Encontro Vidas Paralelas
Rebeca Blanco-Rotea e André Teixeira
Lisboa, 13 de maio de 2024
Lisboa
17:00 horas
Vidas Paralelas
Rebeca Blanco-Rotea dialoga con André Teixeira
Rebeca Blanco Rotea (Vigo, 1973) Investigadora auxiliar de carreira no Laboratorio de Paisaxes, Patrimonio e Territorio (Lab2PT) da Universidade de Minho (Portugal), investigadora colaboradora en Incipit (CSIC, España) e en GI Síncrisis da USC (España). Anteriormente, traballou como investigadora postdoutoral I2C na USC dentro dos programas de Axudas á Formación Postdoutoral da Xunta de Galicia, e como investigadora contratada para o proxecto "Early Medieval Churches: Historia, Arqueoloxía e Patrimonio" (EMCHAHE), Marie Curie Career Integration Grant (Grant agreement - PCIG12-GA-2012-334068) da Axencia Europea de Investigación (IP José Carlos Sánchez Pardo) entre xaneiro de 2014 e xuño de 2016, entre outros traballos que alternou, principalmente entre a Universidade de Santiago de Compostela e o CSIC.
Dende o ano 2016 ao 2024 coordinou a Sección de Patrimonio e Bens Culturais do Consello da Cultura Galega, onde dirixiu diversas comisións centradas en temas patrimoniais. Formouse como historiadora da arte e arqueóloga na USC, doutourouse pola Universidad del País Vasco (Premio Extraordinario, 2017), coa tese "Arquitectura y paisajes fortificados entre Galicia y Portugal durante la Guerra de Restauración (1640-1668)".
As súas liñas de investigación son as arquitecturas e as paisaxes históricas, especialmente fortificadas e eclasiásticas, a xestión integral do patrimonio e a socialización patrimonial. Dende a súa incorporación ao Lab2PT as súas tres liñas de investigación principais son: 1. Espacizo construídos e modelos metodolóxicos; 2. Paisaxes culturais e sociedade; 3. Xestión e socialización do patrimonio.
André Teixeira (Lisboa, 1977), cursou a licenciatura de Historia (1999) e Arqueoloxía (2005) na Universidade Nova de Lisboa, onde realizou o Master na especialidade de Historia (2002), así como o Doutoramento, tamén en Historia (2010), dedicado ao estudo da presenza portuguesa no territorio de Baçaim (Mumbai, India).
Entre 2004 e 2007, foi asistente na Universidade Católica Portuguesa. Desde 2010, é profesor no Departamento de Historia da Faculdade de Ciencias Sociais e Humanas da Universidade Nova de Lisboa, onde dirixiu o Master en Arqueoloxía (2012-2023), e foi membro do Consello Científico desta faculdade, entre 2018 e 2022. Entre 2003 e 2012, foi membro da Dirección do CHAM – Centro de História de Além-Mar da Universidade Nova de Lisboa.
No dominio da arqueoloxía, desenvolveu varios proxectos de investigación en xacementos medievais e modernos portugueses, como os castelos de Penamacor, Castelo Novo e Almeida, e tamén en antigas cidades portuguesas do Norte de África (Azemmour, Safi, Ksar Seghir e Ceuta) e de Cabo Verde (Ribeira Grande de Santiago).
Estudou outros contextos arqueolóxicos terrestres (Lisboa e Barreiro, en Portugal, Jerez de la Frontera, en España, e Rouen, en Francia) e tamén subacuáticos (Angra D, Azores, Santo António de Taná, Kenia). Participa igualmente nunha misión de prospección arqueolóxica en São Tomé e Príncipe.
LUGAR
Museu Arqueologico do Carmo
Largo do Carmo, 1200-092 Lisboa
https://www.museuarqueologicodocarmo.pt/
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal