6. Ana Abad Carlés e a danza no século XXI

Os xoves (RE)PENSAMOS

6. Ana Abad Carlés e a danza no século XXI

Os xoves (RE)PENSAMOS

Os xoves (RE)PENSAMOS
Santiago de Compostela
Ciclo en liña
U-las mulleres? Cando se observa o acontecido nas artes ao longo do século xx, é doado reconecer unha pauta no xeito en que as mulleres atoparon o seu camino de forma lenta, mais obstinada, nos diferentes medios artísticos. O camiño é longo e difícil de seguir e a realidade amosa que, malia que as mulleres se introduciron de maneira importante nestes sectores profesionais, continúan a ser unha minoría nos seus postos de liderado. A investigadora ANA ABAD CARLÉS recorre a unha frase da coreógrafa Cathy Marston cando, ao falar da súa carreira, afirma que estaba escavando túneles para as xeracións futuras. Así, explica: “Máis unha vez, a artista ha de escavar un túnel que, malia ter sido escavado moitas veces con anterioridade, volveu ser tapado tan pronto como chegou ao seu final. O sentido de continuidade histórica desaparece e á muller tócalle empezar de novo desde o principio. Seguindo aquelas palabras xa citadas doutra gran pioneira, Martha Graham, ela ten que atopar o seu propio baile. Ana Abad analiza, mediante entrevistas e distintas fontes estatísticas, a escasa presenza actual das mulleres na danza en ámbitos como a coreografía e dirección e incide na necesidade de coñecermos o traballo, negado e ocultado, de creadoras precedentes para lograr aquilo que con extraordinaria lucidez defendeu Virginia Wolf en A Room of One’s Own (Un cuarto de seu) (1929): Non podemos comprender o presente se o separamos do pasado. Se queremos entender o que estamos a facer agora […] debemos esquecer que somos, por agora, nós mesmas. Debemos converternos na xente que fomos hai dúas ou tres xeracións". Porque “Para comprender a realidade actual é necesario pensar no destino que tiveron esas xeracións de coreógrafas que abriron e continuaron caminos durante o s. xx. Ao mesmo tempo que a súa carreira e obras desaparecían das páxinas da historia, a súa posición como modelos para as futuras xeracións foi perdendo forza. Quizais os seus camiños non fosen continuados polas xeracións actuais ao se esqueceren os seus puntos de vista e as súas posicións dentro do contexto da danza do século pasado”.


Escavando túneles: A danza nos albores do século XXI.

ANA ABAD CARLÉS
LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n 15705
Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax.: 981 957 205
MAÍS INFORMACIÓN
As circunstancias extraordinarias que estamos a vivir obrígannos a repensar e a repensármonos. Por iso, neste tempo de confinamento en que non nos podemos xuntar para Pensarmos presencialmente no Consello da Cultura Galega cada terceiro xoves de mes, imos ir ofrecendo semanalmente a visión de distintos pensadores e pensadoras sobre temas de actualidade diversa para irmos construíndo coñecemento e suscitando o necesario debate. Para isto aproveitaremos os contidos do segundo volume de O(s) sentido(s) da(s) cultura(s) que acaba de ver a luz. Ao texto escrito sumaremos as gravacións das conferencias que inclúen os debates a que deron lugar, en interacción co público, entre o que se conta un selecto grupo de convidados e convidadas que tiñan acceso previo aos textos e opinión meditada. Nestes días en que conmemoramos o Día Mundial da Danza traemos á investigadora Ana Abad Carlés, quen nos falará da danza nos albores do século XXI e da necesidade de que "ela atope o seu propio baile".
Ficha técnica 
Ciclo en liña.
Os xoves (RE)PENSAMOS
6. Ana Abad Carlés e a danza no século XXI
Os xoves (RE)PENSAMOS
Cando
Os xoves (RE)PENSAMOS
Onde
Santiago de Compostela
Enderezo

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n 15705
Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax.: 981 957 205

Participante
Ana Abad Carlés
María Xosé Agra Romero
Ramón Máiz Suárez
Organiza
Consello da Cultura Galega
Sección de Pensamento (CCG)