Micaela Chao Maciñeira
Susavila (Ortigueira), 1892 - A Coruña, 27/11/1928Autoría: Emilio Xosé Insua López
Irmá da Fala pioneira
Nacida en 1892, na aldea de Susavila (Ortigueira), a meniña Micaela viaxou axiña a Cuba na compaña do seu pai e da súa nai, Juan Chao Fernández (propietario da fábrica de tabacos La Capitana) e Carmen Maciñeira Bouzamayor.
Canda seus irmáns, Juan, Antón, Carme e Tereixa (que máis adiante casará con Ramón Villar Ponte), recibiu unha educación regrada que incluíu nocións de francés e piano, e frecuentou diversas entidades recreativas e culturais da colonia galega na Habana, onde chegou a tratar persoalmente ao poeta Curros Enríquez, por quen sentía profunda admiración.
No segundo semestre de 1908, coñece a quen será o seu futuro esposo, Antón Villar Ponte, co que comparte os ensaios e actuacións da Sociedad Gallega de Declamación Rosalía Castro. A marcha de Antón a Camagüey en outubro de 1909, para dirixir o xornal El Comercio, pon un punto de forzosa distancia na relación, mais non a apaga, como demostra o feito de que o de Viveiro decida regresar a Galiza no verán de 1910, xusto no intre en que o facía tamén a familia da súa namorada.
O clan Chao Maciñeira asentou entón en Ortigueira, onde residía o seu parente Federico Maciñeira, que terá unha influencia decisiva na admisión en 1911 de Antón Villar Ponte como redactor de La Voz de Galicia.
Micaela e Antón contraerán matrimonio canónico na igrexa de Santa Lucía da Coruña o 26 de abril de 1913. El ten 32 anos e ela, 21. Deste matrimonio nacerán Antonio e Carme. O primeiro, que faleceu en EE UU no ano 2000 despois de vivir moitos anos en Venezuela, chegou a ser célebre nos primeiros anos da posguerra como futbolista do Deportivo, co sobrenome de Tonecho. Carme, pola súa vez, é a Meliña a quen Cabanillas dedicou un poema na revista As roladas (xullo de 1922). Morrería na posguerra con vinte e poucos anos, vítima da tise.
Tras casaren, Antón e Micaela emprenderon unha existencia en común marcada pola súa intensa militancia nas Irmandades. Micaela, ao igual que todos os seus irmáns, abrazou con plena consciencia o ideario exposto polo seu marido no folleto Nacionalismo gallego (1916), e converteuse nunha das primeiras mulleres en profesalo e axudar a espallalo.
No acto fundacional da Irmandade coruñesa, que tivo lugar o 18 de maio de 1916, Micaela foi a única muller presente. Seu irmán Antón Chao, redactor de El Ideal Gallego, sería a primeira baixa que choraron os irmandiños, pois morreu con tan só 18 anos, en maio de 1917.
Ao pouco de iniciada a súa xeira, as Irmandades procuran colaboración coa Lliga Regionalista de Cambó. Concertaron para iso un intercambio de delegacións nos meses de novembro e decembro de 1917. A única muller da expedición galega a Barcelona, Micaela, foi agasallada no día do regreso cun "artístic feixet d'eura lligat amb una cinta de bandera catalana i um pom de violes boscanes".
Do 20 de abril de 1917 ata mediados de 1918, rexistrouse en A Nosa Terra unha colecta entre mulleres, co fin de financiar a dotación dunha bandeira galega bordada para a Irmandade herculina. Na listaxe de contributos, significativamente encabezada pola propia Micaela, figuran, entre outras, as súas irmás Tereixa e Carme, Clementina Ponte (tía materna dos Villar Ponte), Eudosia Álvarez, María Luísa Cabanillas, María Rodríguez Yordi, Amalia e Ramona Tettamancy, Pura González, Pilar e Pura Lugrís, Carme Díaz Varela, Pilar e María Banet, María Miramontes, Sofía Domínguez e Luísa Souto. As cigarreiras da Fábrica de Tabacos coruñesa que compuñan o montepío La Laboriosa achegaron por man da súa presidenta, María Villares, unha nada desdeñábel cantidade de diñeiro, o mesmo que un grupo de mozas de Sada encabezado por Laura Prado.
Esta iniciativa da bandeira foi preludio da constitución, en agosto de 1918, dunha Sección Feminina da Irmandade coruñesa. Con máis de 200 asociadas, segundo A Nosa Terra, a súa conselleira 1ª foi inicialmente Micaela Chao Maciñeira. Na directiva que se elixiu no Nadal de 1918, Xosefa Vázquez substituíu a Micaela, que pasou a ser vogal, mentres Tereixa Chao ocupou o posto de vicesecretaria. A futura esposa de Peña Novo, Ermitas López Verdes, tamén facía parte deste cadro dirixente como tesoureira, canda Elvira Bao (secretaria), María Balboa (contadora) e as vogais Rosa Martínez, Avelina Fernández, Teresa Fernández, María Miramontes, Xenoveva Casal e Avelina Sardina.
Editar folletos de propaganda propios, recoller información sobre a situación laboral da muller galega, participar en determinados actos públicos e interesar os centros galegos pola protección á muller emigrada foron algúns dos obxectivos concretos desta Sección. En A Nosa Terra colaboraron Francisca Herrera, Mercedes Vieito e Coroa González. Durante o período primorriverista reforzaron a presenza de mulleres na Irmandade Pilar Castro, Hermitas Pavón, Elisa Sueiras, Josefa Gómez e Eulalia Labora.
Hai que recoñecer, porén, que o rol público e organizativo das mulleres desa Sección foi moi limitado se o compararmos co desempeñado polos varóns da entidade, que acapararon a articulística, a propagandística, a proxección pública, a participación nas asembleas e os postos dirixentes. A praxe ficou, pois, moi atrás do discurso, aínda que este se situou, desde logo, en posicións igualitaristas desde un principio. Na Asemblea de Lugo (1918), as Irmandades recollen explicitamente no seu programa a loita pola igualdade de dereitos para a muller, reivindicación que reiteran (“igualdade absoluta, política e civil, da muller co home”) na 2ª Asemblea Nacionalista (1919).
Algunhas das militantes da Sección (Luísa Castelo, Carme Meléndrez, Elvira Bao...), incluídas Micaela e Carme Chao Maciñeira, participaron ademais nos traballos do Conservatorio Nazonal do Arte Gallego, creado en 1918. Carme foi actriz na estrea de A man de Santiña e na representación da peza do seu cuñado Entre dous abismos. Non o debía facer nada mal pois, segundo Teresiña Villar Chao, chegou a ser bautizada como a “Sara Berhnart” da escena galega... Jenaro Marinhas relatou tamén que cando os entreactos das representacións eran longos, Micaela Chao Maciñeira amenizábaos tocando o piano, acompañada ás veces pola voz de Bernardino Varela.
Tras axudar con total entrega a Antón na convalecencia dunhas febres tifoides que a piques estiveron de custarlle a vida ao xornalista, Micaela morreu inesperadamente o 27 de novembro de 1928, no número 4 da coruñesa rúa do Rego de Auga, a consecuencia dunha nefrite contra a que nada puideron os coidados dos médicos Urbano Losada e Búa. Tiña tan só 36 anos.
Micaela resulta absolutamente decisiva na traxectoria do seu marido. Ambos partillaron un proxecto de vida en común no que non faltaron renuncias e contrariedades. Foi o prezo que pagar por un casal galeguista e republicano de clase media e de ideas avanzadas que decidiu marchar a contracorrente de moitos usos imperantes no seu medio social. Procedendo dunha familia con certo acomodo económico, Micaela non só renunciou a certo tipo de vantaxes e comodidades que a profesión e o compromiso civilista do seu marido non lle podían garantir, senón que chegou a asumir activamente a ideoloxía e o activismo nacionalista que aquel liderou publicamente a partir de 1916. Neste sentido, Ben-Cho-Shey, nun traballo intitulado "O fogar de Vilar Ponte" (A Nosa Terra, 13-III-1936), chamaría a atención sobre a exemplaridade do casal Villar-Chao no tocante á conduta idiomática, pois educaron os fillos, Tonecho e Meliña, falándolles en galego: "Si todol-os fogares dos galeguistas foren atal e como foi de por vida o de Antón Vilar Ponte, haberíase dado un gran paso na galeguización da nosa terra".
O propio Antón (El Pueblo Gallego, 5-II-1930) recoñeceu o papel que Micaela desempeñara na súa existencia, cualificándoa como "boa muller, dina compañeira d'un home de combate".

Como citar: Insua López, Emilio Xosé : Micaela Chao Maciñeira. Publicado o 1/1/2017 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=22291. Recuperado o 21/03/2025
DOCUMENTACIÓN SOBRE
Fragmentos dunha carta de Antón Villar Ponte a Álvaro Cebreiro datada en Viveiro, a 26 de decembro de 1928. Ver Documento. Epístola
Fonte: TUDELA, Mariano:Álvaro Cebreiro. Vida y afanes de un creador, Ediciós do Castro, 1983, p. 129-131.
«Necrológicas. Doña Micaela Chao de Villar Ponte». Ver Documento
Publicada en Céltiga, nº 95 (10/12/1928), Bos Aires
Fonte: http://consellodacultura.gal/fondos_documentais/celtiga/
Nota de pésame na morte de Micaela Chao Maciñeira.. Ver Documento
Fonte: "Liñas de loito", A Nosa Terra, nº 255 (01/12/1928), p. 11.
Ligazóns de interese
Micaela Chao Maciñeira no blog persoal de Emilio Xosé Ínsua
[última consulta: 14/07/2021]
María Miramontes Mato no Álbum de Galicia
[última consulta: 14/07/2021]
Referencias bibliográficas
- BERAMENDI, Justo G. (ed.): Obra política de Ramón Villar Ponte, Ediciós do Castro, Serie Documentos, nº 79, 1991. Contén notas biográficas de Xosé Mª Monterroso Devesa.
- COSTA ALCALDE, Mª Xosé: “Mulleres galegas na prensa galega de América (1873-1914): o caso de Mercedes Vieito Bouza”. En Estudios migratorios, nº 3, Consello da Cultura Galega, 1997, p. 257-282.
- DOMINGO CUADRIELLO, J. : “Presencia de Antón Villar Ponte en Cuba”, Grial, nº 141(xaneiro-febreiro-marzo, 1999), p. 91-110.
- ÍNSUA , Emilio Xosé: A nosa Terra é nosa! A xeira das Irmandades da Fala, 1916-1931, Baía Edicións, 2016.
- RIOS BERGANTINHOS, Noa: A mulher no nacionalismo galego (1900-1936). Ideologia e realidade, Edicións Laiovento, Ensaio, nº 145, 2001.