Material
Filomena Dato en Ourense
Descrición
Filomena Dato e Sofía Casanova tiveron unha estreita amizade e dedicáronse poemas mutuamente. Foto ao pé da ponte romana de Ourense na homenaxe a Curros en 1913. De esquerda a dereita Hermida, Lustres Rivas, García Martí, Sofía Casanova, Rey Soto, Filomena Dato, Fernández Mato, López Aydillo, Docampo, Domínguez Yrantes e López, o canteiro autor do monumento.Fonte: Allegue, Gonzalo. Galicia o oficio de vivir. O mar, a terra, a cidade. Vigo: Nigra Trea, 1998, 285. Procede de: Vida Gallega, 1913


