Xornada - Lingua, medios públicos e dobraxe. Perspectivas dun modelo cambiante. Xoves, 3 de maio de 2018

Lingua, medios públicos e dobraxe. Perspectivas dun modelo cambiante

Xornada

Lingua, medios públicos e dobraxe. Perspectivas dun modelo cambiante

Xoves, 3 de maio de 2018
Santiago de Compostela
Xornada

Lingua, medios públicos e dobraxe. Perspectivas dun modelo cambiante

Xoves, 3 de maio de 2018 Santiago de Compostela

Os medios de comunicación públicos, como actores comunicativos, canles culturais e instrumentos de formación lingüística no ecosistema mediático, desempeñan un papel central na normalización da lingua galega e na difusión da cultura propia de Galicia. Desde o comezo das súas emisións, a TVG e a Radio Galega empregan o galego nas súas emisións e asumen un cometido relevante na comunicación mediada tecnoloxicamente en lingua propia. Pola súa banda, un conxunto de emisoras municipais, agrupadas en EMUGA, e a propia RTVE en Galicia deron pasos para contribuír a normalizar o uso do galego nos medios de comunicación de titularidade pública.


Esta xornada pretende analizar o panorama actual do emprego do galego nestes medios públicos, con análise das diferentes dimensións, e os desafíos que aínda están pendentes. Entre estes, préstase especial atención á dobraxe, un instrumento fundamental na normalización lingüística que, en boa medida, está relacionado cos medios públicos e coas súas políticas neste campo.


O programa da xornada conta con expertos e representantes do sector a fin de poñer sobre a mesa posibles actuacións para avanzar no emprego do galego nos medios e, sobre todo, para mellorar os procesos de normalización lingüística na sociedade rede.

Ficha técnica 
Xornada
Lingua, medios públicos e dobraxe. Perspectivas dun modelo cambiante
Cando
Xoves, 3 de maio de 2018
Onde
Santiago de Compostela
Lugar

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205

Coordinación
Xosé López García
Xosé Ramón Pousa
Dolores Vilavedra
Autoría
Håkan Casares
Xerardo Couto
Ana Isabel Maciñeiras Veiga
Javier Marzal
Xoán Montero Domínguez
Paulino Novo
Henrique Sanfiz
Inauguración
Ramón Villares
Relator/a
Rafael Cid
Luz Méndez
Organiza
Sección de Lingua, Literatura e Comunicación (CCG)
Ámbito
Observatorio da Cultura Galega (CCG)