Xornada - PERSPECTIVAS ATLÁNTICAS NA TRANSCULTURACIÓN MUSICAL DO SÉCULO XX. Martes, 22 de febreiro de 2022

PERSPECTIVAS ATLÁNTICAS NA TRANSCULTURACIÓN MUSICAL DO SÉCULO XX

Xornada

PERSPECTIVAS ATLÁNTICAS NA TRANSCULTURACIÓN MUSICAL DO SÉCULO XX

Conmemoración do centenario do nacemento do compositor galego-arxentino Carlos López García-Picos (1922-2009)

Martes, 22 de febreiro de 2022
Santiago de Compostela
Xornada

PERSPECTIVAS ATLÁNTICAS NA TRANSCULTURACIÓN MUSICAL DO SÉCULO XX

Conmemoración do centenario do nacemento do compositor galego-arxentino Carlos López García-Picos (1922-2009)

Martes, 22 de febreiro de 2022 Santiago de Compostela
A realidade migratoria de Galicia durante o século XX trae consigo unha riqueza na transculturación da que o ámbito musical non é alleo. Nesta xornada, realizada co gallo do centenario do nacemento do compositor galego-arxentino Carlos López García-Picos, abordarase dende distintos enfoques o tema de música e emigración, co océano Atlántico como nexo comunicativo.

O compositor betanceiro integrouse plenamente na vangarda musical arxentina e aparece paralelamente como referente do galeguismo bonaerense. Igual ca moitos outros creadores musicais migrantes, transitou na ubicua disxuntiva de tradicionalismo ou vangarda. Polo tanto, temas colaterais como o asociacionismo migratorio, os coros, o asociacionismo musical, a nostalxia da terra abandonada ou os retornos a Galicia percorrerán os contidos desta xornada.

A primeira parte correspóndese cunha contextualización xeral dos músicos galegos na emigración americana a cargo do catedrático de Música da USC Carlos Villanueva. E continúa cunha conversa a tres entre María Fouz Moreno, María del Carmen Lorenzo Vizcaíno e Javier Ares Espiño, na que a confrontación das figuras de Isidro Maiztegui e Carlos López García-Picos porá o foco no galeguismo musical bonaerense.

Co obxectivo de visibilizar o patrimonio cultural galego no eido musical articúlase a segunda parte desta xornada, que está destinada á presentación da publicación editada polo Consello da Cultura Galega Obra para violín e violonchelo de Carlos López García-Picos. Este conxunto de repertorio para corda forma un corpus singular no ámbito da creación musical de compositores galegos de mediados do século XX e contou coa coidadosa transcrición de Joám Trillo. O peche musical realizarase coa interpretación de dúas obras contidas na citada publicación e que conectan a figura do creador betanceiro con algún dos seus coetáneos na quinta provincia galega, como o son os dous persoeiros aos que dedica as composicións: Eduardo Blanco Amor e con Isaac Díaz Pardo.
Ficha técnica 
Xornada
PERSPECTIVAS ATLÁNTICAS NA TRANSCULTURACIÓN MUSICAL DO SÉCULO XX
Conmemoración do centenario do nacemento do compositor galego-arxentino Carlos López García-Picos (1922-2009)
Cando
Martes, 22 de febreiro de 2022
Onde
Santiago de Compostela
Lugar

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205

Relator/a
Javier Ares Espiño
María Fouz Moreno
María del Carmen Lorenzo Vizcaíno
Teresa Morales Diego
Carlos Villanueva
Organiza
Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega
Sección de Artes Escénicas, Musicais e Audiovisuais (CCG)