A froita / Audio. Voz. Recitado/ FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

O equilibrio dos extremos

Material

O equilibrio dos extremos

A froita

Detalle
A froita que decide conservar e a que desbota cada quen
cando pela a froita,
sobre todo cando o fai con garfo e coitelo
elegantemente,
non debería estar á vista
dos outros comensais.

Debería ser tan privado
o que se escolle e o que se rexeita.
Debería ser privado
o acto de determinar o límite
sobre as cousas que se levan á boca.

E ás veces hai alguén que pregunta
–como non comes iso–
alguén que xulga as cousas
–iso non ten ningún mal–
que decido levarme á boca.

Tamén na boca gardo os poemas
e xúlgoos
en privado.
Xulgo o que debería dicir
e o que debería tragar,
establezo o límite entre as partes sas
e as partes enfermas do poema,
entre as partes doces do poema
e as amargas,
entre as partes maduras do poema
e as outras partes do poema
secas
e duras.

Ese xogo de extremos.
Metadatos
  • autoría:
  • recitador/a:
  • Data: 21/03/2021
  • Tipo de material: Audio. Voz. Recitado
  • Ficha descriptiva:
    Gravación de audio de poetas recitando