A viúva de Alonso de Lanzós reivindicou para as súas fillas os bens que lles pertencían por herdanza do pai e de dona Beatriz de Castro. / Documento/ FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Documento

Material

A viúva de Alonso de Lanzós reivindicou para as súas fillas os bens que lles pertencían por herdanza do pai e de dona Beatriz de Castro.

O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Por favor descarga o documento aquí.
Descrición
No Archivo General de Simancas consérvase una comisión outorgada a don Diego López de Haro, gobernador e xustiza maior de Galicia, así como ao doutor Sancho García del Espinar e ao licenciado Antonio Cornejo, alcaldes maiores, a petición da viúva de Alonso de Lanzós –como procuradora das súas fillas– con motivo da reclamación duns bens que lle tomara don Pedro Álvarez Osorio, o defunto conde de Lemos, ao seu marido e a dona Beatriz de Castro e que lles pertencían por herdanza ás fillas de Alonso de Lanzós. Grazas a documentos coma este, podemos chegar a coñecer os avatares polos que pasou o patrimonio de dona Beatriz, tanto antes como despois do seu falecemento.

Fonte: Archivo General de Simancas, RGS, LEG,149009,113;
http://pares.mcu.es/ParesBusquedas/servlets/Control_servlet?accion=4&txt_accion_origen=2&txt_id_desc_ud=1622219
Metadatos