Especial

A muller galega. Estereotipos e crítica

Este especial nace coa intención de pór o foco en estudos que toman como obxecto de estudo mulleres en diferentes ámbitos de actividade social e cultural e que teñen como pano de fondo Galicia. As imaxes, documentos de interese, rexistros sonoros e ligazóns web dan forma a un conxunto que vai desde 1880 ata 2025, e permiten facer un percorrido polos camiños andados ata a actualidade desde diferentes áreas de coñecemento e perspectivas de análise. Son máis numerosas as referencias antropolóxicas e etnográficas, pero tamén se recollen traballos realizados desde a historia, a socioloxía ou a filosofía. Unha parte das achegas están elaboradas desde olladas críticas, incluídas as feministas, outras dan conta da permanencia de lecturas estereotipadas sobre a cultura, a etnicidade, os sexos, as mulleres, as sexualidades, as clases ou os roles de xénero.
Imaxes
Audios
Relatorio pronunciado o 16 de outubro de 1959 en homenaxe ás nais, sobre todo galegas. Defende o matriarcado galego e destaca o rol das mulleres como nais, as que define como “auténticas” educadoras e transmisoras de valores. Ao longo da intervención fai empregue de citas en prosa e verso.
0:00 / 0:00