José Arriola
Betanzos, A Coruña, 14/ 12/1895 - Barcelona, 24/10/1954Autoría: Julia María Dopico Vale
O "Mozart galego": neno prodixio, pianista extraordinario e o máis universal dos nosos compositores
O 14 de decembro de 1895 nace en Betanzos José María del Carmen Francisco Eloy Rodríguez Carballeira, José Arriola, o “Mozart galego”, o neno prodixio cuxas dotes como intérprete ao piano lle valen unha fama que perdura ata a actualidade. Fillo natural de Josefa Rodríguez Carballeira, pertence a unha familia ilustrada e liberal de Ferrol. O seu avó, Francisco Rodríguez Arriola, era notario eclesiástico, procurador do Xulgado de 1ª Instancia de Ferrol e exercera, durante dous anos, como concelleiro da cidade que, nestas décadas, destacaba en Galicia pola actividade cultural e o desenvolvemento das artes.
O pequeno Arriola queda ao coidado da súa tía Aurora, futura nai de Hildegart e fatal protagonista do suceso que un día conmoveu á sociedade do seu tempo. Será ela quen aproxime o neno ao mundo da música e do piano, instrumento para o que mostra asombrosas habilidades, reproducindo melodías que escoita no ámbito familiar con só oílas unha vez e realizando as súas propias creaccións, algo que esperta admiración e asombro no seu entorno. Coñecedora a nai destas facultades, volve a Ferrol procedente poida que de Madrid, ou quizais París, para levar con ela ao pequeno e dar a coñecer o seu talento. Prodúcese aquí a simbiose nai-fillo e o comezo da carreira musical do prodixio que tomará o alcume do seu avó materno, Arriola, para consagrarse no mundo da arte.
Chegan a Madrid en 1899 e, grazas á capacidade de sintonización social da nai, toca na sala de concertos dos señores Montano e en Palacio diante da familia real, obtendo o favor da raíña María Cristina que lle concede unha bolsa de 500 marcos mensuais para estudar en Alemaña, a onde parten tras o paso musical por París e os concertos no palacio Castilla, no Elíseo e na Embaixada Española. En Leipzig comeza a súa primeira formación regular co profesor Herr Dreckendorf, quen lle achega unha sólida técnica e unha lectura musical precisa, o que lle permitirá gozar da música sen ter que escoitala previamente. Arredor de 1902 múdanse a Berlín, a cidade que el considerará o seu fogar, onde recibirá clases de piano do pedagogo e virtuoso pianista español Alberto Jonás e estudará composición con Richard Strauss, quen lle proporcionará o dominio de todas as ramas da teoría musical. Dá un concerto con Arthur Nickisch, o mítico director da Orquestra Filharmónica de Berlín. Obtén un éxito tan clamoroso que lle choverán ofertas para interpretar a música do seu portentoso piano. Toca na ópera de Berlín, no festival de Bayreuth con Toscanini… A crítica considérao o mito musical do século XX. Ofrece un recital na corte do emperador Guillerme II ante toda a familia imperial e é nomeado pianista de Palacio. O seu nome resoa no mundo da música de concerto de Europa, convértese en protagonista en Inglaterra, Países Baixos, Rusia, Milán, Viena... En 1909 realiza unha xira por EEUU programando nas principais cidades e tocando no Carnegie Hall e no Metropolitan. Dá un concerto en California ante vinte mil espectadores e continúa por Cuba, Canadá, Arxentina e México. O mundo aclama ao “Rei do Piano” e el ilumina musicalmente ao mundo.
Lonxe ficaba Ferrol, cidade que reacciona con escepticismo ante o insólito fenómeno Arriola, que non é sempre comprendido. Despois de varias negativas e grazas ás constantes solicitudes á familia, o 14 de outubro de 1911 o mozo Arriola preséntase no Teatro Jofre. É recibido con todos os honores e o pobo ferrolán móstralle cariño, admiración e entusiasmo. En 1914 organízanlle unha nova xira por Europa, pero xa non son os anos gozosos. As sombras comezan a poboar a paisaxe vital do neno prodixio.
A súa nai casara con Amado Eugenio Osorio Zabala, oriúndo da Veiga (Asturias), médico, investigador, explorador e fundador do Instituto Ruber de Madrid. Froito deste matrimonio nacen dúas fillas: Carmen e Pilar Osorio Rodríguez, ambas pianistas precoces e cun futuro prometedor. Unha nova viaxe a España sitúa a Arriola coa súa irmá Carmen tocando no Colexio Alemán a favor de nenos probes e enfermos de Berlín e Viena. En 1919 retorna a Ribadeo onde conecta coa esencia popular, o que resultará para el unha experiencia nova. Organiza concertos nas principais cidades de Galicia: no Círculo das Artes de Lugo, A Coruña, Santiago, Vigo ou Ferrol. A crítica, que desbordaba en eloxios nos primeiros anos, presaxia agora o seu declive.
Para Arriola quedan atrás os anos rutilantes de prodixio e convértese nun pianista extraordinario, mais coma tantos outros. Vivirá en Alemaña a Segunda Guerra Mundial, onde actúa para os dirixentes nazis, a División Azul, as emisoras de radio de Berlín e para os destacamentos militares. A entrada dos rusos sorpréndeo nun refuxio da capital alemá, véndose obrigado a permanecer entre as tropas ocupantes durante días. Obtén racións de alimentos tocando para os soldados a instancias dos oficiais soviéticos.
Remata a guerra e o 3 de maio de 1945 morre a súa nai, trasladándose a saga familiar a Cataluña. En España, despois de todos estes anos, o seu nome resulta descoñecido. Son os últimos tempos como pianista de Arriola, aínda que volveremos ter referencias da súa música en Teherán, onde se instalara a súa irmá Carmen Osorio. En 1954 Arriola vive nun apartamento alugado na rúa Sans de Barcelona. Alí, case esquecido e na máis lamentable miseria, morre aos cincuenta e nove anos.
Ata aquí a vida do intérprete Arriola, unha vida chea de luces e sombras, como acontece coas vidas dos persoaxes da súa singular familia, movidos por grandes paixóns e capaces de xerar a ruína máis devastadora ou a máis vibrante plenitude.
Canto ao Arriola compositor, a historia móstrasenos truncada. Sabemos que dende os tempos infantís a creación ocupou gran parte do seu espazo musical. Con tres anos compón a Habanera Aurora para piano, con vinte a suite tamén para piano Impresións Arxentinas, de clara influencia romántica. Tamén sabemos que a súa discografía, a biblioteca e as abundantes creacións pérdense cando a súa casa en Berlín é bombardeada polas tropas aliadas durante a guerra. Produciuse entón unha destrución irreparable coa que morrería a música de José Arriola de non se dar outra circunstancia inesperada: nas últimas décadas do século XX, Carmen Osorio García regresa a Ferrol despois de traballar como correpetidora de coro e acompañante de piano da Compañía de Ópera de Teherán. Este retorno podería deberse á herdanza da casa materna, situada na rúa Magdalena. No salón da cafetería do xa desaparecido Hostal Ryal reuníase cun grupo de tertulianos ávidos de coñecer e compartir vivencias e experiencias que ela mostraba dunha forma velada, nun exercicio de memoria pero tamén de esquecemento. Tras a súa morte varios documentos, entre eles algunha da música escrita por José Arriola, acabaron nas mans destas amizades. En exercicio de suma de vontades e circunstancias case providenciais, as partituras chegan ao Consello da Cultura Galega, onde prospera un longo proceso de restauración e recuperación que se inicia en 2010 e que se mantén aínda aberto, como demostran as novas achegas da actualidade, enriquecéndose coa gravación do cd José Arriola. Orchestral Music, realizada pola Real Filharmonía de Galicia baixo da dirección do mestre Maximino Zumalave. José Arriola móstrasenos como un dos compositores representativos da Xeración de Prata e entre os galegos, como o máis universal. Unha lenda da memoria colectiva que cobra nova vida coa súa música de natureza posromántica e salvaxemente nostálxica, resistíndose a morrer e expresando, co seu profundo significado e co seu melancólico lirismo, toda unha auténtica revelación.
JOSÉ ARRIOLA. OBRA COMPOSITIVA.
Toda a obra recuperada de José Arriola localízase no Consello da Cultura Galega.
OBRA PARA PIANO
Habanera Aurora. Ano de creación, 1898
Impresiones argentinas. Ano de creación, 1916. Publicadas en Mundial Música.
I. «Una mañana de agosto soleada»
II. «¿Sabes lo que es amar... pero inútilmente?»
III. «Recuerdos lejanos»
IV. «Sueños felices... de los que no vuelven»
V. «Nobles propósitos»
VI. «En medio de la llanura, una capillita aislada»
VII. «Frívola y enérgica»
Hommage a Manuel de Falla. Ano de creación, 1942.
OBRA ORQUESTAL
Divertimento concertante. Ano de creación, 1946
I. Allegro ritmico
II. Lento
III. Presto
Concertino para piano e orquestra. Ano de creación, 1953
I. Allegro ma non troppo
II. Largo
III. Allegretto
Tres textos cervantinos. Ano de creación, 1946
I. «Aquí lloró don Quijote», para Soprano, Barítono, Baixo e orquestra
II. «Mal me guardaréis», para Soprano e orquestra
III. «Marinero soy de amor”, para Barítono e orquestra
Concerto para corno e orquestra. Ano de creación, 1948
I. Deciso
II. Andante Calmo
III. Allegro ma non troppo
Quarteto de cordas. Ano de creación, 1949
I. Andante molto
II. Moderato
III. Allegro giocoso
IV. Finale. Ciaccona. Andante
Seis poesías de Antonio Machado. Ano de creación, 1949
I. «Proemio (Antonio Machado) (Su origen)»
II. «Siempre fugitivo siempre»
III. «Yo voy soñando caminos»
IV. «El casco roído y verdoso»
V. «Interludio (Antonio Machado) (Su ilusión)»
VI. «Una noche de verano»
VII. «La aurora asomaba (El cadalso)»
VIII. «La primavera besaba»
IX. «Epílogo (Antonio Machado) (Su destino)»
PEZAS CURTAS
Die tote Stadt. Balada para soprano e piano
Song. Canción para soprano e piano. Ano de creación, 1948.
Schlichte weise. Melodía para violino e piano
Pequena serenata. Para violoncelo e piano. Ano de creación, 1951.
Lamento. Canción para canto e piano
OBRAS PARA SOPRANO E PIANO E OBRAS PARA SOPRANO E ORQUESTRA.
Soprano e piano
Lamento
Die tote Stadt
How do I love thee?
Song
Soprano e orquestra
Die tote Stadt
How do I love thee?
Song
SEGUNDO CADERNO DE OBRAS PARA PIANO
Bachiana Kleine
Fantasie über den Namen Astrid
Cadencia para o Concerto nº 2 de Beethoven
Cadencia para o Concerto nº 3 de Beethoven
ÓPERA
Filoctetes. Escena lírica segundo o drama de Sófocles.

Como citar: Dopico Vale, Julia María : José Arriola. Publicado o 22/12/2020 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=3395. Recuperado o 01/05/2025
DOCUMENTACIÓN DE
Programa do concerto na Salle Farhangue de Teherán en 1952. Ver Documento
Salle Farhangue de Teherán
Entrevista de Xavier Montsalvatge a José Arriola publicada en Destino en 1946. Ver Documento
Montsalvatge, Xavier: «La alegría que pasó: José Arriola», Destino, Barcelona, 448 (16 de febreiro de 1946), 12.
Fonte: Montsalvatg, Xavier: «La alegría que pasó: José Arriola», Destino, Barcelona, 448 (16 de febreiro de 1946), 12.
Entrevista publicada en La Esfera en 1914 por El Caballero Audaz. Ver Documento
El Caballero Audaz: «Nuestas visitas: Pepito Arriola», La Esfera, Madrid, (8 de xullo de 1914)
Carta de Fanny Garrido a José Arriola, datada en Madrid o 25 de novembro de 1912. Ver Documento. Epístola
Fonte: Real Academia Galega
Marcha militar composta por Arriola en 1899. Ver Documento
Madrid. Esta Marcha militar, didicada da Afonso XIII, foi estreada en Madrid o 31 de decembro de 1899 no concerto do Círculo da Unión Mercantil. Obra en dominio público
DOCUMENTACIÓN SOBRE
Programa do Concerto Arriola celebrado no Consello da Cultura Galega o 17 de decembro de 2020. Ver Documento
Fonte: Consello da Cultura Galega.
https://consellodacultura.gal/
Liña do tempo de José Arriola. Ver Documento
Introdución de Julia María Dopico Vale ao cedé José Arriola 1895-1954: Orchestral Music. Ver Documento
Dopico Vale, Julia María: «José Arriola: A Revelatión = José Arriola: La Revelación». En José Arriola 1895-1954: Orchestral Music. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega; Real Filharmonía de Galicia; 2028; 2-11.
Fonte: Consello da Cultura Galega.
Escrita por J.M. Zamora e publicada en 1900, é a primera biografía de José Arriola.. Ver Documento
Zamora, J. M.: Pepito Arriola. Madrid: Imprenta del Asilo de Huérfanos del S.C. de Jesús, 1900.
Ligazóns de interese
«Nuevamente... Arriola», artigo de Julia Dopico Vale publicado en Diario de Ferrol o 13 de decembro de 2020
Fonte: Diario de Ferrol
https://www.diariodeferrol.com/
«Un concerto e unha nova publicación con partituras inéditas axuda a recuperar a figura de José Arriola», información publicada na páxina web do Consello da Cultura Galega o 16 de decembro de 2020
Fonte: Consello da Cultura Galega.
https://consellodacultura.gal/
Espazo web do Consello da Cultura Galega dedicado ao Concerto Arriola
Fonte: Consello da Cultura Galega.
https://consellodacultura.gal/
Caligrafías musicais: José Arriola, o
Fonte: Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia.Mozart galego, especial do Arquivo Sonoro de Galicia
https://consellodacultura.gal/
Videos
Concertino for Piano and Orchestra: I. Allegro ma non troppo - YouTube
Concertino for Piano and Orchestra: II. Largo
Concertino for Piano and Orchestra: III. Allegretto
Divertimento concertante for 2 Pianos and Orchestra: II. Lento
Seis poesías de Antonio Machado: VII. la aurora asomaba
Seis poesías de Antonio Machado: VIII. la primavera besaba
Seis poesías de Antonio Machado: IX. Epílogo
Tres textos cervantinos: I. Aquí lloró Don Quijote
Tres textos cervantinos: II. Mal me guardareis
Concerto for Horn and Orchestra: I. Deciso
Concerto for Horn and Orchestra: II. Andante calmo
Concerto for Horn and Orchestra: III. Allegro ma non troppo
Vídeo do Concerto Arriola. Consello da Cultura Galega, 17 de decembro de 2020.
Fonte: Consello da Cultura Galega / YouTube.com
Libros do ccg sobre José Arriola
Aviso Listado automático de documentación relacionada con José Arriola nos fondos documentais en liña ofrecidos polo Consello da Cultura Galega.
Arriola. Obra musical II.
2020 | José Arriola, Música. Composición. Joám Trillo, Música. Edición.
Arriola. Obra musical.
2010 | José Arriola, Música. Composición.
Sobre Arriola.
2010 | Luís Mera, Textos. Joám Trillo, Textos. Rafael Úbeda, Textos.