Antonio Toñito
Blanco
Lugo, 1964 - A Coruña, 22/11/1994
Autoría: Nico Campos
O creador a cabalo entre Lloyd Kaufman e Ana Kiro que encandeou a Rubalcaba
Rematando os estudos de xornalismo, Toñito coñeceu a Josito Pereiro e Suso Iglesias. Josito levouno de colaborador para TVE en Galicia no seu programa Canal 13, o que vostede se merece, onde presentaría un concurso, despois do Teleanormal, un informativo humorístico, e a sección do reporteiro Serafín Cordeiro.
Logo chegaría Composteláns, unha serie inspirada en Os Novos, que se emitira na TVG un pouco antes. Composteláns contaba a historia de Serafín Cordeiro, un tipo que comezaba a traballar de asesor na Xunta e necesitaba compartir piso con Toñito, o seu primo e prototipo de estudante badanas, que vivía con Antón (interpretado por Antón Losada), o típico estudante eterno e malencarado. Durante dous meses, todo o equipo de Canal 13 desprazouse ata un piso na rúa da República Arxentina en Santiago, que alugaron para usar de oficina, decorado, estudio e dormitorio, mentres facían os trinta e nove capítulos da serie (que hoxe poden volver verse en YouTube).
Antes de Composteláns, Toñito xa presentara unha sección no programa A Tumba Aberta da TVG. Aquí falaría do mundo do cómic mentres ía saltando de viñeta en viñeta. E na TVG tamén pasou polo departamento de promocións, onde creou un estilo propio e recoñecible do que se seguiría alimentando a cadea durante bastantes anos. Por poñer un exemplo:
Poucas cousas poden acabar cun vampiro… Unha delas é un matrimonio español. Gracita Morales e Jose Luís López Vázquez protagonizan Un vampiro para dous.
Este traballo en promocións sería fundamental para que un par de anos despois fixese a obra que o incluiría nos libros de historia: La matanza caníbal de los garrulos lisérgicos.
Isto non é Texas nin falta que fai
Xunto a Manuel Manquiña e Juanillo Esteban, Toñito fixera un espectáculo chamado Sólos, perdidos y viciosos. E nun día que volvían dunha actuación, falaban da importancia de facer un Rocky Horror Picture Show en Galicia. Unha obra na que homenaxear todas as súas referencias e gustos. E sobre todo, un musical. E aí sentaron as bases para A matanza dos Seixas.
Porque os garrulos lisérgicos comezaron como o primeiro musical gore da historia de Galicia e dos países veciños. E coa base de A matanza dos Seixas, Toñito fixo un proxecto transmedia antes do transmedia e adaptou a obra a película en apenas catro días de peche na súa casa baixo a
estrita dieta de anfetaminas, café negro e Donuts de chocolate.
Para todo este proxecto sabía que Manquiña ía dirixir ao elenco, pero necesitaba a alguén que levase toda a parte técnica, e falou con Ricardo Llovo, colega no departamento de promocións e de andainas varias. Xuntos, e con Manquiña encargándose da parte actoral, formaron a produtora VideoVil, un triunvirato temible, capaz de lograr calquera delirio que se lles podía ocorrer, e tiñan bastante imaxinación.
Josito Pereiro definiu unha vez a Toñito como
un auténtico vendedor de crecepeloe esa habilidade fixo que xuntase a un reparto estelar para a película. Canda Manquiña estaban Juanillo Esteban, Julián Hernández, Silvia Pintos (antes de ser Silvia Superstar), César Strawberry, Teté Delgado ou Luisa Veira. E pola parte técnica, moitísimas compañeiras e compañeiros da TVG que decidiron ir botar unha man cando fixese falta.
E para o financiamento da película, Toñito creou o crowdfunding, cando non existía o crowdfunding. Vendeu uns bonos
VideoVil, que por mil cincocentas pesetas (nove euros de hoxe en día), daba dereito a unha copia da película, que custaría mil novecentas noventa e nove pesetas (uns doce euros). Como conseguirían as copias? Iso era un problema para o futuro…
Tiña a convicción de que as súas ideas non tiñan nada que envexar ás dos creadores máis transgresores e triunfadores do momento, di Ana Cermeño, e con trescentas sesenta mil pesetas (algo máis de dous mil euros) e unha vontade de aceiro, decidiron gravar na Semana Santa de 1993 porque así moitos compañeiros da tele tiñan días libres e podían ir axudar á gravación, que se fixo na casa dos tíos avós de Llovo en Sigüeiro.
Baixo a chuvia deses días, gravaban de oito da mañá a doce da noite, cun cheiro insufrible polas vísceras que se usaban tanto para o sangue, como de atrezzo improvisado para toda a casquería que precisaba a obra. Neses días de rodaxe, cada un viviu aquilo como un inferno persoal. Juanillo Esteban tiña unha farinxite, pasou todos os días con trinta e nove de febre e perdeu catro quilos. Manquiña durmía nunha tenda de campaña para, segundo palabras de Teté Delgado,
non desbravar. César Strawberry lembra que
todo adoecía dunha preocupante falta de planificación, e ao ser unha gravación “pola cara”, ninguén se atrevía a presionar a ninguén para sacar as secuencias adiante. Toñito diría despois:
Fixemos catrocentos planos en catro días, pero esquecemos chamar ao notario do Guiness.
A banda sonora orixinal non foi problema, Siniestro Total ían gravar o seu disco Made in Japan a Memphis, acollidos por Joe Hardy, productor de ZZ Top entre moitos outros, e aproveitaron para incluír no disco «La sierra es la familia», que sería a canción e leitmotiv da película. Hai outro tema , menos recoñecido, dos Diplomáticos de Monte-Alto: «Terra Brava», que inicialmente estaba adicado a Paulino de Chantada, pero que Xurxo Souto decidiu adaptar durante as viaxes que compartía con Toñito e a produtora Casilda Piñeyro no coche de Gayoso cada día mentres ían traballar á TVG.
Sexo, gore e cintas de vídeo
Coas présas que se deron para a gravación, ao rematar pasou unha cousa curiosa:
Cando fixemos a primeira montaxe, démonos conta de que era unha merda, dixo Carlos Soliño, produtor executivo dos Garrulos e, daquela, compañeiro editor de vídeo no departamento de promocións da TVG. Llovo e Toñito discutiron moito durante a edición da película, un quería máis planos detalle e o outro non. E finalmente Toñito pechouse con Soliño un par de días a gravar todos eses insertos sanguinolentos.
Pero ese non foi o único contratempo durante a posprodución. Os bonos
VideoVilimplicaban unhas copias en VHS que custaba facer. Moito máis do que pensaban… E xa non tiñan orzamento. Para que saíse barato había que falar con alguén que estivese acostumado a facer moitas copias. E que industria facía máis copias en VHS naquela época? A pornográfica. E xustamente unha das maiores distribuidoras de pornografía de Europa estaba en Cambre: Papillón Films. Así que o equipo de VideoVil achegouse a falar con eles a ver se había algún acordo ao que puidesen chegar, e dende a distribuidora pedíronlles que fixesen un spot publicitario a cambio das copias necesarias para cumprir cos compromisos.
O 27 de outubro de 1993 estreouse mundialmente La matanza caníbal de los garrulos lisérgicos na IV Semana do Cine Fantástico e de Terror de San Sebastián cun éxito incontestable. Tamén van ao Festival de Sitges, e tamén outro éxito. Naquel momento Toñito era parte do triunvirato que estaba renovando o fantástico español, xunto a un Álex de la Iglesia que presentaba Acción Mutante e un Santiago Segura que facía as curtametraxe de Evilio, a anos luz dos filmes que fai hoxe en día.
Nun festival de Sitges, Toñito lembraba ver como Lloyd Kaufman, produtor e dono da Troma Entertainment que nos daría O vengador tóxico, ía regalando bolígrafos e merchandising das súas obras, decidiu ir sempre con copias dos Garrulos para vender ou regalar, se fixera falta.
Iso tamén o facía Ana Kiro, lembra Ricardo Llovo,
que ía cos casetes no maleteiro do coche a todas partes. Pero o caso é que funcionou. La matanza caníbal de los garrulos lisérgicos foi a primeira película galega con copias nos cinco continentes. Non hai moito, ata había edición
remasterizadaen DVD pirata nos Estados Unidos.
Para min foi impactante descubrir que existía unha película feita en Galicia que bebía e parodiaba as mesmas películas que eu devoraba, lembra o director de cine Javi Camino:
Para chegar a moitos destes títulos, tiñas que coñecer afeccionados en foros de cinema fantástico e despois intercambiar copias pirata por correo postal. E así chegou ás miñas mans a primeira copia da matanza, nunha cinta de 180 minutos na que tamén estaba gravada Os pallasos asasinos do espazo exterior, lémbrome perfectamente porque case non chegaba o espazo da etiqueta para poñer os dous estrafalarios títulos.
Gore na Moncloa
Por desgraza, Toñito morreu un ano e pouco despois da estrea da película, un 22 de novembro do 1994, por culpa da droga. Quedamos sen un artista incomparable e inclasificable, que deixou unha marca indeleble en Galicia, non só polos garrulos lisérxicos ou por Composteláns, senón incluso no que ía ser o seu seguinte traballo, un espazo
contenedorpara a TVG, que ía dirixir Suso Iglesias. Chamábase Xabarín Club. Alí estaban Ricardo Llovo facendo videoclips, Carlos Soliño de montador de vídeo, Julián Hernández encargándose da música, e Toñito ía presentar unha sección de cómics, cun personaxe creado para el, o Capitán Araña, que non puido chegar a facerse, e Carlos Portela transformouno no Doutor TNT, ao que acompañaba Silvia Superstar. E o Capitán Araña, polo menos quedou nunha canción que gravou Def Con Dos para o programa en homenaxe a esta parte da nosa historia.
Unha historia que chegou á Moncloa. En 1995, nunha rolda de prensa, preguntáranlle a Alfredo Pérez Rubalcaba, daquela portavoz do gabinete de Felipe González, se era certo que o Goberno estaba pedindo que se emitiran películas de terror por televisión, e Rubalcaba, usando toda a sorna posible, dixo que sobre todo estaban pedindo que se emitise La matanza caníbal de los garrulos lisérgicos porque
é un cine de alta calidade estética. Ante estas declaracións, Ana Cermeño escribiulle para contarlle todo o que pasara con Toñito e a súa recente morte:
Rubalcaba chamoume, non vira a película, e confesoume que lle tiña ganas, e que ademais falara con persoas do seu gabinete e do goberno e andaban todos coa intriga, así que mandeille a película. Pero iso non foi todo:
Tempo despois coincidimos, lembreille a anécdota e díxome que a película era brillante, enxeñosa, e falou do ácido humor da cinta. Rubalcaba tiña a pena de que a cinta pasara de man en man e perdéraa. Eu herdara unha bolsa que Toñito deixara na miña casa cun feixe de cintas, e non vin mellor destino para elas que Moncloa.
E así, un rapaz da Coruña conseguiu que houbese gore na Moncloa.
[Nota do autor: Este artigo foi escrito a medias para o Álbum de Galicia e a revista Luzes]
Agradecementos
A Josito Pereiro, Suso Iglesias, Antón Losada, Ana Cermeño, Julián Hernández, Manuel Manquiña, Juanillo Esteban, Ricardo Llovo, Bea Llovo, César Strawberry, Pepe Coira, Silvia Superstar, Javi Camino, Teté Delgado, Luís Sendón e Tonecho Otero de Matanza Caníbal Zine.
Bibliografía
Blanco Rodríguez, Antonio (2001): Textos de varios tipos. Lugo: Tris Tram.
Sendón, Luís e Otero, Tonecho (2018): Matanza Caníbal Zine.
Campos, Nico (2013): Toñito Blanco: Só, perdido e vicioso (Documental).
Como citar:
Campos, Nico :
Antonio Toñito
Blanco. Publicado o 20/11/2024 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=35732. Recuperado o 14/11/2025
DOCUMENTACIÓN DE
Páxinas 54 e 55 do guión mecanoscrito do filme A matanza caníbal. 1993. Ver Documento
Fonte: Matanza Caníbal Zine.
Texto asinado por Toñito Blanco no pressbook de La matanza caníbal de los garrulos lisérgicos. 1993. Ver Documento
Fonte: Matanza Caníbal Zine.
DOCUMENTACIÓN SOBRE
«Un adulto en la sala», artigo de Luis Ventoso na edición dixital de ABC, (11 de maio de 2019). Ver Documento. Artigo
Fonte: ABC
«Blanco & Campos, retratos dun tempo estimulante», artigo publicado na web da Academia Galega do Audiovisual o 24 de novembro de 2015. Ver Documento. Artigo
Fonte: Academia Galega do Audiovisual.
https://www.academiagalegadoaudiovisual.gal
«Como la matanza de Texas pero con boina», artigo de Javi Camino para o boletín dixital Vice. Publicada o 30 de xaenrio de 2014, inclúe unha entrevista con Nico Campos, director do documental Toñito Blanco, só, perdido e visioso. Ver Documento. Entrevista
Fonte: Boletín Vice.
https://www.vice.com
«A Coruña rinde tributo al cine gore de Toñito Blanco: El Freakemacine conmemora los veinte años del estreno de La matanza caníbal e invadirá de zombies la ciudad», artigo de Alfonso Pato. El País, (20 de setembro de 2013). Ver Documento. Artigo
Fonte: El País
Libro branco de cinematografía e artes visuais en Galicia. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, Sección de Artes Plásticas, 2004. Ver Documento. Libro
Fonte: Consello da Cultura Galega.
Eduardo Galán, Suso Iglesias e Pepe Coira escriben o limiar do libro de
Fonte: Bibliotecas Municipais da Coruña / FancomicToñitoBlanco Textos de varios tipos. Lugo: Tris Tram, 2001. Ver Documento. Extracto de libro
https://fancomicbiblios.wordpress.com/
O xornal A Nosa Terra recolle a proxección na sala Nasa do filme A matanza caníbal dos garrulos lisérxicos. Ver Documento. Noticia
Fonte: A Nosa Terra / Consello da Cultura Galega.
Noticia do falecemento de Toñito Blanco en El país, (22 de novembro de 1994). Ver Documento. Noticia
Fonte: El país
Publicidade de man de VídeoVil para a estrea da película La mantanza caníbal de los garrulos lisérgicos. Ver Documento
Fonte: Matanza Caníbal Zine
Folla voandeira de promoción da película La matanza caníbal de los garrulos lisérgicos. 1993. Ver Documento
Fonte: Matanza Caníbal Zine.
Ligazóns de interese
Acceso ao documental Toñito Blanco: só, perdido e vicioso
Fonte: Televisión de Galicia.
https://www.agalega.gal/
Rodaxe da película de Antonio Blanco e Ricardo LLovo La matanza caníbal de los garrulos lisérgicos, no programa pasou o que pasou da TVG, (17 de abril de 1993)
Fonte: TVG. Pasou o que pasou.
https://pasouoquepasou.crtvg.gal
Espazo web de Toñito Blanco en Fancomic
Fonte: Fancomic.
https://fancomicbiblios.wordpress.com/
«Televisión de culto. 5 razóns polas que deberías ler este libro esquecido», artigo de Matías Tarrío sobre esta obra de Toñito Blanco que reivindica a ficción feita para a televisión no século XX, (5 de marzo de 2019)
Fonte: Paza Pública
https://vinte.praza.gal/
«Antonio Blanco: el director español detrás de El Pico», artigo de Xermán Rodríguez na publicación dixital Treintaycinco mm, (6 de xullo de 2020)
Fonte: https://35mm.es/
«La pasión de Toñito Blanco: 25 años de la matanza más punk», artigo de Aida L. Rosell na publicación dixital Segundo Premio, (28 de marzo de 2018)
Fonte: segundopremio.com
«Cineuropa e a AGA lembran a Toñito Blanco e Chichi Campos nunha sesión especial do festival», artigo na web da Academia Galega do Audiovisual, (20 de novembro de 2015)
Fonte: Academia Galega do Audiovisual.
https://www.academiagalegadoaudiovisual.gal
«Toñito Blanco, 20 anos despois da 'Matanza Caníbal'», artigo de Marcos Pérez Pena en Praza.gal, (21 de setembro de 2013)
Fonte: Praza pública
https://praza.gal/
Canle en YouTube de Composteláns, serie emitida pola TVE en Galicia no ano 1989
Fonte: Composteláns / YouTube.com
Ficha do programa A tumba aberta en AVG: soportal do audiovisual galego
Fonte: Consello da Cultura Galega. AVG.
https://culturagalega.gal/avg/
Información do documental de Nico Campos, Toñito Blanco: só perdido e vicioso na Filmoteca de Galicia
Fonte: Filmoteca de Galicia.
https://filmotecadegalicia.xunta.gal
Nova sobre a publicación do fanzine Matanza caníbal en Fantcast, (9 de outubro de 2018)
Fonte: Fantcast.
https://fantcast.blogspot.com/
A matanza caníbal dos garrulos lisérxicos na Galipedia
Fonte: Wikipedia. https://gl.wikipedia.org/
Videos
Coloquio sobre A Matanza caníbal dos garrulos lisérxicos, no que participan Ricardo Llovo, Silvia Superstar e Nico Campos. CutreCon, 25 de febreiro de 2022
Fonte. Moviementarios / YouTube.com
Antonio
ToñitoBlanco fala sobre a historia de Batman no programa A tumba aberta, emitido un 19 de outubro de 1987
Fonte: Televisión de Galicia / YouTube.com
Santiago Segura e Toñito Blanco falan da película A matanza caníbal de los garrulos lisérgicos para Gorevisión en 1994
Fonte: M0n0$tere0 / YouTube.com
Def con Dos interpreta «Capitan Araña» para o Xabarín Club
Fonte: Canle xanelasxp / YouTube.com
Acceso en YouTube ao filme La matanza caníbal de los garrulos lisérgicos, 1993 (castelán)
Fonte: Canle Merluzo Sideral / YouTube.com Acceso ao documental Toñito Blanco: só, perdido e vicioso
Fonte: Televisión de Galicia.
https://www.agalega.gal/ Rodaxe da película de Antonio Blanco e Ricardo LLovo La matanza caníbal de los garrulos lisérgicos, no programa pasou o que pasou da TVG, (17 de abril de 1993)
Fonte: TVG. Pasou o que pasou.
https://pasouoquepasou.crtvg.gal






















