Fernando Fraga Rodríguez
Santiago de Compostela (A Coruña), 1922 - Nigrán (Pontevedra), 2020Autoría: Xosé Antón Álvarez Salgado
Pioneiro da Oceanografía en Galicia
Fernando Fraga Rodríguez licenciouse en Maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela en 1941 e en Ciencias, Rama de Química, na Universidade de Santiago de Compostela en 1946, con Premio Extraordinario. Iniciou a sua carreira científica lonxe da Oceanografía, dedicándose ao illamento e caracterización de alcaloides na xesta, baixo a Dirección do Profesor Ignacio Ribas (Palma de Mallorca, 1901 – Santiago de Compostela, 1996). Defendeu a súa Tese de Doutoramento en 1949 e, de seguido, acadou unha praza de Profesor Asociado para ensinar Química Orgánica na Facultade de Ciencias da Universidade de Santiago de Compostela, onde tamén exerceu como Secretario. Paralelamente, foi bolseiro do Patronato Juan de la Cierva, sección de Química Orgánica, na mesma universidade.
En 1953 deixa Santiago de Compostela para trasladarse a Vigo, onde obtivo unha posición de Colaborador Científico no Laboratorio Costeiro do Instituto Nacional de Investigaciones Pesqueras (IIP), pertencente ao Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), que se inaugurara na acidade olívica o ano anterior. Dende entón, este laboratorio, que pasou a ser o Instituto de Investigaciones Pesqueras de Vigo en 1978, e dende 1986 cambiou o seu nome polo actual de Instituto de Investigacións Mariñas, foi a súa casa.
Dende a sua chegada ao IIP, Fernando Fraga aproveitou os seus coñecementos de Química Orgánica para estudar a composición dos peixes, do mexillón e dos refugallos do seu procesamento. En paralelo, interesouse pola presenza de materia orgánica no mar, desenvolvendo unha metodoloxía para a determinación da concentración de nitróxeno orgánico disolto baseada no clásico método Kjeldalh adaptado ás baixas concentracións, elevada presenza de sales e carácter recalcitrante do nitróxeno orgánico disolto no mar. O desenvolvemento desta metodoloxía permitiulle dar o salto á escena internacional. Convidouno a National Science Foundation dos Estados Unidos a participar nunha campaña oceanográfica no B/O Anton Brunn en 1964, parte da International Indian Ocean Expedition. Posteriormente o Institut Royal des Sciences Naturelles de Belgique, tamén ou convidou a outras duas campañas oceanográficas nos océanos Índico e Antártico en 1965 e 1967.
Naquel tempo, máis de dez anos despois da sua chegada ao IIP, Fernando Fraga, xa non era só un químico orgánico que analizaba a concentración de nitróxeno orgánico disolto no mar. Naqueles anos acontenceu tamén o seu tránsito de químico orgánico a oceanógrafo. Segundo el mesmo confesaba, a influencia do egrexio ecólogo Ramón Margalef (Barcelona, 1919 – Barcelona, 2004), co que mantivo unha relación profesional e de amizade de por vida, foi o que o levou a saír da sua
zona de conforte tratar non só de medir, senón tamén de entender como se distribuía o nitróxeno orgánico disolto no mar. Responder a esta pregunta implicaba profundar na hidrografía, circulación, fertilización, produción primaria, relacións tróficas, etc. En definitiva, converterse nun oceanógrafo. Antes das expedicións do Índico, o
laboratorio naturalpara facer ese tránsito necesario foi a Ría de Vigo. Nese tránsito tamén ascendeu en 1959 de Colaborador Científico a Investigador Científico, o segundo banzo da escala investigadora no CSIC.
Estudando a sistema de afloramento de Iberia-Canarias
A principios da década de 1970, co gaio da celebración da International Decade for Ocean Exploration (1971-1980), artellouse un esforzo internacional para o estudo do sistema de afloramento costeiro do Noroeste de África. Estes sistemas caracterízanse pola súa elevada produtividade, resultado da fertilización producida polo ascenso cara á superficie de augas frías e ricas en sales nutrientes dende 150-200 metros de profundidade en resposta ao vento. A oceanografía española embarcouse nesta iniciativa, abranguendo dende o banco Canario-Sahariano ata a fronte de Cabo Verde. Fernando Fraga foi unha peza chave daquelas campañas oceanográficas no recentemente estrado B/O Cornide de Saavedra. Foi a súa grande oportunidade de poñer en práctica as habilidades adquiridas como oceanógrafo, facendo importantes contribucións sobre a composición das masas de auga, a dinámica dos procesos de afloramento e o seu impacto na produción primaria. Este periodo tamén coincidiu co seu paso á escala de Profesor de Investigación do CSIC, equivalente a Catedrático de Universidade, en 1973, tras vinte anos ligado ao CSIC.
A mediados da década de 1970 Fernando Fraga virou os seus intereses científicos cara ao
Mar de Galicia, límite setentrional do sistema de afloramento do Noroeste de África. Dese tempo foi o descubrimento do que hoxe se chama
Fronte de Fragaentre as augas subtropicais e subpolares de Nordés Atlántico á altura do Cabo Fisterra. Contaba o profesor Fraga que se decatara da existencia desa fronte porque anos antes, nas campañas en África, tivo a oportunidade de estudar a fronte entre as augas do Atlántico Norte e Sur á altura de Cabo Verde. Tamén foi nestes anos cando se decatou de que unha parte considerable das sales nutrientes que fertilizaban as Rías Galegas non as transportaban a auga aflorada senón que se producían na plataforma continental por procesos de mineralización da materia orgánica exportada dende as rías. Estes dous descubrimentos están recollidos nun capítulo que escribiu por invitación para o libro Coastal Upwelling publicado en 1981 pola American Geophysical Union. Este libro considerouse a Biblia do afloramento nas seguintes décadas, e o profesor Fraga fixo parte salientable del, pasando a ser una referencia internacional no estudo deste proceso oceanográfico.
Volvendo á casa: as Rías Galegas
Na década de 1980, aproximándose xa a súa
xubilación forzosa(así figura non seu curriculum vitae) en 1987, o profesor Fraga volve ás súas orixes: estudar as Rías Galegas, particularmente o seu querido
laboratorio naturalda Ría de Vigo. Nesta etapa, introduce o estudo do sistema de ácido carbónico no Mar de Galicia, fonte de carbono para a produción primaria e principal responsable da capacidade tamponante que ten a auga de mar. Á parte de facer innovacións metodolóxicas relevantes na determinación do pH e a alcalinidade, incorporou esas medidas aos estudos da composición química das augas mariñas. Posteriormente, cando a comunidade científica se decatou de que o mar estaba a captar unha fracción moi significativa do dióxido de carbono (CO2) emitido cara á atmosfera polas actividades humanas, as medidas de pH e alcalinidade que Fernando Fraga estivera facendo no Mar de Galicia e as súas rías cobraron particular relevancia.
En calquera caso, naquel tempo él buscaba determinar todas as formas orgánicas e inorgánicas de carbono, nitróxeno, fósforo e silicio, en forma disolta ou particulada. Estas medidas, xunto á concentración de osíxeno disolto, permitíronlle profundar na temática na que se centrou na etapa final da súa carreira científica: as relacións estequiométricas polas que se rexe o intercambio destes elementos entre a auga e os organismos que habitan nela, procurando entender como os organismos modifican a composición da auga e viceversa.
Foi nesta etapa final cando formou aos tres estudantes que fixeron a tese de doutoramento baixo a súa dirección: Fiz F. Pérez, Ricardo Prego e a malograda Aida F. Ríos (Vigo, 1947 – Moaña, 2015). Todos eles chegaron a profesores de investigación do CSIC no Departamento de Oceanografía do Instituto de Investigacións Mariñas. Malia xubilarse en 1987, o profesor Fraga seguiu acudindo todos os días ao seu despacho no Instituto ata o ano 2005, aínda que deixou de facelo tan asiduamente. Neses máis de trinta anos de Profesor Emérito moitos puideron aproveitarse da súa sabedoría e xenerosidade, de xeito que realmente foi mentor de moito máis que tres estudantes. Tamén queda o seu legado de máis de 120 traballos de investigación publicados en revistas científicas e capítulos de libros. A maior parte da súa produción científica está escrita en castelán, particularmente na revista Investigación Pesquera (Scientia Marina dende 1995) editada polo CSIC, o cal non impediu que fose un investigador recoñecido internacionalmente, aínda que en certo modo limitou o impacto das súas contribucións. É salientable que, tras xubilarse, todos os seus artigos se publicasen en inglés. En 1996 publicou nunha obra colectiva promovida polo Consello da Cultura Galega, As augas de Galicia, o traballo «As Rías», unha recompilación de todas as súas investigacións sobre as rías galegas que tivo unha gran difusión e posteriormente foi traducida ao catalán.
Despois da xubilación chegáronlle os recoñecementos: en 1987 foi elixido académico numerario da Real Academia Galega de Ciencias, en 1992 recibiu a Medalla de Galicia e en 1999 os premios Antonio Casares y Rodrigo de Ciencia e Tecnoloxía da Xunta de Galicia e o I Premio Iberoamericano de Ciencias Mariñas, outorgado polos decanos das facultades de ciencias do mar.
Curiosamente, o seu recoñecemento internacional estivo ligado á International Decade for Ocean Exploration (1971-1980) e o seu pasamento, o 12 de setembro de 2020, ocorreu pouco antes de que as Nacions Unidas declarasen a United Nations Decade of Ocean Science for Sustainable Development (2021-2030).
Bibliografía
Fraga, F. (1956): «Variación estacional de la composición química del mejillón (Mytilus edulis) I», Investigación Pesquera, 4: 109-125.
Fraga, F. (1959): «Relación entre peso, talla y composición química en el mejillón (M. edulis) de la Ría de Vigo», Investigación Pesquera, 14: 25-32.
Fraga, F. (1959): «Determinación de nitrógeno orgánico suspendido y disuelto en el agua de mar», Investigación Pesquera, 14: 121-127.
Fraga, F., e F. Vives, (1961): «La descomposición de la materia orgánica en el mar», Investigación Pesquera, 19: 65-79.
Fraga, F., (1966): «Distribution of particulate and dissolved nitrogen in the Western Indian Ocean», Deep-Sea Research, 13: 413-425.
Fraga, F., (1974): «Distribution des masses d'eau dans l'upwelling de Mauritanie», Tethys, 6: 5-10.
Fraga, F., (1981): «Upwelling off the Galician Coast, Northwest-Spain». En Coastal Upwelling. Washingthon D.C.: American Geophysical Union; 176-182.
Fraga, F., E.D. Barton e O. Llinas (1985): «The concentration of nutrient salts in pure
North and South Atlantic Central Waters». En: Simposio Internacional Afloramiento Oeste Africano. Barcelona: Instituto de Investigaciones Pesqueras; I: 25-36.
Fraga, F., F.F. Pérez, F.G. Figueiras e A.F. Ríos (1992): «Stoichiometric variations of N, P, C and O2 during a Gymnodinium catenatun red tide and their interpretation», Marine Ecology Progress Series, 87: 123-134.
Fraga, F. (1996): «As Rías». En Díaz-Fierros, F. (coord..): As augas de Galicia. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega.
Fraga, F., A.F. Ríos, F.F. Pérez, M. Estrada, e C. Marrasé (1999): «Effect of upwelling pulses on excess carbohydrates synthesis as deduced from nutrient, carbon dioxide and oxygen profiles», Marine Ecology Progress Series, 189: 63-75.
Fraga, F. (2001): «Phytoplanctonic biomas synthesis: application to deviations from Redfield stoichiometry». En A marine science odyssey into the 21st century. Barcelona: Editores Gili, Pretus & Packard, Sciencia Marina; 153-169.
Pérez, F.F., e F. Fraga (1987a): «A precise and rapid analytical procedure for alkalinity determination», Marine Chemistry, 21: 169-182.
Pérez, F.F., e F. Fraga (1987b): «The pH measurements in seawater on the NBS scale», Marine Chemistry, 21: 315-327.
Prego, R. e F.F. Pérez (2020): «Obituary: Fernando Fraga Rodríguez», Scientia Marina, 84(4): 477-480.
Vives, F. e F. Fraga (1961): «Producción básica en la Ría de Vigo (NW de España)», Investigación Pesquera, 19: 129-137.
Como citar: Álvarez Salgado, Xosé Antón : Fernando Fraga Rodríguez. Publicado o 17/4/2024 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=22468. Recuperado o 19/07/2025
DOCUMENTACIÓN DE
Artigo de Fernando Fraga na revista Scientia Marina: «Phytoplanktonic biomass synthesis». Ver Documento. Artigo
Fraga Rodríguez, Fernando: «Phytoplanktonic biomass synthesis: application to deviations from Redfield stoichiometry», Scientia Marina, vol. 65, n.º extra 2 (2001), 153-169.
Fonte: Scientia Marina / Dialnet.
https://dialnet.unirioja.es
Relatorio «The concentration of nutrient salts in pure North and South Atlantic Central Waters» presentado ao Simposio Internacional sobre las Áreas de Afloramiento más Importantes del Oeste Africano (Cabo Blanco y Benguela), por Fraga, Barton e Llinás. 1985. Ver Documento. Artigo
Fraga, F., E.D. Barton e O. Llinas (1985): «The concentration of nutrient salts in
Fonte: https://digital.csic.es/handle/10261/92513pureNorth and South Atlantic Central Waters». En: Simposio Internacional Afloramiento Oeste Africano. Barcelona: Instituto de Investigaciones Pesqueras; I: 25-36.
Informe sobre la Campaña Oceanográfica
Fonte: CSIC Dixital.GALICIA IVa bordo del B/OCornide de Saavedra: 1-21 (1977), de Fernando Fraga, publicado polo Instituto de Investigacións Pesqueiras (Vigo) do CSIC en novembro de 1977. Ver Documento. Informe
http://hdl.handle.net/10261/160675
«Variación estacional de la composición química del mejillón (Mytilus edulis) I», artigo de Fernando Fraga en Investigación Pesquera. Ver Documento. Artigo
Fraga, F.: «Variación estacional de la composición química del mejillón (Mytilus edulis) I», Investigación Pesquera, 4 (1956), 109-125.
Fonte: https://digital.csic.es/handle/10261/88871
Tese de doutoramento de Fernando Fraga dedicada ao illamento e caracterización de alcaloides na xesta, defendida en 1949. Ver Documento. Libro
Fraga Rodríguez, Fernando: Estudio de los alcaloides de la Retama Sphaerocarpa. Tese de doutoramento dirixida por I. Ribas (dir. tes.). Madrid: Universidad Complutense de Madrid, 1949. (Inédita)
Fonte: Docta Complutense. Universidad Complutense de Madrid.
https://hdl.handle.net/20.500.14352/39652
DOCUMENTACIÓN SOBRE
Capítulo dedicado a Fernando Fraga en Estrelas galegas da ciencia: unha historia de persoeiros e achados asombrosos, proxecto realizado para o repositorio Tece Redes en galego. Ver Documento. Artigo
Vence, Maite; Vicente, Manuel; Burés, Andrea (textos); Cerviño, Clara (il.): Estrelas galegas da ciencia: unha historia de persoeiros e achados asombrosos. A Coruña: Hércules, 2023; 63-70.
Fonte: Xunta de Galicia. Tece redes en galego
Obituario do profesor Fernando Fraga en Scientia Marina, por R. Prego e F.F. Pérez. Ver Documento. Artigo
Prego, R. e F.F. Pérez (2020): «Obituary: Fernando Fraga Rodríguez», Scientia Marina, 84(4): 477-480.
Fonte: Consejo Superior de Investigaciones Científicas.
https://digital.csic.es/
Artigo en memoria de Fernando Fraga Rodríguez publicado na edición dixital de El País o 25 de outubro de 2020. Ver Documento. Artigo
Instituto de Investigaciones Marinas (IIM-CSIC): «Fernando Fraga, el sabio que entendió la riqueza del mar gallego», El País, (25 de outubro de 2020).
Fonte: El País
https://elpais.com
Editorial da revista Scientia Marina en recoñecemento do labor científico de Fernando Fraga, por Ricardo Prego e Victoriano Valencia. Ver Documento. Artigo
Prego, Ricardo e Victoriano Valencia : «Editorial: The scientist Fernando Fraga: a life devoted to oceanography», Scientia Marina, 77S1 (xaneiro de 2013), 11-13.
Fonte: CSIC Dixital
Doi: 10.3989/scimar.03724.06B
//digital.csic.es/handle/10261/64125
Información en El pueblo gallego sobre a conferencia
Afloramientos marinosimpartida polo profesor Fernando Fraga nos Cursos Universitarios de Verano, en Vigo. Ver Documento. Artigo«Cursos universitarios de verano: Hoy, ponencias de los profesores Gómez Larrañeta y Fraga Rodríguez», El pueblo gallego: rotativo de la mañana, 20095 (22 de xullo de 1977), 12.
Fonte: Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola / Galiciana.
https://biblioteca.galiciana.gal
Fernando Fraga formou parte como relator da
Ponencia Condiciones del Medio Naturaldo I Pleno del Consejo Económico del Noroeste, celebrado en Santiago de Compostela en xullo de 1964. Ver Documento. Artigo«I Pleno del Consejo Económico del Noroeste: Hoy, se discuten seis ponencias, en Santiago», El Correo gallego: diario político de la mañana, 29226 (9 de xullo de 1964), 6.
Fonte: Biblioteca de Galicia / Galiciana.
https://biblioteca.galiciana.gal
O xornal La Noche informa dunha conferencia sobre o cultivo do mexillón impartida en Vilagarcía de Arousa por Buenaventura Andreu, director do
laboratorio vigués de Investigacions Pesquerasao que acompañou, entre outros científicos do centro, Fernando Fraga Rodríguez. Ver Documento. Noticia«La Voz de Arosa: Disertación del Dr. Andreu sobre el cultivo del mejillón», La Noche: único diario de la tarde en Galicia, 11559 (1 de abril de 1958), 4.
Fonte: Biblioteca de Galicia / Galiciana.
https://biblioteca.galiciana.gal
El Correo Gallego publica o 26 de marzo de 1950, na sección dedicada á Universidade, o nomeamento do profesor Fernando Fraga Rodríguez como Secretario da Facultade de Ciencias. Ver Documento. Noticia
«Universidad: Nuevo Secretario de la Facultad de Ciencias», El Correo gallego: diario político de la mañana, 24319 (26 de marzo de 1950), 5.
Fonte: Biblioteca de Galicia / Galiciana.
https://biblioteca.galiciana.gal
Nova en El Correo Gallego sobre a concesión dos Premios Extraordinarios da Licenciatura en Ciencias. Entre os tres alumnos premiados, está Fernando Fraga Rodríguez. Ver Documento. Noticia
«Concesión de Premios Extraordinarios en Ciencias», El Correo gallego: diario político de la mañana, 23892 (5 de novembro de 1948), 2.
Fonte: Biblioteca de Galicia / Galiciana.
https://biblioteca.galiciana.gal
Ligazóns de interese
Artigo de Manuel Vicente sobre Fernando Fraga na sección «Ciencia para o día a día» de Faro de Vigo, (21 de decembro de 2022)
Fonte: Faro de Vigo
https://www.farodevigo.es
Biobibliografía de Aida Fernández Ríos, alumna e colaboradora do profesor Fernando Fraga, no Álbum de Galicia
Fonte: Consello da Cultura Galega. Álbum de Galicia
https://consellodacultura.gal/album-de-galicia
«Muere a los 98 años Fernando Fraga, pionero de la oceanografía», artigo publicado na edición dixital de Faro de Vigo, (14 de setembro de 2020)
Fonte: Faro de Vigo
https://www.farodevigo.es
«Pasamento do Prof. Fernando Fraga Rodríguez, Académico da RAGC», por Juan Lema, na páxina web da Real Academia Galega de Ciencias, (14 de setembro de 2020)
Fonte: Real Academia Galega das Ciencias.
https://www.ragc.gal
«Falece aos 98 anos Fernando Fraga, pioneiro das ciencias mariñas en Galicia», na pulicación dixital GCiencia: xornalismo + divulgación, (14 de setembro de 2020)
Fonte: GCiencia: xornalismo + divulgación
https://www.gciencia.com
Podcast do Consello da Cultura Galega elaborado a partir da entrevista inédita realizada a Fernando Fraga en xullo de 2019, cando este contaba con 97 anos, por Luisa Martínez Lorenzo da Unidade de Cultura Científica do CSIC en Galicia
Fonte: Consello da Cultura Galega. Voces da Ciencia.
https://consellodacultura.gal/especiais/voces-da-ciencia
«
Fonte: La Voz de Galicia https://www.lavozdegalicia.esCornide de Saavedra: 45 años después», artigo de Uxío Labarta na edición dixital de La Voz de Galicia, (10 de xuño de 2016)
O Álbum da Ciencia, do Consello da Cultura Galega, publicou en 2014 a biobibliografía de Ramón Margalef, con quen Fernando Fraga mantivo unha relación profesional e de amizade de por vida
Fonte: Consello da Cultura Galega. Álbum de Galicia
Campaña Galicia VI, dirixida por Fernando Fraga, a bordo do B/O García del Cid (CSIC), no espazo web bogarciadelcid.wordpress.com
Fonte: https://bogarciadelcid.wordpress.com/2013/02/14/galicia-vi/
«Fernando Fraga:
Fonte: El Correo GallegoEl investigador es una persona que no se jubila nunca», artigo que recolle fragmentos da intervención do oceanógrafo no XV Seminario Ibérico de Química Marina. Edición dixital de El Correo Gallego, (23 de febreiro de 2010)
https://www.elcorreogallego.es
«On the variation of alkalinity during phytoplankton photosynthesis», artigo de Fernando Fraga e Xosé Antón Álvarez Salgado na revista Ciencias marinas. 31:4 (decembro de 2005), 627-639.
Fonte: cienciasmarinas.com
https://doi.org/10.7773/cm.v31i4.26
Acceso en liña a Estudio y explotación del mar en Galicia, obra nacida do curso coordinado por Ramón Margalef e Fernando Fraga para a Universidade de Verán de Vigo de 1977. Santiago de Compostela: Universidade, 1979
Fonte: Repositorio Minerva. Universidade de Santiago de Compostela.
http://hdl.handle.net/10347/8892
Acceso en liña ao curriculum vitae do profesor Fernando Fraga na web do CSIC
Fonte: Conselo Superior de Investigaciones Científicas.
http://oceano.iim.csic.es
Libros do ccg sobre Fernando Fraga Rodríguez
As augas de Galicia.
1996 | Francisco Díaz-Fierros Viqueira, Coordinación.