987 e Presidente do Consello da Cultura Galega desde 2006.

Foi decano da Facultade de Xeografía e Historia no período 1986-1990, reitor da Universidade de Santiago de Compostela entre 1990 e 1994 e membro fundador e presidente da Asociación Española de Historia Contemporánea (1996-2002).

Foi director en Galicia da Universidade Internacional Menéndez Pelayo (1997-2005) e, desde 2006, é membro numerario da Real Academia Galega. Tamén pertence a varios padroados de centros e de fundacións (Museo do Pobo Galego, Fundación Juana de Vega, Fundación Luis Seoane ou Centro Galego de Arte Contemporánea, entre outros)

É autor de numerosas publicacións, entre as que destacan libros como La propiedad de la tierra en Galicia, 1500-1936 ( Siglo XXI Editores, Madrid, 1982), Foros, frades e fidalgos, Estudos de historia social de Galicia (Edicións Xerais, Vigo, 1982), Galicia. A Historia (Editorial Galaxia, Vigo, 1984), Figuras da nación (Edicións Xerais de Galicia, Vigo, 1997), El mundo contemporáneo, siglos XIX y XX (Editorial Taurus, Madrid, 2001) ou Fuga e retorno de Adrián Solovio. Sobre a educación sentimental dun intelectual galeguista (Fundación Otero Pedrayo/Real Academia Galega, 2007). Xunto con Javier Moreno Luzón é autor de Restauración y Dictadura, que se integra na colección Historia de España (Critica/Marcial Pons) que codirixe con Josep Fontana.

Na súa faceta investigadora destaca ter dirixido máis de vinte teses de doutoramento, investigador principal de sete proxectos, ademais de participar en numerosos comités de avaliación de proxectos de entidades como DGICYT, Xunta de Galicia, AGAUR de Cataluña, o FYCIT de Asturias. Ademais, foi consultor externo de entidades como o Instituto de Ciencias Sociais (Universidade de Lisboa) desde 1999 ata 2010. Realizou estadías de investigación na Univeritá di Bologna (1989) e na EHESS de París (2001).

É membro do Consello Asesor de revistas como Ayer, Historia Social, Hispania ou Ler História, Análise Social e de editoras como Marcial Pons ou Ediciones de Historia.


Recursos
Eventos
Conversas na Raia: As fronteiras políticas (150 anos do Tratado Espanha-Portugal)

Sábado, 25 de outubro de 2014 na Casa Museo de Monção
Teatro Amador

Martes, 28 de outubro de 2014
Presentación da publicación José Rubia Barcia: Unha vida contada

Mércores, 29 de outubro, ás 19:30 horas. Salón de Plenos do concello de Mugardos
Elena Colmeiro: Espazos da materia

Xoves, 30 de outubro de 2014
Joep Leerssen no ciclo O(s) sentido(s) das cultura(s)

Martes, 4 de novembro de 2014 ás 17 horas
Os exilios ibéricos en clave comparada: Nos 70 anos da fundación do Consello de Galiza

14 e 15 de novembro de 2014
Exposicións
Luces de alén mar. As escolas de americanos en Galicia

Casino Progreso de Franza (A Coruña), ata o 30 de outubro
Os adeuses. Fotografías de Alberto Martí

Castellón, ata o 31 de outubro

Identidade | Perfil do contratante | Lei de Transparencia | Aviso Legal | | Pazo de Raxoi, 2º andar - 15705 Santiago de Compostela - A Coruña. Teléfono: +34 981957202 Fax: +34 981957205