Escritos varios e dispersos

----

Escritos varios e dispersos

Dende este apartado ofrecemos a posibilidade de acceder a títulos de Sarmiento, cartas e escritos varios de diferente natureza, que fan referencia á vida ou á obra do erudito bieito, algúns deles inéditos e outros publicados por primeira vez en revistas ou xornais.
O conxunto de publicacións que acolle estes escritos destaca pola súa heteroxeneidade, acorde coa diversidade de ramas do coñecemento que abrangue a obra sarmentina.
Almacén de frutos literarios
Na revista Continuación del almacén de frutos literarios o semanarios de obras inéditas, impresa en Repullés e redactada polo ideólogo da división territorial española de 1833, Francisco Javier de Burgos, publícase a hipótese de Martín Sarmiento sobre a orixe da voz “Escurial”.
Descarga

Origen de la voz escurial
La Ciudad de Dios é unha revista relixiosa, científica e literaria, como reza o subtítulo, publicada polo Real Mosteiro de San Lorenzo do Escorial (Madrid). No seu volume XXVII, no ano 1892, publícase a disertación de Martín Sarmiento sobre a orixe da voz “Escurial”.
Descarga

Noticia de la Santidad y doctrina de S. Ordoño
Martín Sarmiento escríbelle unha carta ao cóengo da Santa Igrexa de Astorga, Bartolomé Loredo, na que trata a santidade de Santo Ordoño. Esta carta, datada o 9 de marzo de 1740 en Madrid, foi publicada en Nuevo Lucífero para la historia de la Diócesis de Astorga, de Antonio Berjón y Vázquez (Astorga, 1902).
Descarga

El sabio benedictino Fray Martín Sarmiento
En La Revista Contemporánea, fundada en Madrid por José del Perojo y Figueras, publícase un artigo (dividido no nº52, do 30 de xaneiro, e no nº 53, do 15 de febreiro de 1878) do devoto sarmentino, José López de la Vega, que fai unha descrición e relación das obras de Sarmiento daquela coñecidas.
-Primeira parte
-Segunda parte

Elogio de Fray Martín Sarmiento
O 14 de agosto de 1910, nun acto literario celebrado pola Real Academia Gallega, Antolín López Peláez, bispo de Jaca, realiza un eloxio á egrexia figura de Frei Martín Sarmiento.
Descarga

Carta inédita del P. Sarmiento
Baixo a dirección de Ricardo Puente y Brañas, publicouse na Coruña de metade do século XIX o xornal El defensor de Galicia. Tivo unha curta vida, só 30 números, dende o 2 de outubro ata o 9 de decembro de 1856. No número 20 do 15 de novembro atopamos unha carta de Sarmiento dirixida ao seu irmán Xavier na que lle fala da industria.
Descarga

Renuncia á abadía de Santa María de Ripoll (1756)
Dos fondos da Real Academia Española sacamos á luz estas dúas cartas autógrafas de Martín Sarmiento dirixidas á Súa Maxestade, Fernando VI, e a Andrés Otamendi, secretario da Cámara, nas que presenta a súa renuncia ao nomeamento de abade do mosteiro de Santa María de Ripoll.

Ambas as dúas foron editadas por Henrique Monteagudo no número 159 de Grial de 2003, xunto cun fragmento dunha carta (marzo de 1756) do bieito ao seu irmán Francisco Xabier.
-Descargue as cartas
-Descargue artigo de Grial nº 159


El célebre Padre Sarmiento
A revista bieita de liturxia, que leva por título o lema da congregación, Ora et labora, recupera unha carta de Martín Sarmiento dirixida a Félix de Arbizu (do 5 de febreiro de 1749) a quen lle conta unha curiosa anécdota acontecida na súa cela cuns bandoleiros.
Descarga

Dictamen que dió el P. Fr. Martín Sarmiento de las obras del Arcipreste de Hita
El Bibliotecario y el trovador español, revista especializada en biblioteconomía e documentación, publica no seu primeiro número (1 de maio de 1841) un ditame de Martín Sarmiento sobre as obras do Arcipreste de Hita, con data do 6 de setembro de 1750. A copia empregada atópase na Biblioteca Nacional de Madrid.
Descarga

Recomendamos: