Pucho Boedo
A Coruña, 4/ 1/1929 - A Coruña, 26/1/1986Autoría: Fernando Fernández Rego
O crooner eterno
Pucho tiña apenas oito anos cando as circunstancias o empuxan cara adiante. Ten que comezar a gañarse a vida desempeñando os traballos que lle van saíndo: vernizador, limpabotas, recadeiro de farmacia, revendedor de entradas de cinema… A música foi a vía de escape que atopou para poder soportar a dor. Esa dor, en certo modo, acompañouno sempre, e definiu unha voz marcada polo sentimento e o sufrimento da alma.
O certo é se lle dá moi ben cantar e pronto destaca. Comeza a cantar a finais da década de 1940 en Radio Juventud e, tras gañar un concurso, é fichado pola orquestra Los Trovadores e despois por Los Satélites, cos que viaxa a Venezuela. Corría o ano 1954, e era a primeira vez que unha orquestra galega actuaba alén do Atlántico. A viaxe estaba patrocinada polo Lar Gallego. A experiencia non sae como eles esperaban, xa que realmente non había contratos, senón actuacións programadas para pagar a estancia e a pasaxe. Aínda que artisticamente a viaxe non saíse ben, serviulles para empaparse e traer posteriormente a Galicia novos ritmos tropicais. Así é como comezou a establecerse esa tradición tropical que continúa vixente hoxe en día en calquera festa ou verbena galega.
A finais da década de 1950 Pucho regresa a Galicia e establécese de novo con Los Trovadores, unha orquestra nese momento de moito prestixio, dirixida por Alfonso Saavedra, con Ángel Paz nos arranxos. Los Trovadores triunfan en Madrid neses anos, actuando en repetidas ocasións nas mellores salas da cidade.
O seu gran carisma fai que a popularidade e a admiración aumenten como a escuma. Eran os tempos das orquestras e estas formacións coruñesas alcanzarían unha importante repercusión tanto nacional como internacional.
En 1958 Prudencio Romo pon en marcha Los Tamara en Noia e pronto entran nos circuítos de actuacións de Francia, Suíza, Alemaña e o Magreb. Tras o abandono en 1961 do cantante principal, Germán Olariaga, Prudencio decide chamar a Pucho para subtituílo. Sería unha decisión realmente acertada xa que con el, Los Tamara acadan o pleno recoñecemento e Pucho converteríase nun crooner infinito, acadando a transcendencia á marxe do tempo e da distancia.
Con Los Tamara realiza intensas xiras internacionais, tendo a oportunidade de triunfar en escenarios moi prestixiosos como no Sporting de Montecarlo ou no Olympia de París, no que chegan a compartir cartel con Jacques Brel e Charles Aznavour. É importante resaltar que ata ese momento o único artista español que pisara o Olympia era Lola Flores.
Logo de múltiples éxitos, Los Tamara deciden inventar o pop en galego. Os contactos coa emigración nos centros galegos de toda Europa, fai que adquiran un compromiso coa terra e co idioma, o que os leva a comezar a gravar cancións en galego. Evidentemente, isto ocasiona problemas coa censura, quedando retidas incluso algunhas das súas gravacións. O seu selo, Zafiro, tamén pon trabas ao emprego do idioma, dubidando de que tivesen mercado. Sen embargo, teñen un grande éxito, o que fai que o selo os apoie.
O seu primeiro longa duración é Na Fermosa Galicia (Zafiro, 1970), traballo integramente en galego no que coidan ata o máis mínimo detalle, especialmente o deseño, realizado con pergamiños do século XIV como base. Trátase dun achegamento á poesía de Rosalía de Castro, Curros Enríquez e Francisco Añón. A súa continuación é Miña Galicia Verde (Marfer, 1974), doce novas cancións nas que se achegan de novo á poesía de Rosalía de Castro e Curros Enríquez e tamén á de Celso Emilio Ferreiro.
En 1976 Pucho Boedo cae gravemente enfermo. Comeza a ter uns problemas renais que o afastan de Los Tamara e dos escenarios. Permanece unha tempada en Palma de Mallorca, apoiado por dous amigos de Betanzos, os exporteiros do Real Madrid e do Atlético de Madrid, Paco Buyo e Amador Cortés.
No ano 1982 Pucho regresa aos escenarios. Decide comezar a súa carreira como solista. Faino de maneira pausada, seleccionando moito os recitais e as actuacións. Só chega a gravar un disco en solitario: Volvendo con Os Tamara (Ruada, 1982), no que segue acompañado polo seu compañeiro Prudencio Romo -responsable dos arranxos e da dirección artística- e tamén por Paco Montero.
O 26 de xaneiro de 1986 morre Pucho Boedo. Un día sinalado na historia da música en Galicia, xa que nel perdemos ao noso crooner eterno. Moitas son as homenaxes que recibe a súa figura, algunhas realmente multitudinarias. E non só en Galicia, tamén en Londres e noutros centros da emigración galega. Incluso Los Tamara deciden reunirse de novo en 1990 para dedicarlle o emotivo Carta a un Amigo (EDIGAL, 1990).
Bibliografía
Fernández Rego, Fernando (2019): Unha Historia da Música en Galicia 1952-2018. Vigo: Galaxia.
Fernández Rego, Fernando (2010): 50 Anos de Pop, Rock e Malditismo na Música Galega. Noia: Toxosoutos.
Como citar: Fernández Rego, Fernando : Pucho Boedo. Publicado o 2/8/2022 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=23842. Recuperado o 07/02/2025
DOCUMENTACIÓN DE
Entrevista a Pucho Boedo con motivo dunha actuación de Los Tamara en Portonovo
Bea Silva, M.: «Actuación de Los Tamara», El pueblo gallego, 18067 (4 de abril de 1973), 16.
Fonte: Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia.
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta/registro.do?id=10000255528 [Descarga: 2022-07-20]
DOCUMENTACIÓN SOBRE
Artigo sobre Los Tamara no Boletín de Instituto de Estudios Vigueses
Costas Duarte, Manuel: «Os Tamara. Precursoras do pop galego», Glaucopis: Boletín de Estudios Vigueses, 25 (2020), 273-296.
Fonte: Dialnet. Universidad de la Rioja
Accesible en https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=8112884 [Descarga: 2022-07-20]
Tese de doutoramento sobre a música popular galega nos anos da transición política, na que se estuda, entre outras figuras da canción, a Suso Vaamonde
Campos Calvo-Sotelo, Javier: La música popular gallega en los años de la transición política (1975-1982): reificaciones expresivas del paradigma identitario. Madrid: Universidad Complutense de Madrid, 2008. [Tese de doutoramento dirixida por Victoria Eli Rodríguez]
Fonte: UniversidadeComplutense
https://eprints.ucm.es/id/eprint/8801/1/T30909.pdf [Descarga: 2023-02-27]
Mención á doenza de Pucho Boedo e á homenaxe que se lle farán en Mallorca
Rei Alvite, Jesús: «Atalaya compostelana», El pueblo gallego, 20087 (13 de xullo de 1977), 17.
Fonte: Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia.
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta/registro.do?id=10000234025 [Descarga: 2022-07-20]
Reportaxe sobre Los Tamara en La noche
«Los Tamara, de vacaciones retribuídas en Galicia», La noche, 14225 (13 de xuño de 1967), 9.
Fonte: Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia.
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta/registro.do?id=10000234025 [Descarga: 2022-07-20]
Pucho Boedo xa é considerado pola prensa unha atracción internacional en 1953
«El grandioso festival del jueves, en Jofre», El correo gallego: Diario político ce la mañana, 2630 (5 de febreiro de 1958), 7.
Fonte: Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia.
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta/registro.do?id=10000325554 [Descarga: 2022-07-20]
Anuncio do restaurante coruñés La Solana da actuación de Pucho Boedo coa súa orquestra. 1953
«La Solana», La noche, 10107 (18 de xullo de 1953), 2.
Fonte: Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia.
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta/registro.do?id=10000234025 [Descarga: 2022-07-20]
Ligazóns de interese
Breve historia da música en galicia no blog Amanece Metrópolis
González San Gregorio, Ángel: «De Pucho Boedo a Novedades Carminha: Un Breve Recorrido por la Historia de la Música en Galicia», amanecemetropolis.net, (25 de decembro de 2021)
Fonte: https://amanecemetropolis.net/de-pucho-boedo-a-novedades-carminha-un-breve-recorrido-por-la-historia-de-la-musica-en-galicia/ [Consulta: 2022-07-08]
«Llanto por el Frank Sinatra gallego», en Público
Fonte: https://www.publico.es/culturas/pucho-boedo-tamara.html [Consulta: 2022-07-13]
Entrevista a Fernando Fernández Rego en El Pais: «De Los Tamara a Emilio José»
Fonte: https://elpais.com/diario/2010/06/10/galicia/1276165103_850215.html [Consulta: 2022-07-07]
«José Pucho Boedo, cantante y compositor» en el País
Fonte: https://elpais.com/diario/1986/01/28/agenda/507250801_850215.html[Consulta: 2022-07-13]
Entrada de Pucho Boedo na Wikipedia
Fonte: https://gl.wikipedia.org/wiki/Pucho_Boedo [Consulta: 2022-07-08]
«30 anos do pasamento de Pucho Boedo... E cada día canta mellor!», Praza Pública
Fonte: https://praza.gal/cultura/30-anos-do-pasamento-de-pucho-boedo-e-cada-dia-canta-mellor [Consulta: 2022-07-13]
Los Tamara, de Fernando Fernández Rego, en La Fonoteca
Fonte: https://lafonoteca.net/grupo/los-tamara/ [Consulta: 2022-07-13]
Videos
Documental sobre Pucho Boedo emitido n'A noite da cultura da RTVG
Fonte: youtube.com
https://www.youtube.com/watch?v=ZT7pQCFUvRQ&t=392s&ab_channel=riuper [Consulta: 2022-07-19]
Pucho Boedo, un crooner na fin do mundo., 1º capítulo do documental escrito e dirixido por Xurxo Souto para TVG e Voz Audiovisual
Fonte: youtube.com
Los Tamara interpretan nun programa da TVE da década de 1960
Fonte: youtube.com qsLXkqmSGC0 [Consulta: 2022-07-19]
Audios
«A Santiago voy», peza musical interpretada por Los Tamara coa voz de Pucho Boedo
«Monólogo do vello traballador», peza musical interpretada por Los Tamara coa voz de Pucho Boedo
Galicia, terra nosa
«O vello e o sapo», peza musical interpretada por Los Tamara coa voz de Pucho Boedo
«Mi tierra gallega», peza musical interpretada por Los Tamara coa voz de Pucho Boedo
«Puerto de Compostela», peza musical interpretada por Los Tamara coa voz de Pucho Boedo
«Unha noite na eira do trigo», peza musical interpretada por Los Tamara coa voz de Pucho Boedo