Esta exposición é un agasallo a don Xaquín Lorenzo. O mestre da etnografía galega, ao que lembramos no Día das Letras Galegas do ano 2004, era dono, como xa é ben coñecido, dos segredos do debuxante pero, home do seu tempo, interesouse pola fotografía como instrumento de traballo, como axuda da memoria, como documento e tamén como forma de posibilidades expresivas ou artísticas.
Así se mostrou no seu momento, no outono de 1986, aínda en vida, coa mostra “Galicia a través dun obxectivo”, que percorreu Galicia, a súa Galicia, nos museos e nas escolas, mostrando modos de vida que se transformaban. Daquela xurdiu a proposta de facer outra mostra máis intimista sobre as súas aproximacións fotográficas máis persoais, as dos retratos, das paisaxes e dos ensaios fotográficos.
Hoxe chega a todos nós e para o Consello da Cultura Galega resulta moi grato renovar, unha vez máis ao longo deste ano, a homenaxe e a lembranza do mestre coa presentación desta exposición que acolle a súa obra máis persoal, subliñando unha das múltiples facetas da rexa personalidade de don Xaquín e o seu inmenso amor a Galicia en todas as cousas e nos seus homes e mulleres.

| Título | Xaquín Lorenzo O fotógrafo |
| Autoría |
Xaquín Lorenzo Fernández |
| Colaboración |
Tomás Vega |
| Obxecto de estudo |
Xaquín Lorenzo Fernández |
| Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2004 |
| Edición | 1ª edición |
| Descrición física | 76 p. : fot. (principalmente fot. br. e n.); 23 cm. |
| Notas | Negativos orixinais: Tomás Vega Pato Positivos orixinais: Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense e Tomás Vega Pato. |
| ISBN | 84-95415-92-5 |
| Depósito Legal | OU 176-2004 |
| CCG. Signatura | CCG 2004 269 |
| Url externa | pdf en liña |
| Url externa | Catálogo RBG |
| Evento |
Exposición. Xaquín Lourenzo, o fotógrafo. //. Liceo de Ourense. Ourense |
| Materias | |
| Código QR |
|

![Portada de [Libro creado]](http://www.consellodacultura.gal/mediateca/extras/.jpg)