Enrique X. Macías
Vigo, 1958 - Vigo, 1995Autoría: María del Carmen Lorenzo Vizcaíno
Foi un modelo de creación para moitos coetáneos galegos
Autodidacta, participou de 1980 a 1984 nos cursos de verán de Darmstadt cunha bolsa de estudios do Instituto para a Nova Música. Foi compositor residente nos estudos de música electrónica da Radio Finesa en 1981 e da Academia de Música de Cracovia en 1982, así como compositor invitado do Instituto de Sonoloxía de Utrecht en 1985, do Grupo de Investigacións Musicais de París (INA/GRM) en 1986 e 1988 e no STEIM de Ámsterdam en 1988. Tamén traballou no Espacio Musical de París en 1988.
Entre os premios obtidos pola súa obra cóntanse os de Tribuna Internacional Gaudeamus de Holanda, 1981 e 1984; o “Cristóbal Halffter” en 1983; o primeiro premio en 1984 e o accésit en 1986 do concurso da JONDE; mención de honor do concurso internacional de composición “Fernando Pessoa” de Portugal, 1985; Tribuna de Jóvenes Compositores de la Fundación Juan March, en 1983 e 1987; Panorama de Jóvenes Compositores da ONE en 1987; e segundo premio de composición da SGAE en 1987.
Representou a España na Tribuna Internacional de Compositores da UNESCO (París, 1985) e recibiu encargos de Radio Nacional de España, Fundación Gulbekian de Lisboa, Radio Finesa, Ministerio de Cultura de España, Círculo de Bellas Artes de Madrid, Grupo de Investigacións Musicais de París, Festival Antidogma de Turín, Universidad de Santiago de Compostela, Radio France, Concello de Vigo, Orquestra Sinfónica de Galicia, Ensemble TM+ de París, Festival Internacional de Canarias, etc.
As súas obras foron gravadas para as máis importantes emisoras europeas (RNE, RAI, Radio France, NOS, Radio Finlandesa…) así como programadas internacionalmente.
Durante os seus dous últimos anos de vida tiveron lugar as máis afamadas estreas do seu catálogo: Alias (1994), Itinerario de luz (1994) e Exequias (1995).
Quenes o coñeceron resaltan a súa personalidade irresistible, a súa vasta cultura e a súa inmensa curiosidade. Era o xenio da súa xeración e, dalgún xeito, un modelo de creación para moitos coetáneos galegos.
Macías compuxo cerca dunhas trinta obras no periodo dende 1980 a 1995, prescindindo das obras que el mesmo descatalogou. Descartaba partituras constantemente, seguramente debido ao seu afán perfeccionista, o que tamén deu lugar a que algunhas obras teñan diversas revisións.
Exequias é froito dun encargo realizado polo Concello de Vigo. Estreouse en maio de 1994 en Porto e en Vigo. A obra dura uns 50 minutos e está dividida en sete partes, tres delas epigrafiadas como “cantos da mañá” e outras tres como “glosas”. Entre ambos bloques, unha sección central inspírase nun coral de “A paixón segundo San Mateo” de Bach. Exclusivamente orquestral e sen texto, o conxunto Exequias parece espiritualmente impregnado duns versos do poeta medieval Mendiño sobre as ondas da ría e textos de Mallarmé. Nesta obra decidiu non usar medios electroacústicos, que el tanto utilizou en etapas anteriores e que parece ser que era a vía que decidira tomar no seu futuro, truncado por esas datas.
“e cercaronmi as ondas do mar” Mendiño
“Des paroles inconnues chantèrent-elles sur vos lèvres,
Lambeaux maudits d´une phrase absurde?” Stéphane Mallarmé
Servíndose destas posibilidades potenciais Exequias acaba tamén por converterse nunha notabilísima obra práctica, elaborada polo pintor Carlos Maño e o compositor. Ao longo da historia da arte existiron numerosas colaboracións entre músicos e pintores coma por exemplo Kandinsky con Thomas von Hartmann, quen puxo música ó Sonido amarelo do pintor en 1912 e que formou parte do grupo Der Blaue Rieter.
A peza Exequias, como definiu o propio Macías, é un vasto fresco sinfónico ao xeito dun ciclo dividido en sete partes. Por outro lado atópanse os 27 monotipos realizados por Maño e Macías a partir da obra do compositor. Esta colaboración xorde no entorno do movemento Atlántica (similitude que evoca a Der Blaue Rieter).
Macías e Maño fan un exercicio sintético de recoñecementos e afastamentos do material sonoro. Os monotipos manteñen a hexemonía das referencias rítmicas da composición, sempre actuando con enorme liberdade e xogando á sinestesia, fundamentalmente pola búsqueda dun desenvolvemento plástico rítmico e fragmentario á vez. Créase un equilibrio entre as referencias á composición e á cor que se converten en obxeto de especial atención. O traballo de ambos artistas ofrécenos un punto de vista pouco habitual no noso panorama cultural, aunando dous modos de expresión: música e artes plásticas.

Como citar: Lorenzo Vizcaíno, María del Carmen : Enrique X. Macías. Publicado o 2/4/2012 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=2356. Recuperado o 18/03/2025
Audios
Enrique X. Macías: Exequias. Canto da mañá I. 7:23 min
Artigos Enrique X. Macías
Aviso Listado automático de documentación relacionada con Enrique X. Macías nos fondos documentais en liña ofrecidos polo Consello da Cultura Galega.
MACíAS, E. (5/1980) Política de estilos e aleatoriedade | Nosa Terra, A. (106), 21.
MACíAS, E. (5/1980) Rectificación que o é tamén nosa | Nosa Terra, A. (108), 23.