Encontro - VI Encontros para a Normalización Lingüística. 14 e 15 de outubro de 2002

VI Encontros para a Normalización Lingüística

Encontros para a normalización Encontro

VI Encontros para a Normalización Lingüística

14 e 15 de outubro de 2002
Santiago de Compostela
Encontro
Encontros para a normalización

VI Encontros para a Normalización Lingüística

14 e 15 de outubro de 2002 Santiago de Compostela
Neste momento de inflexión no devir da lingua galega, onde se están a xestar importantes proxectos e documentos que serán sen dúbida decisivos para o seu futuro, cómpren máis ca nunca foros de debate e discusión que promovan climas de consenso social e político. Na súa VI edición, os Encontros para a Normalización Lingüística ofrecen a todas as persoas implicadas no proceso de normalización do noso idioma a oportunidade de achegarse a novas fórmulas e técnicas de traballo no eido da planificación lingüística. Así mesmo, conscientes de que achegarse a outras realidades lingüísticas afíns é sempre un esforzo enriquecedor, como xa vén sendo habitual en pasadas edicións, volvemos compartir experiencias con estudiosos doutras linguas que conviven connosco no espacio europeo (as linguas do leste, por exemplo), aproveitando tamén a ocasión para vérmonos a nós mesmos desde o outro lado do espello: o galego estremeiro.