Xaquín Lorenzo Fernández
Ourense, 23/ 6/1907 - Facós (Lobeira, Ourense), 18/7/1989Autoría: Adrián Estévez Iglesias
Un dos grandes etnógrafos da cultura galega
Aprendeu a ler e escribir na propia casa, e despois foi á escola de Amador e Saturnino Villar. No Instituto do Posío foi alumno, entre outros, de Ramón Otero Pedrayo. En 1923 comezou os estudos universitarios por libre, tras matricularse na Universidade de Santiago en Filosofía e Letras. Mais, tras a morte do seu pai o 25 de novembro dese ano, a súa nai debe ir á Arxentina e Xaquín marcha a Lobeira, e ao falecer a súa avoa vai vivir a Vigo. En 1926 matricúlase para facer as probas de acceso á carreira de Dereito, pero non se presenta.
O 1 de maio de 1926 ingresa no Seminario de Estudos Galegos, cun traballo sobre o carro galego. Traballou principalmente na sección de Prehistoria, que dirixía Florentino López-Cuevillas, e mais na de Etnografía e Folclore, dirixida por Vicente Risco. Participou en catalogación de castros e no estudo dos concellos de Velle e Calvos de Randín. En 1932 pasou a ser membro da comisión directora do SEG, así como conservador do museo, e entre 1934 e 1936 foi conselleiro permanente da Institución.
En 1926 tamén publica o seu primeiro texto, «A fala galega», en El Pueblo Gallego (8-IX-1926). En 1927 chega a súa primeira colaboración en Nós, no número 42, con dous contos populares recollidos en Lobeira. Repetiría no número 44 con outros dous contos e uns apuntamentos de medicina rústica, e no número 58 co artigo «Un casamento en Lobeira», escrito xunto co seu irmán. No número 71, xa en 1929, publicou «Apuntes de Geografía lexigráfica galega. Algunhas verbas d'usanza corrente en Lovios (Ourense)».
Proseguiu a súa carreira como etnógrafo da man de Florentino López-Cuevillas, con quen en 1930 publicou o volume Vila de Calvos de Randín. Notas etnográficas e folkóricas, editado polo Seminario de Estudos Galegos.
Foi membro da Irmandade Galeguista de Ourense, e en 1931 subscribiu o manifesto fundacional do Partido Nazonalista Republicán de Ourense, constituído para concorrer ás Cortes Constituíntes. Despois integrouse no Partido Galeguista. Co tempo, participou na defensa do Estatuto de Autonomía.
No curso 1931-32 retoma os estudos universitarios, desta vez como alumno oficial na sección de Historia. Mais os enfrontamentos entre o profesorado e o alumnado galeguista fai que el e mais o seu irmán Xurxo trasladen o seu expediente académico a Zaragoza. Ao pouco de chegar, o 3 de abril de 1934, falece Xurxo por mor dunha septicemia. Xaquín remata a súa carreira en Zaragoza, acadando a licenciatura en Filosofía e Letras.
O 1 de agosto de 1936, logo do golpe de Estado, é chamado a filas. Incorpórase ás tropas do exército nacional, mais uns días despois, estando na fronte en Villablino, é ferido no ombreiro esquerdo. Tras estar no hospital de León e ser operado en Valladolid regresa á casa, e en novembro de 1939 incorpórase como profesor interino no Instituto do Posío. Porén, en 1942 Xocas foi apartado do ensino público, logo de que que en abril de 1941 o Juzgado Instructor Provincial de Responsabilidades Políticas lle incoase expediente polos seus antecedentes políticos. Pasou entón a dar clase no colexio privado Cardenal Cisneros. Chegou a ser director do centro, e traballou nel até que se xubilou en 1981.
Seguiu colaborando en diversas publicacións. En 1939 publicou na revista alemá Volkstum und Kultur der Romanem o artigo «Die Bremse am galizischen Wagen» («O freo no carro galego»), e en 1943 saíu o texto «Das Bauerhaus im unterem limiabecken (Prov. Orense, Spanien)» en Volkstum und Kultur der Romanem. Nos anos seguintes escribiu no Boletín del Museo Arqueológico Provincial de Orense, os Cuadernos de Estudios Gallegos, Revista de Guimarães ou Revista de Dialectología y Tradiciones Populares, entre outras. Escribiu o tomo 2 da Historia de Galiza (Bos Aires, 1962), obra coordinada por Otero Pedrayo e sufragada por Manuel Puente. Ese volume, o segundo dos tres que compoñen o conxunto, leva o título de «Etnografía: cultura material».
Ingresou na Real Academia Galega o 16 de setembro de 1951, en Celanova, a proposta de Florentino López-Cuevillas, Vicente Martínez-Risco e mais Ramón Otero Pedrayo. O seu discurso, La casa gallega, foi respondido polo propio Otero Pedrayo. Á súa vez, Xocas respondeu en 1965 o discurso de ingreso de Xesús Taboada Chivite, O culto das pedras no noroeste peninsular.
Desde 1964 formou parte do Pedrón de Ouro, e en 1983 foi nomeado presidente de honra. En xullo de 1976 foi un dos fundadores do Padroado do Museo do Pobo Galego. Sinalado expresamente por Otero Pedrayo como a persoa idónea, foi elixido para a presidencia, que ocupou ata a súa defunción. A esta institución legou parte do seu arquivo e biblioteca, así como os seus dereitos de autor para contribuír ao seu sostemento.
En 1961 recibiu a Encomenda de Afonso X o Sabio, e en 1964 formou parte do Pedrón de Ouro. En 1982 concedéuselle o Premio Otero Pedrayo, e en foi nomeado fillo Predilecto da Provincia de Ourense. En 1984 recibiu a Medalla Castelao, e en 1989 púxoselle o seu nome ao CPI de Bande.
Faleceu na súa casa de Facós o 18 de xullo de 1989. No ano 2004 foille dedicado o Día das Letras Galegas.
Obra
-Vila de Calvos de Randín. Notas etnográficas e folkóricas (con Florentino López-Cuevillas; Seminario de Estudos Galegos, 1930).
-A muller no cancioneiro galego (Nós, 1932).
-O Tardo: (Notas de mitología popular galega) (Imprensa Portuguesa, 1934).
-A arte popular nos xugos de Galicia. (Imprensa Portuguesa, 1935).
-Galicia. Parroquia de Velle (con Cuevillas e Vicente Fernández Hermida; Seminario de Estudos Galegos, 1936).
-La casa gallega (discurso de ingreso na RAG, 1951).
-O culto das pedras no noroeste peninsular (Real Academia Galega, 1965).
-As casas dos mortos (Junta de Investigações do Ultramar, 1965).
-Cantigueiro popular da Limia Baixa (Galaxia, 1973).
-A casa (Galaxia, 1983; Biblioteca Básica da Cultura Galega).
-A terra (Galaxia, 1983; Biblioteca Básica da Cultura Galega).
-O mar e os ríos (Galaxia, 1983; Biblioteca Básica da Cultura Galega).
-Os oficios (Galaxia, 1983; Biblioteca Básica da Cultura Galega).
-A Nosa Señora do Viso (Fundación Otero Pedrayo, 1983).
-Refraneiro galego. (Castrelos, 1983).
-Castro de Cameixa: campañas 1944-46. Dirección Xeral de Cultura e do Patrimonio Histórico- Artístico, Santiago de Compostela 1986.
-Enredos (Museo do Pobo Galego, 1992).
-O carro no folclore de Galicia (Museo do Pobo Galego, 2003).
-Da casa rural á casa vilega (Galaxia, 2004).
-O mar terra adentro (Consello da Cultura Galega, 2004).
-De varia etnográfica (La Voz de Galicia, 2004).
Bibliografía
Álvarez Blanco, Rosario (coord.) (2004): Xaquín Lorenzo Xocas. Día das Letras Galegas 2004. Santiago de Compostela: Universidade.
González Pérez, Clodio (2004): Xaquín Lorenzo Fernández «Xocas» 1907-1989. Noia: Toxosoutos.
Valcárcel López, Marcos (2004): Xaquín Lorenzo. Vida e obra. Vigo: Edicións Xerais de Galicia.
Vázquez Monxardín, Afonso (2004): Xoaquín Lorenzo Fernández "Xocas". A fidelidade á Galicia soñada. Vigo; Ir Indo.
Como citar: Estévez Iglesias, Adrián : Xaquín Lorenzo Fernández. Publicado o 23/8/2022 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=2302. Recuperado o 21/01/2025

DOCUMENTACIÓN DE
Colaboración na sección «Miscelánea» da revista Nós
Lorenzo Fernández, Xaquín: «Nobles que defenderon a raia portuguesa antre o Limia e o Miño no ano de 1762», Nós: boletín mensual da cultura galega: órgao da Sociedade Galega de Pubricacións Nós, 131-132 (novembro-decembro de 1934), 186-187;
Fonte: Biblioteca do Consello da Cultura Galega
Artigo sobre as dornas do Porto do Son na revista Nós
Lorenzo Fernández, Xaquín: «As dornas do Porto do Són», Nós: boletín mensual da cultura galega: órgao da Sociedade Galega de Pubricacións Nós, 126-127 (15 de xuño de 1934), 109-116
Fonte: Biblioteca do Consello da Cultura Galega
Xaquín Lorenzo colabora co seu irmán Xurxo e con López Cuevillas na catalogación dos castros de Galicia
López Cuevillas, Florentino; Lorenzo Fernández, Xurxo; Lorenzo Fernández, Xaquín: «Catálogo dos castros galegos. Núm. II: O coto da Xulleira: (proseguimento)», Nós: boletín mensual da cultura galega: órgao da Sociedade Galega de Pubricacións Nós, 117 (15 de setembro de 1933), 189-200
Fonte: Biblioteca do Consello da Cultura Galega
Xocas é o autor da viñeta que ilustra o artigo de Marvin Chauncey Roos sobre a cruz de Allariz publicado en Nós
Ross, Marvin Chauncey ; [Lorenzo Fernández, Xaquín]: «O esmalte cloisonné da crús de Allariz», Nós: boletín mensual da cultura galega: órgao da Sociedade Galega de Pubricacións Nós, 112 (15 de abril de 1933), 58-60.
Fonte: Biblioteca do Consello da Cultura Galega
Xaquín Lorenzo publica en Nós os seus apuntamentos para o cuestionario sobre etnografía que está a promover o Seminario de Estudos Galegos
Lorenzo Fernández, Xaquín: «Notas pra un cuestionario de etnografía: embarcacións», Nós: boletín mensual da cultura galega: órgao da Sociedade Galega de Pubricacións Nós, 111 (15 de marzo de 1933), 49-52.
Fonte: Biblioteca do Consello da Cultura Galega
Estudo sobre a muller no cancioneiro galego publicado en Nós en tres entregas
Lorenzo Fernández, Xaquín: «A muller no cancioeiro galego», Nós: boletín mensual da cultura galega: órgao da Sociedade Galega de Pubricacións Nós, 98 (15 de febreiro de 1932), 26-30; «A muller no cancioeiro galego: (proseguimento)», 99 (15 de marzo de 1932), 43-48; «A muller no cancioeiro galego: (remate)», 100 (15 de abril de 1932), 65-69.
Fonte: Biblioteca do Consello da Cultura Galega
Recensións de Xaquín Lorenzo na sección «Os homes, os feitos, as verbas» da revista Nós
Lorenzo Fernández, Xaquín: «Armando de Matto: A casa de Mateus», Nós: boletín mensual da cultura galega: órgao da Sociedade Galega de Pubricacións Nós, 93 (15 de setembro de 1931), 171; «As telhas do teu telhado (nota etnográfica) por J.R. Santos Junior», 131-132 (15 de novembro de 1934), 188.
Fonte: Biblioteca do Consello da Cultura Galega
Colaboracións de Xaquín Lorenzo na sección «Archivo filolóxico e etnográfico de Galiza» da revista Nós
Lorenzo Fernández, Xaquín: «Os labregos e o xuez», Nós: boletín mensual da cultura galega: órgao da Sociedade Galega de Pubricacións Nós, 42 (15 de xuño de 1927), 13-14; «O tiricó (orzuelo)», «Contos)», 44 (15 de agosto de 1927), 13; «Un casamento en Lobeira», 58 (15 de outubro de 1928), 186-188; «Apuntes de geografía lexigráfica galega», 71 (15 de novembro de 1929), 205-206; «A lenda da hermida de Aranga», 99 (15 de marzo de 1932), 49; «Do cancioneiro de Borneiro (Cabana)», 108 (15 de decembro de 1932), 229-230; «Papeletas pra un diccionario», 121 (15 de xaneiro de 1934), 14-16; «Notas encol do antroido en Lobeira», 124-125 (abril-maio de 1934), 91-92.
Fonbte: Biblioteca do Consello da Cultura Galega
O primeiro artigo de Xaquín Lorenzo viu a luz na sección «Tribúa aberta» do xornal vigués El pueblo gallego en setembro de 1926
Lorenzo Fernández, Xaquín: «Tribúa aberta: a fala galega», El pueblo gallego: rotativo de la mañana, 1810 (8 de setembro de 1926), 1.
Fonte: Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola / Galiciana. Biblioteca de Galicia.
http://galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/consulta/registro.do?id=10000254980
DOCUMENTACIÓN SOBRE
Especial do centenario de Xaquín Lorenzo da revista Raigame. 2007
«Centenario Xaquín Lorenzo», Raigame: revista de arte, cultura e tradición populares, 27 (novembro de 2007). Accesible en: http://www.ccpxaquinlorenzo.es/index.php?option=com_phocadownload&view=category&id=1%3Arevista-raigame&Itemid=37&lang=es [Descarga: 2022-08-23]
Fonte: Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo.
http://www.ccpxaquinlorenzo.es/
Clodio González escribe sobre a relación de Xaquín Lorenzo con Compostela
González Pérez, Clodio: «Xaquín Lorenzo e Compostela do Seminario de Estudos Galegos ó Museo do Pobo Galego», Raigame: revista de arte, cultura e tradicións populares, 19 (maio de 2004), 25-35
Fonte: Dialnet. Universidad de La Rioja.
https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=5916758 [Descarga: 2022-08-17]
Entrada biobibliográfica de Xaquín Lorenzo na Gran Enciclopedia Galega
González Pérez, Clodio: «Lorenzo Fernández, Xaquín». En Gran Enciclopedia Galega Siverio Cañada. Lugo: El Progreso, 2003; 26, 203-204.
Fonte: Biblioteca do Consello da Cultura Galega
Francisco Fariña Busto lembra a Xaquín Lorenzo nun artigo na revista Raigame
Fariña Busto, Francisco: «Lembranzas de D. Xaquín Lorenzo Fernández», Raigame: revista de arte, cultura e tradicións populares, 9 (decembro de 1999), 80-85.
Fonte: https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=5960819 [Descarga: 2022-08-19]
Sobre Xaquín Lorenzo n'A Nosa Terra: un percorrido pola memoria da terra
«Xaquín Lourenzo, un percorrido apaixonado pola memoria da terra», A Nosa Terra, 396 (20 de xullo de 1989), 16.
Fonte: Consello da Cultura Galega. Mediateca. http://consellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_fd_pub2211_ANosaTerra_0396_19890720.pdf [Descarga: 2022-08-19]
Lembranza de Xaquín Lorenzo n'A Nosa Terra, tras o seu pasamento
González Álvarez, Xosé: «Os meus recordos de D. Xaquín Lorenzo», A Nosa Terra, 397 (27 de xullo de 1989), 15, 19.
Fonte: Consello da Cultura Galega. Mediateca.
http://consellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_fd_pub2211_ANosaTerra_0397_19890727.pdf [Descarga: 2022-08-19]
A semana cultural de Porto, celebrada en abril de 1935, contou cunha ampla representación de membros do Seminario de Estudos Galegos
«Seminario de Estudos Galegos: La semana cultural de Oporto», El pueblo gallego: rotativo de la mañana, 3441 (17 de abril de 1935), 9.
Fonte: Biblioteca Pública Antonio Odriozola / Galiciana. Bibliotea Dixital de Galicia
http://galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/consulta/registro.do?id=3952
Ligazóns de interese
Luz na terra. O Seminario de Estudos Galegos, unha institución de alta cultura, exposición conmemorativa do centenario do SEG. Cidade da Cultura, 4 de xullo de 2023 a 7 de xaneiro de 2024
Fonte: https://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/luz-na-terra-o-seminario-de-estudos-galegos-unha-institucion-de-alta-cultura [Consulta: 2023-08-31]
Sitio web conmemorativo do centenario do Seminario de Estudos Galegos, elaborado polo Consello da Cultura Galega
Fonte: Consello da Cultura Galega
http://consellodacultura.gal/area2.php?arq=4372 [2023-03-08]
O Seminario de Estudos Galegos (1923-1936) en Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia
Fonte: http://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta_aut/registro.do?id=35606 [Consulta: 2022-12-28]
Acceso á publicación Arquivos do Seminario de Estudos Galegos. Galiciana
Fonte: Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta/registro.do?id=401088 [Consulta: 2022-12-30]
Catálogo en liña da exposición Galicia, de Nós a nós, coordinada por Afonso Vázquez-Monxardín e Ana Acuña. Cidade da Cultura, 2 de outubro de 2020 - 17 de xaneiro de 2021
Fonte: https://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/galicia-de-nos-nos
A revista Nós en Galiciana-Biblioteca Dixital de Galicia
Fonte: https://revistanos.galiciana.gal
Biobibliografía de Xaquín Lorenzo no especial dedicado á revista Nós en Galiciana-Biblioteca Dixital de Galicia
Fonte: Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia.
https://revistanos.galiciana.gal/recurso/lorenzo-fernandez-xaquin/8e218db8-39c7-48ce-88e1-9813aded2677 [Consulta: 2022-08-19]
51 páxinas das nosas Letras
Catálogo da exposición organizada polo Parlamento de Galicia en 2013 para conmemorar o 50 aniversario do Día das Letras Galegas
Fonte: Parlamento de Galicia
https://www.parlamentodegalicia.es/sitios/web/Publicacions/51%20paxinas%20das%20nosas%20letras.pdf [consulta: 2022-12-30]
Historia do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, de 1944 a 2004
Pardo de Guevara y Valdés, Eduardo (dir.): O Instituto de Estudos Galegas «Padre Sarmiento»: Sesenta anos ó servicio de Galicia (1944- 2004). Santiago de Compostela: CSIC, Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento (IEGPS), 2005. http://hdl.handle.net/10261/225007
Fonte: CSIC.
https://digital.csic.es/handle/10261/225007
A RAG dedicoulle a Xaquín Lorenzo un número monográfico do Boletín da Real Academia Galega. 365 (2004)
Fonte: Real Academia Galega.
https://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/BRAG/issue/view/28 [Consulta: 2022-08-19]
Xaquín Lorenzo Fernández na páxina web da RAG. Día das Letras Galegas 2004
Fonte: Real Academia Galega.
https://academia.gal/letras-galegas/2004/xaquin-lorenzo-xocas [Consulta: 2022-08-22]
Xaquín Lorenzo na Biblioteca Nacional
Fonte: BNE
https://datos.bne.es/persona/XX1017448.html [Consulta: 2022-08-17]
Entrada biobibliográfica de Xaquín Lorenzo no DB-e da Real Academia de la Historia
Xaquín Lorenzo no Dicionario biográfico CB-e da Real Academia de la Historia
Xaquín Lorenzo na páxina web da RAG, da que foi académico
Fonte: Real Academia Galega.http://consellodacultura.gal/mediateca/admin/fondos-documentais/editar-MM.php?MM=84877 [Consulta: 2022-08-18]
Xaquín Lorenzo Fernández na Galipedia
Fonte: Galipedia.
https://gl.wikipedia.org/wiki/Xaqu%C3%ADn_Lorenzo [Consulta: 2022-08-19]
Xaquín Lorenzo foi presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego
Fonte: Museo do Pobo Galego.
http://museodopobo.gal/gl/o-padroado [Consulta: 2022-08-22]
Web do Museo do Pobo Galego
Fonte: Mueso do Pobo Galego.
http://museodopobo.gal/gl/node/41 [Consulta: 2022-09-15]
Epístolas de
Carta de Xaquín Lorenzo a Lois Tobío Fernández, 1962.
Ourense, 3-X-62
Sr. D. Lois Tobio
Montevideo
Meu querido irmán: Moito tempo fai que non sei direitamente de tí, anque teño noticias por tua irmá, â que vexo de cotío eiquí.
De todos xeitos, un deber de gratitude faime agora escribirche.
A fins do vran viñen dende Lobeira a Ourense pra ollar os dous pirmeiros volumes da Historia da Galiza que tés a teu cargo. Vin o meu traballo e vín tamén a tua man amiga nél. Sei do traballo que che tivo que dar e o ben que de íl saiches. Deus cho pague.
Esta tua colaboración connosco trouxome âs mentes as nosas angueiras no Seminario de Estudos Galegos e lembrei aquiles tempos que xa non voltarán. Entón ainda había cordialidade no mundo e hoxe somentes podemos vivir de aquelas lembranzas.
De novo, que Deus cho pague.
Recibe unha aperta moi forte do teu de cote amigo e irmán
X. Lorenzo [sinatura autógrafa]
[Nota manuscrita a lapis de Lois Tobío, na esquina superior dereita]: Cont. 15-X
Carta de 2 páxinas.
Videos
Antonio Fraguas conversa sobre o Seminario de Estudos Galegos
O 12 de outubro de 1923 un grupo de mozos universitarios trasládanse a Ortoño, parroquia natal de Rosalía, para constituír o Seminario de Estudos Galegos (SEG). Antonio Fraguas incorporaríase ao SEG uns anos máis tarde, en 1928, presentando unha investigación sobre o castro de Soutolongo. Neste vídeo vídeo divulgativo (6´ 32´´) conversa sobre o nacemento do Seminario de Estudos Galegos e os obxectivos cos que se fundou. A peza foi realizada por Acuarela Comunicación en 2019, ano no que a Real Academia Galega lle dedicou o Día das Letras Galegas a Antonio Fraguas.
Fonte: LInguaGalegaTV
https://www.youtube.com/watch?v=R6VmoRrlAys [Consulta: 2023-01-02]
As publicacións do Seminario
O Seminario de Estudos Galegos desenvolveu unha importante produción escrita, nomeadamente no que respecta a achegas científicas, aínda que no seu seo tamén se editaron contribucións literarias. Neste breve vídeo divulgativo (2´ 35´´) o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (IEGPS) ofrécenos unha panorámica das publicacións do Seminario, que testemuñan o firme compromiso deste grupo de intelectuais co uso do galego no ámbito académico e científico.
O reloxo do Seminario
Vídeo divulgativo (2´ 05´´) sobre o reloxo do século XVIII doado ao Seminario de Estudos Galegos (SEG) polo intelectual, político e mecenas galego Juan Arias Sanjurjo. A peza forma parte da serie de vídeos sobre a historia e o patrimonio documental e artístico do SEG, que o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento está a difundir este ano 2023.
Filme O carro e o home. Comarca de Lobeira, 1941
Fonte: youtube.com
IES A Sanqriña da Guarda
Audios
Homenaxe de Galicia a Don Ramón Otero Pedrayo
Publicacións periódicas
Anduriña (1962-) .
Portavoz del Lar Gallego de Sevilla
Libros do ccg sobre Xaquín Lorenzo Fernández
Agasallo de cores para Xaquín Lorenzo.
2004 | Soledad Pite, Coordinación.
Homenaxe realizada polos alumnos/as de plástica e visual de 4º da ESO do IES Rosalía de Castro
O mar terra adentro.
2004 | Xaquín Lorenzo Fernández, Autoría. Xosé Conde Corbal, Ilustración.
Xaquín Lorenzo.
2004 | Xaquín Lorenzo Fernández, Autoría. Tomás Vega, Colaboración.
O fotógrafo
Xaquín Lorenzo, Xocas.
2004 | Xaquín Lorenzo Fernández, Autoría. Cristina Pujales, Transcrición. Rodrigo Romaní, Coordinación. Afonso Vázquez-Monxardín, Limiar.
Homenaxe de Galicia a Don Ramón Otero Pedrayo.
1995 | Afonso Cid González, Locución. Afonso Vázquez-Monxardín, Coordinación. Bea Pérez, Son. Vidal López, Son.
Compostela 3/3/1968
No centenario do Museo Arqueolóxico de Ourense.
1995 | Afonso Cid González, Locución. Afonso Vázquez-Monxardín, Coordinación.
Identidade e territorio: centenario de Otero Pedrayo .
1990 | José Antonio Fernández de Rota, Coordinación. Xosé Manuel González Reboredo, Coordinación.
Actas Simposio Internacional de Antropoloxía (Santiago de Compostela, 10-11-12 de novembro de 1988)