Álbum de Galicia
En xaneiro de 2020 o Consello da Cultura Galega presentou o Álbum de Galicia, unha colección dixital de biografías de persoas que destacaron en moi diversos ámbitos: a sociedade, a ciencia, a cultura ou a empresa. A idea é dar visibilidade e perspectiva de conxunto ás numerosas mulleres e homes, xa finados, que contribuíron de maneira significativa á sociedade galega ao longo da súa historia. En moitos casos, seguen a ser grandes descoñecidos para o público de todas as idades, de dentro e de fóra do país.As biografías do Álbum de Galicia están enriquecidas con material documental, referencias bibliográficas e contidos multimedia que permiten coñecer a obra das persoas divulgadas, pero tamén a produción intelectual existente sobre elas. Os textos e materiais están producidos por persoas expertas e son unha fonte rigorosa para acceder á vida e obra destes persoeiros. Ademais, o Álbum de Galicia permite explorar a presenza das persoas biografadas nos fondos documentais dixitalizados do Consello da Cultura Galega. O Álbum de Galicia é, xa que logo, o punto de acceso que ofrece a entidade para coñecer toda a súa produción divulgativa e investigadora ao redor de cada unha das figuras.
Visita o Álbum de Galicia
Álbum de Galicia
Lola Arribe
Íntegra e valente, destacou na política, na lingüística e na galeguización da liturxia
Mércores, 5 de marzo de 2025consellodacultura.gal
Difusión
Lola Arribe
Íntegra e valente, destacou na política, na lingüística e na galeguización da liturxia
consellodacultura.galLola Arribe
Álbum de GaliciaLola Arribe Dopico (Ferrol, 1938-2016) foi unha muller íntegra e valente, destacou na política, na lingüística e na galeguización da liturxia. A súa entrada, asinada por Manuel Rivero Pérez acaba de incorporarse ao Álbum de Galicia, colección de biografías do Consello da Cultura Galega.
A entrada de Lola Arribe no Álbum de Galicia destaca o seu labor en catro ámbitos significativos que marcaron a súa historia de vida: “político, lingüístico, académico e social, nos que deixou unha ampla pegada”.
No ámbito político e social resalta a súa militancia no Partido Socialista Galego (PSG) que, o autor da entrada asegura onde “axudou a quebrar tanto o soporte, como o teito de cristal, que a modo de filtros impedían a entrada da muller nas esferas do poder e nas decisións políticas".
Con respecto ao ámbito lingüístico. Manuel Rivero di que foi “estudosa da nosa fala e comprometida coa súa escrita, con criterios científicos, gran defensora da corrente reintegracionista, tivo como referentes aos profesores Ricardo Carballo Calero, Martinho Montero Santalha e Lois Barros Díaz, cos que conservou un vínculo de amizade durante toda a súa vida”. Carballo Calero foi mentor e amigo e da súa correspondencia gárdanse no Parlamento de Galicia nove das múltiples cartas que se intercambiaron. Na entrada, Manuel Rivero asegura que “están datadas nos anos 1981, 1983, 1984 e 1989. Son documentos cheos de sabedoría, cariño, admiración, respeito e confianza, ao falecemento de Carballo Calero (30-04-1990), Lola seguiu intercambiando correspondencia coa súa viúva, María Ignacia Ramos Díez”. A súa presenza foi habitual en numerosos congresos da lingua galego-portuguesa.
A entrada segura que Lola tivo tamén unha participación activa no Concilio Pastoral de Galicia (1968-1974) onde desenvolveu un importante papel na defensa para a posterior aprobación do uso do galego na liturxia.
No ámbito académico, alén da súa faceta de estudosa da lingua, foi autora libros de texto do ciclo infantil. No entanto, a entrada segura que foi breve e non continuou con ese labor “por mor da modificación das normas ortográficas. Lola era partidaria da normativa reintegracionista e consideraba que a nova normativa oficial prexudicaba o galego, empobrecéndoo e desviándoo do itinerario lusista que estaba chamada a seguir”.
Cultivou tamén a poesía. Segundo a entrada era “dunha harmonía perfecta, de tristeza profunda, espida, dor, morte, loito, desencanto, memoria dos tempos idos, firmeza, coherencia e loita. Son berros secos, que braman contra das inxustizas e dos silencios, que levan ao anonimato e á indiferenza”. Destacan as duascentas de poesías In memoriam dedicadas ao seu irmán Jorge, escritas na cara branca dos sobres de té que tomaba a diario na cafetería Avenida de Ferrol, pero tamén as dedicadas a Carballo Calero, Rafael Dieste, Juan Malde ou Benjamin Moloise, entre outros.
A entrada do Álbum está acompañada de materiais para complementar a información sobre a autora entre os que se pode ler a súa correspondencia con Carballo Calero, e diferentes ligazóns a espazos web para completar a súa información biográfica.
Álbum de Galicia
En xaneiro de 2020 o Consello da Cultura Galega presentou o Álbum de Galicia, unha colección dixital de biografías de persoas que destacaron en moi diversos ámbitos: a sociedade, a ciencia, a cultura ou a empresa. A idea é dar visibilidade e perspectiva de conxunto ás numerosas mulleres e homes, xa finados, que contribuíron de maneira significativa á sociedade galega ao longo da súa historia. En moitos casos, seguen a ser grandes descoñecidos para o público de todas as idades, de dentro e de fóra do país.
A día de hoxe, o Álbum de Galicia conta con máis de 760 entradas, das cales as máis recentes son as das Valentín Lamas Carvajal, as cantareiras de Cerceda, Virxilio Viéitez, Tucho Lagares, Eduardo Lence-Sartar, Avelino Cachafeiro, Lola Ferreiro ou Aurora Sampedro. As biografías do Álbum están enriquecidas con material documental, referencias bibliográficas e contidos multimedia que permiten coñecer a obra das persoas divulgadas, pero tamén a produción intelectual existente sobre elas. Os textos e materiais están producidos por expertos e son unha fonte rigorosa para acceder á vida e obra destes persoeiros. Ademais, o Álbum de Galicia permite explorar a presenza das persoas biografadas nos fondos documentais dixitalizados do Consello da Cultura Galega.
Constitúe, xa que logo, un punto de acceso que ofrece a entidade para coñecer toda a súa produción divulgativa e investigadora ao redor de cada unha das figuras. É tamén o resultado da unificación das coleccións biográficas temáticas do Consello da Cultura Galega, nas que desde o ano 2005 se publicaron álbums sobre a muller, a ciencia ou a emigración, entre outros temas.


