No proceso de recollida de materiais tense en conta a rede de relacións establecida por cada organización. Por iso, teñen presencia na colección materiais relacionados con preto de douscentos grupos e colectivos con actividade en Galicia, mais tamén doutros activos fóra das nosas fronteiras e relacionados cos primeiros.
Pódese ampliar información sobre o dito proceso na seguinte publicación.
A colección contén materiais de diferente tipoloxía como pancartas, carteis, publicacións periódicas, documentación interna, dípticos, adhesivos, bandeiras, panos, boletíns, monografías, obxectos ou materiais de xornadas e encontros.
Pódese atopar unha mostra destes materiais na monografía documental sobre aborto publicada en 2014 (en pdf).
Desde marzo de 2026, a colección será posta en liña progresivamente, mais, todos os materias que a compoñen están dispoñibles para a súa consulta en sala.
O CDIF garante así o acceso público a este rico patrimonio, coa intención de favorecer a súa preservación para a memoria colectiva e facilitar investigacións, lecturas e recoñecementos.