Xaime Isla Couto
Santiago de Compostela, 23/ 10/1915 - Vigo, 25/4/2012Autoría: Xosé Luís Pastoriza Rozas
O proxectista da Xeración Galaxia
Unha vida de compromiso galeguista
Nado en Santiago de Compostela o 23 de outubro de 1915 e bautizado como Jaime Lorenzo Isla Couto, trasladouse a vivir a Vigo en 1923, residencia que alternou coa aldea mariñeira de Raxó (Poio), até o seu falecemento o 25 de abril de 2012 na cidade olívica. No ano 1947 casou con Cristina Nóvoa Pedreira (Vigo, 1922-2014).
Alumno do colexio dos Salesianos de Ronda de Vigo e da primeira promoción do Instituto de Vigo -onde proclamou anticipadamente a República o 14 de abril de 1931- iniciouse no galeguismo político e cultural pola man e as cartas do seu irmán máis vello Ramiro, pioneiro do nacionalismo na emigración galega en Arxentina. Tras o seu regreso á Terra a finais de 1931 para participar na asemblea constitutiva do Partido Galeguista, Ramiro presentoulle en Pontevedra e Ourense aos principais persoeiros do galeguismo: Castelao, Otero Pedrayo, Vicente Risco, Alexandre Bóveda e Ánxel Casal.
Durante a súa mocidade liderou o galeguismo xuvenil e estudantil na Galicia da II República, militando no Partido Galeguista. Organizou en Vigo por encomenda de Álvaro de las Casas a Liña III do agrupamento xuvenil Ultreya, co cal participou na súa xeira de estudo á Misión Biolóxica de Pontevedra na Semana Santa de 1932. Durante esta estadía no centro de experimentación e investigación dirixido por Cruz Gallástegui Unamuno, descubriu a súa vocación polo estudo económico da realidade galega. Ao tempo, o contacto cos homes de Labor Gallega como Antonio Iglesias Vilarelle e Xosé Filgueira Valverde permitiulle recuperar a práctica relixiosa, apostando pola inculturación da Igrexa católica na lingua e cultura de Galicia.
Nas diversas iniciativas políticas nacionalistas destacou polo seu carácter emprendedor e o seu talento natural para a organización e o liderado, participando na fundación da Mocedade Galeguista de Vigo (1932) da que foi elixido Secretario Xeral, e impulsando a creación da Federación de Mocedades Galeguistas (1934) onde actuou como o seu primeiro secretario de organización. Tamén colaborou co Seminario de Estudos Galegos como alumno-bolseiro nas xeiras de investigación de 1934 no Deza e de 1936 en Fisterra.
Entre 1933 e 1936 estudou Maxisterio en Pontevedra, sendo sancionado tras a guerra civil pola súa afiliación galeguista. Simultaneou estes estudos cos de Dereito, que remata no 1940 tras participar na guerra civil como oficial de artillería do exército sublevado. No verán de 1945 foi nomeado secretario técnico do Partido Galeguista reconstituído na clandestinidade. Canda a Ramón Piñeiro e Francisco Fernández del Riego ideou a fundación da Editorial Galaxia (1950), da que foi conselleiro delegado (1950-1996) e presidente do seu Consello de Administración (1996-2012). No seu maxín proxectista, Galaxia naceu como principal instrumento da estratexia de resistencia político-cultural do galeguismo á ditadura franquista e como espazo de articulación colectiva da vella militancia do proscrito Partido Galeguista. Desde Galaxia promoveu os novos valores literarios financiando canda a Cristina Nóvoa a colección Illa Nova, impulsou o estudo científico da economía de Galicia e mesmo a música pop en galego cos pioneiros discos de Luís Olivares e Jacinta (EDIGSA-Galaxia, 1967).
Dentro da misión permanente do galeguismo de garantir a transmisión xeracional dos seus principios e valores, divulgou xunto a Ramón Lugrís e Ramón Piñeiro o europeísmo entre as novas xeracións universitarias dos anos 50. Fundou e dirixiu en Galaxia a pioneira Revista de Economía de Galicia (1958-1968), promovendo alternativas de desenvolvemento para Galicia en colaboración con Ramón Piñeiro e Xosé Manuel Beiras. Tamén foi director da Revista Galega de Estudios Agrarios (1979-1987).
Canda a un grupo de militantes galeguistas cristiáns, constiuíu en 1965 e presidiu a Sociedade de Estudos, Publicacións e Traballos (SEPT), editorial responsable da introdución da liturxia católica en galego e da tradución da Biblia ao galego desde as linguais orixinais. Como cristián galeguista comprometido coa inculturación e o diálogo fe-cultura, foi presidente da Comunidade de Vida Cristiá Nosa Señora da Guía-Santiago Apóstolo de Vigo, da Comisión Diocesana de Xustiza e Paz de Tui-Vigo, e padroeiro da Fundación Luis de Trelles.
O 25 de xullo de 1969 foi golpeado e detido pola policía franquista á saída da Misa de Rosalía en San Domingos de Bonaval polo canto colectivo da canción protesta “Venceremos nós” e os berros anónimos e espontáneos de “Galiza Ceibe” e “Liberdades para Galicia”, sendo axuizado e condenado polo Tribunal de Orde Pública e, posteriormente, absolto polo Tribunal Supremo. Durante a Transición presidiu o Partido Popular Galego (PPG) integrado no Equipo Demócrata Cristiá do Estado Español, presentándose como candidato ao Congreso dos Deputados nas eleccións xerais de xuño de 1977. Tras o fracaso electoral e a disolución do PPG en 1979, suxeriu a creación dun colectivo de opinión que derivou na breve experiencia de Realidade Galega.
A súa devota paixón por Galicia motivou o seu compromiso coas iniciativas culturais galeguistas, sendo padroeiro e secretario da Fundación Penzol (1963), membro fundador da Fundación Otero Pedrayo (1979) e do Padroado Rosalía de Castro (1947), e apoiou a refundación do Seminario de Estudos Galegos (1979) e a creación do Museo do Pobo Galego (1976). Tamén foi presidente da Asociación de Investigación Metalúrxica do Noroeste (AIMEN), da Fundación Wenceslao Fernández Flórez e do Instituto Galego de Estudos Comunitarios (IGESCO).
Profesionalmente, combinou a docencia universitaria co exercicio da avogacía. Foi catedrático de Dereito e Economía da Empresa na Escola de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo, traballando como asesor xurídico da Caixa de Aforros de Vigo, Zeltia, Cementos Cosmos e outras empresas e gremios económicos, como o conserveiro e madeireiro.
A paixón pola lectura, a conversa, o teatro, a música e o debuxo —especialmente o retrato e a caricatura—, marcaron as súas afeccións persoais. Diagramador da revista Grial e da Revista de Economía de Galicia, deseñou os logos orixinais da Editorial Galaxia e a súa colección Illa Nova, Fundación Penzol, Editorial SEPT e Zeltia.
No 1987 xunto con Cristina Nóvoa e os seus irmáns Celso e Manuel Isla constituíu a Fundación Isla Couto en memoria do seu irmán Ramiro co obxectivo de “repensar Galicia, proxectar Galicia, facer Galicia” como unha sociedade e cultura abertas ao mundo desde a nosa identidade diferenciada como nación.
Recoñecementos e distincións
Memorial Xoán XXIII (1986); Medalla Castelao (1987); Premio Trasalba (1992); membro de número da Real Academia Galega (1999); Doutor Honoris Causa pola Universidade de Vigo (1999); Insignia de Ouro da Universidade de Santiago de Compostela (2001); Trofeo Galeguidade no Mundo (2001), Premio Laxeiro (2006); Premio Galiza Mártir (2010); economista de honra do Ilustre Colexio de Economistas de Pontevedra (1993); socio de honra da Asociación de Amigos da Cultura de Pontevedra (1974), do Colexio de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo (2000) e da Sociedade Cultural e Deportiva de Raxó (1994); conselleiro honorífico da Asociación Álvaro de las Casas (2003).
No ano 1992 celebrouse no Concello de Poio a primeira edición do concurso literario Xaime Illa Couto de poesía e relato curto co gallo da Semana das Letras Galegas. En agosto de 2010 foi inaugurado en Raxó (Poio) o Centro Cultural Xaime Illa Couto onde foi instalada en 2017 de forma permanente a exposición “Xaime Isla Couto: raíz e utopía de Galicia”.
Bibliografía
Agís Villaverde, Marcelino (2020c): Crónica viva do pensamento galego. 2ª ed. aumentada e revisada. Vigo: Galaxia.
Agís Villaverde, Marcelino e Iglesias Varela, Alba (2015): «O pensamento de Xaime Isla Couto. Herdanzas e amores», Grial. Revista galega de cultura, 207 (xullo-setembro), 35-41.
Agís Villaverde, Marcelino (2019a): Xaime Isla Couto: entre o Galiza Ceibe e o Venceremos Nós. Os feitos acaecidos na Misa de Rosalía 1969. Vigo: Fundación Isla Couto, SEPT.
Barro, Pepe (2018): «Tres pés para un tríscele. Os irmáns Isla Couto e a identidade corporativa de Zeltia». En Máis que ver. Cen historias de deseño na Galiza. Vigo: Edicións Xerais.
Beiras Torrado, Xosé Manuel (2015): «Figuración remota de Xaime Isla Couto», Grial. Revista galega de cultura, 207 (xullo-setembro), 56-59.
Domínguez Martínez, Quico (2015): «Xaime Isla e a inculturación da Igrexa galega», Grial. Revista galega de cultura, 207 (xullo-setembro), 42-55.
Franco Grande, Xosé Luís (2013): «Xaime Isla Couto». Boletín da Real Academia Galega, 374:497-500.
Franco Grande, Xosé Luís (2015): «Xaime Isla, entre o proxecto e a execución», Grial. Revista galega de cultura, 207 (xullo-setembro), 64-67.
Martínez Cobas, Xavier (2015a): «Xaime Isla e a economía galega», Boletín da Real Academia Galega, 376:459-463.
Martínez Cobas, , Xavier (2015b): «Catro cancións para navegar cara ao futuro». Grial. Revista galega de cultura, 207 (xullo-setembro), 13-21.
Pastoriza Rozas, X. L. (2015a): «Repensar Galicia, proxectar Galicia, facer Galicia. Cronobiografía». En Pastoriza Rozas, X. L. (ed.): Xaime Isla. Raíz e utopía de Galicia. Vigo: Fundación Isla Couto, Galaxia; 13-103.
Pastoriza Rozas, , Xosé L. (2015b): «Presenza da nación. O galeguismo xuvenil de Xaime Isla». Grial. Revista galega de cultura, 207 (xullo-setembro), 22-33.
Pastoriza Rozas, Xosé L. (2022): Galeguismo, humanismo e desenvolvemento. O pensamento militante de Xaime Isla Couto. Tese de Doutoramento. Universidade de Santiago de Compostela.
Pastoriza Rozas, Xosé L. e Agís Villaverde, M. (eds). (2022): Xaime Isla Couto. Repensar Galicia, proxectar Galicia, facer Galicia. Vigo: Fundación Isla Couto, Galaxia.
Pérez Prieto, Victorino (1995): Galegos e cristiáns. “Deus fratresque Gallaeciae”. Vigo: SEPT; 277-286.
VV.AA. (1996): Homenaxe a Xaime Isla Couto. Vigo: Galaxia
Como citar: Pastoriza Rozas, Xosé Luís : Xaime Isla Couto. Publicado o 20/10/2022 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=2016. Recuperado o 21/03/2025

DOCUMENTACIÓN DE
Xaime Isla Couto.
A personalidade creativa e entusiasta de Xaime Isla Couto é o ímpeto imprescindible para algunhas das iniciativas culturais, políticas e sociais que se desenvolven na Galicia interior da segunda metade do século XX. Algúns exemplos: como economista preocupado pola nosa realidade socioeconómica, funda en 1958 a Revista de Economía de Galicia; oito anos antes, promove a Editorial Galaxia; en 1965 preside a Editorial SEPT, seguindo o seu compromiso cristián; impulsa na Transición a formación nacionalista Partido Popular Galego, e é membro numerario da Real Academia Galega. Ofrecemos tres audios preservados no Arquivo Sonoro de Galicia que nos axudan a debullar o labor deste traballador incansable.
A reconstrución nacional galega
O 15 de xuño de 1996, no Círculo Mercantil de Vigo, réndeselle unha homenaxe a Xaime Illa Couto. Coa emoción do momento, o economista compostelán contesta ás palabras de A. Zulueta de Haz e fala da necesidade dunha acción plural e holística para a reconstrución nacional galega. Cita a Losada Diéguez e Vicente Viqueira como os seus dous grandes referentes.
Duración:08' 47''
Sinatura: ANMO_0001 .
Fondo: Colección Antonio Montero. Arquivo Sonoro de Galicia. CCG.
Persoas e feitos que marcaron a Isla Couto
Con motivo do seu nomeamento como doutor honoris causa pola Universidade de Vigo, Xaime Isla Couto ofrece unha pequena entrevista en RNE-Vigo. Aproveitando que está en Pontevedra, fai un breve pero intenso repaso polas actividades e personalidades intelectuais que o influíron, sobre todo nos anos 30. A data da gravación é o 30 de abril de 1999.
Duración: 04'02''
Sinatura: PO0000104_01
Fondo: Fondo RNE. Arquivo Sonoro de Galicia. CCG.
A familia como xermolo comunitario dunha nova sociedade
Conforme o seu compromiso cristián, Isla Couto participa na Semana da Familia, organizada polos Equipos de Nuestra Señora e realizada no Centro Cultural Caixavigo. A súa conferencia ten como título «A familia como xermolo comunitario dunha nova sociedade» e nela fai un repaso por distintos modelos familiares para, finalmente, reivindicar o seu sentido humanista, a función estimuladora e creativa que desenvolve e o foco de diálogo no que se debe converter. O audio grávase o 16 de xaneiro de 1992.
Duración: 05'53''
Sinatura: VI000008_1
Fondo: Fondo RNE. Arquivo Sonoro de Galicia. CCG.
Un activista fiel á causa de Galicia
Entrevista de Víctor Freixanes a Francisco Fernández del Riego e Xaime Isla Couto. Ver Documento. Entrevista
Freixanes, Víctor: «Conversa don Francisco Fernández del Riego e Xaime Isla Couto: corenta anos de Grial», Grial. Revista galega de cultura, 157 (xaneiro-marzo de 2003), 50-57.
Fonte: Editorial Galaxia. Hemeroteca da revista Grial
https://editorialgalaxia.gal/wp-content/uploads/2020/12/grial/Grial_157.pdf [Descarga: 2022-09-22]
A xornalista Carme Vidal entrevista a Xaime Isla n'A Nosa Terra. Ver Documento. Entrevista
Vidal, Carme: «Os que proceden da estratéxia comunista están deformando a realidade de Galaxia. Entrevista a Xaime Illa Couto». A Nosa Terra, 919 (27 de xaneiro de 2000), 8-9.
Fonte: A Nosa Terra. Consello da Cultura Galega. Mediateca.
http://consellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_fd_pub2211_ANosaTerra_0919_20000127.pdf
Discurso de ingreso de Xaime Isla Couto na Real Academia Galega lido o 29 de xaneiro de 1999. Ver Documento
Isla Couto, Xaime: Economía, linguaxe e poder. Discurso de ingreso A Coruña: Real Academia Galega, 2014.
Fonte: Reañl Academia Galega.
https://publicacions.academia.gal/index.php/rag/catalog/view/270/266/186 [Descarga: 2022-09-28]
Conversa de Víctor Freixanes con Xaime Isla Couto. Ver Documento. Artigo
Freixanes, Víctor: «Xaime Isla Couto. Desde o cristianismo e a democracia». En Unha ducia de galegos. Vigo: Galaxia, 2976; 163-181.
Fonte: Biblioteca do Consello da Cultura Galega
Colaboración de Xaime Isla na revista Nós. Ver Documento. Artigo
Isla Couto, X. L.: «Ultreya. 1ª xeira (Misión Biolóxica de Galicia): Venres», Nós: boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións Nós, 107 (15 de novembro de 1932), 214-215.
Fonte: Biblioteca do Consello da Cultura Galega
Dous artigos de Xaime Isla publicados no xornal A fouce. Ver Documento. Artigo
Lourenzo, da III LIña de Ultreya [Xaime Isla Couto]: «Notas dun Ulteya. A Misión Biolóxica de Galicia», A fouce: periódico galego, 53 (15 de agosto de 1932), 1; «Notas dun Ulteya. Os estudantes galegos», A fouce: periódico galego, 59 (15 de marzo de 1933), 2.
Fonbte: A fouce. Biblioteca do Consello da Cultura Galega.
A obra Xaime Isla: Raíz e utopía de Galicia recolle, entre outros, os artigos que publicou n'A Nosa Terra. Ver Documento. Artigo
Isla Couto, Xaime : «Notas pra un programa da Unión de Mocidades Galeguistas», 312 (2 de outubro de 1933); «Cartas á FMG: falar e facer», 345 (25 de agosto de 1934); «Cartas á FMG: Índice», 361 (13 de abril de 1935); «Cartas á FMG: Índice», 361 (13 de abril de 1935); «No plano de acción da Mocidade. Os irmáns e a irmandade», 395 (20 de decembro de 1935).
Fonte: Xaime Isla: Raíz e utopía de Galicia. Biblioteca do Consello da Cultura Galega
Artigos tomados de: Xaime Isla: raíz e utopía de Galicia. Vigo: Fundación Isla Couto; Galaxia, 2015; 164-168.
DOCUMENTACIÓN SOBRE
Misa de Rosalía de 1969. Ver Documento. Libro
Agís Villaverde, Marcelino: Xaime Isla Couto: entre o Galiza Ceibe e o Venceremos Nós. Os feitos acaecidos na Misa de Rosalía 1969. Vigo: Fundación Isla Couto, SEPT, 2019.
Fonte: Fundación Isla Couto
http://fundacionislacouto.org/wp-content/uploads/2019/07/Xaime-Isla-Couto.-Entre-o-Galiza-Ceibe-e-o-Venceremos-N%C3%B3s.pdf [Descarga: 2022-09-22]
Número 12 de Novas da Fundación Penzón dedicado a Xaime Isla Couto. Ver Documento
«Xaime Isla: mil proxectos para Galicia», Novas Penzol, 12 (outubro de 2015).
Fonte: http://fundacionislacouto.org/wp-content/uploads/2015/10/Fundaci%C3%B3nPenzol_Novas12_23outubro2015.pdf [Descarga: 2022-09-29]
Lembranza de Xaime Isla por Xosé Luís Franco Grande. Ver Documento. Artigo
Franco Grande, Xosé Luís: «Xaime Isla Couto», Boletín da Real Academia Galega, 374 (2013), 497-500.
Fonte: Biblioteca do Consello da Cultura Galega
Texto lido por Méndez Ferrín na homenaxe a Xaime Isla, celebrada o 5 de xullo de 2012 na Biblitoeca da Cidade da Cultura. Ver Documento. Artigo
Méndez Ferrín, X.L.: «Homenaxe a Xaime Isla Couto», A trabe de ouro, 91 (xullo-setembro de 2012), 153-155.
Fonte: A trabe de ouro. Biblioteca do Consello da Cultura Galega.
Lembranza de Xaime Isla e de Cristina Nóvoa, por Blanca Jiménez Alonso. Ver Documento. Artigo
Jiménez Alonso, Blanca: «Lembrando a Xaime e Cristina». En Homenaxe a Xaime Isla Couto. Vigo: Galaxia, 1996; 193-196.
Fonte: Arquivo particular.
Dispoñible, tamén, na Fundación Isla Couto: https://fundacionislacouto.org/
Nota informativa na revista Grial sobre a creación da Sociedade de Estudos, Publicacións e Traballos (SEPT). 1965. Ver Documento. Artigo
«Notas», Grial: revista galega de cultura, 9 (xullo-setembro de 1965), 379.
Fonte: Biblioteca do Consello da Cultura Galega
Ligazóns de interese
Artigo de X. L. Pastoriza Rozas sobre os irmáns Illa Couto e os fusilados na Caeira (Pontevedra) o 12 de novembro de 1936
Pastoriza Rozas, X.L: «Os irmáns Isla Couto e os mártires do 12 de novembro de 1936 na Caeira (Poio)». Nós Diario, (23 de novembro de 2020).
Fonte: https://www.nosdiario.gal/articulo/memoria/irmans-isla-couto-martires-do-12-novembro-1936-caeira-poio/20201113171312108979.html [Consulta: 2022-05-16]
Biobibliografía de Ramiro Illa Couto no Álbum de Galicia
Fonte: Álbum de Galicia. Consello da Cultura Galega
http://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=26748 [Consulta: 2022-05-13]
Exposición Xaime Isla. Raíz e utopía de Galicia, comisariada por X.L. Pastoriza Rozas con deseño de David de la Iglesia
Fonte: https://www.academia.edu/86902470/Exposicion_Xaime_Isla_Couto_Raiz_e_Utopia_de_Galicia_Fundaci%C3%B3n_Isla_Couto_2015 [Consulta: 2022-09-29]
Cronobiografía de Xaime Isla Couto, por Xosé Luís Pastoriza. 2015
Pastoriza Rozas, X. L.: «Repensar Galicia, proxectar Galicia, facer Galicia. Cronobiografía». En Pastoriza Rozas, X. L. (ed.): Xaime Isla. Raíz e utopía de Galicia. Vigo: Fundación Isla Couto, Galaxia, 2015; 13-103.
Fonte: academia.edu
https://www.academia.edu/29502272/Repensar_Galicia_proxectar_Galicia_facer_Galicia_Cronobiograf%C3%ADa_de_Xaime_Isla_Couto [Consulta: 2022-09-28]
Unidade didáctica elaborada por X. L. Pastoriza Rozas: Xaime Isla : raíz e utopía de Galicia
Pastoriza Rozas, X.L.: Xaime Isla. Raíz e utopía de Galicia: unidade didáctica. Vigo: Fundación Isla Couto, 2017.
Fonte: Fundación Isla Couto.
http://fundacionislacouto.org/wp-content/uploads/2017/04/UnidadeDid%C3%A1ctica_ExpoXaimeIsla_abril2017.pdf [Consulta: 2022-09-29]
Artigo de Víctor Freixanes sobre a Biblia da editorial SEPT
Freixanes, Víctor F.: «A Biblia en galego», La Voz de Galicia, (26 de outubro de 2014).
Fonte: La Voz de Galicia
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/opinion/2014/10/26/biblia-galego/0003_201410G26P17993.htm [Consulta: 2022-11-29]
Páxina web da Fundación Isla Couto
Fonte: http://fundacionislacouto.org/ [Consulta: 2022-09-28]
Xaime Isla na páxina web da Real Academia Galega
Fonte: https://academia.gal/membro/-/membro/xaime-isla-couto [Consulta: 2022-09-28]
Biografía de Xaime Isla Couto na Galipedia
Fonte: https://gl.wikipedia.org/wiki/Xaime_Isla_Couto [Consulta: 2022-09-28]
Xaime Isla deseñou o logotipo da empresa Zeltia
Fonte: Fundación DIDAC
http://didac.gal/didac/gl/coleccion/isla-couto-xaime [Consulta: 2022-09-29]
A editorial SEPT na Galipedia
Fonte: https://gl.wikipedia.org/wiki/Editorial_SEPT [Consulta: 2022-11-29]
Videos
Vídeo conmemorativo do centenario do nacemento de Xaime Isla Couto. 2015
Fonte: Fundación Isla Couto.
https://www.youtube.com/watch?v=jc320O54Jnw&ab_channel=Fundaci%C3%B3nIslaCouto
Entrevista a Xaime Isla Couto
Fonte: Galicia Aberta.
https://emigracion.xunta.gal/conecendo-galicia/aprende/entrevista/xaime-isla-couto [Consulta: 2022-09-27]