Caligrafías musicais

Caligrafías musicais

José Arriola, “o Mozart galego”.

Caligrafías musicais

Unha conferencia de Luis Mera Naveiras e un concerto da súa obra na conmemoración da súa morte.

O 24 de outubro de 1954 morre en Barcelona José Arriola, pianista prodixio do primeiro terzo do século XX. Con motivo do seu septuaxésimo cabodano, o Arquivo Sonoro de Galicia do Consello da Cultura Galega quere difundir a maxistral conferencia que pronuncia Luis Mera Naveiras na nosa sede o 1 de febreiro de 2006 e mediante a que nos introduce na fascinante vida musical e familiar, intimamente unidas neste caso, do intérprete e compositor Pepito Arriola (Betanzos, 1895-Barcelona, 1954). A Sección de Artes Escénicas, Musicais e Audiovisuais do CCG traballa, dende a primeira década do noso século, na recuperación e difusión da obra de Arriola, grazas á sensibilidade e xenerosidade, entre outros, de Luis Mera, director da revista Ferrol/Análisis. Nos anos 2010 e 2020, a institución publica as partituras inéditas do compositor betanceiro e esta difusión conduce a que sexa recoñecido, xunto con Andrés Gaos, como o máis importante compositor galego da primeira metade do século XX.

As interesantes palabras do conferenciante compleméntanse co concerto que nos ofrecen Julio Mourenza —piano— e Carlos García Amigo —violonchelo—, no que interpretan con excelencia tres das composicións de Arriola.
Esta nova entrega de Caligrafías Musicais é para desfrute tanto de estudosos como de profanos: pola música, polas vicisitudes históricas, polas ramificacións familiares. Escoiten.


Escoita a conferencia "A música e a intimidade na familia Arriola":


Datos do fondo:
Conferenciante: Luis Mera Naveiras
Sinatura: CCGA_2006_001_cd
Duración: 45:24 min.


Escoita o concerto:


Datos do fondo:
Intérpretes: Julio Mourenza (piano) e Carlos García Amigo (violonchelo)
Sinatura: CCGA_2006_002_cd
Duración: 26:39 min.



Ligazóns de contexto:

  • Programa da conferencia-concerto

  • José Arriola no Álbum de Galicia

  • Liña do tempo de José Arriola


  • Publicacións

  • Arriola. Obra musical

  • Arriola. Obra musical II


  • Concertos

  • Recital - Concerto da Real Filharmonía de Galicia con obras de José Arriola. 16 de xuño de 2010 (consellodacultura.gal)


  • Concerto - Concerto Arriola. Xoves, 17 de decembro de 2020 (consellodacultura.gal)