XIII Encontros para a Normalización Lingüística

Encontro. Encontros para a normalización

XIII Encontros para a Normalización Lingüística

Na Facultade de Ciencias da Comunicación (Santiago de Compostela), 28 e 29 de abril de 2011
Santiago de Compostela
Encontro
Encontros para a normalización

XIII Encontros para a Normalización Lingüística

Na Facultade de Ciencias da Comunicación (Santiago de Compostela), 28 e 29 de abril de 2011 Santiago de Compostela

Dirixidos aos profesionais do sector, os expertos e as persoas preocupadas polo galego, os Encontros pola Normalización Lingüística constitúen o único foro regular, convocado anualmente, para o estudo, a reflexión e o debate sobre a planificación lingüística en Galicia e as cuestións relacionadas coa promoción do noso idioma. A presente convocatoria será a décimo terceira, todo un fito indicativo da consolidación e madureza dunha iniciativa que naceu e se vén alimentando das suxestións, propostas e colaboracións de colectivos, profesionais e persoas comprometidas na normalización da lingua. O centro de interese dos Encontros veñen sendo as políticas lingüísticas das administracións públicas, pero considerándoas nun marco social máis amplo, sen perder de vista os asuntos que van gañando relevancia e actualidade.


Os debates sociais e políticos recrudecidos nos anos pasados colocan sobre a mesa a cuestión da lingua como elemento de cohesión social, que será tratado na primeira conferencia. Eses mesmos debates fixeron aflorar actitudes encontradas ante o galego e a normalización lingüística, algunhas das cales permaneceran latentes durante décadas: este será outro dos temas abordados na primeira xornada. Ao final desta, celebrarase unha mesa redonda sobre unha cuestión de importancia estratéxica para o futuro do galego e insuficientemente atendida ata a actualidade: os procesos de desgaleguización e regaleguización da mocidade. Como tema de preocupación tradicional, abordaremos tamén iniciativas para a disponibilización dos recursos para a normalización do galego. Por parte, ao longo do programa serán presentados distinto tipo de recursos. As políticas lingüísticas como políticas públicas, as propostas dos partidos cara ao impulso do galego das administracións locais e a situación do idioma na administración de xustiza serán outros tantos aspectos abordados na segunda xornada.


Co esforzo e a participación de todos e todas, aprendendo da propia experiencia e do coñecemento de experiencias semellantes, mediante a reflexión, o diálogo e a colaboración, esperamos seguir contribuíndo a abrir o camiño da normalización do idioma galego, o que constitúe a grande empresa que nos inspira e nos anima.

ASISTENCIA

INSCRICIÓN
• A inscrición realizarase exclusivamente a través do formulario habilitado no web do CCG.
• O límite de prazas establécese en 200 persoas.
Teñen preferencia, pola mesma orde na que aparecen citados, os seguintes colectivos:
1. Técnicos/as de normalización lingüística en activo que desenvolvan o seu labor nos servizos de normalización lingüística ou servizos lingüísticos existentes en Galicia.
2. Outros profesionais do ámbito da planificación e da dinamización lingüística que estean a traballar actualmente no ámbito público ou privado.
3. Socios/as da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua, entidade colaboradora na organización deste evento.
4. Outras persoas interesadas.
O Consello da Cultura Galega poderá solicitar acreditación da adscrición ao colectivo que se alegue para incluírse en grupos preferentes.


A organización informará da aceptación da inscrición mediante unha listaxe de admitidos/as. Unha vez publicada deberá efectuarse o pagamento da matrícula. Non debe aboarse ningún pagamento antes.


• Prazo de preinscrición: ata o 28 de marzo
• Listaxe de admitidos/as: 31 de marzo
• Prazo de matrícula: do 1 ao 10 de abril
• A cota de inscrición é de 10 €. Para estudantes e licenciados en paro: 5 €. Para os socios e as socias da CTNL é de balde.
• O pagamento farase efectivo mediante unha transferencia bancaria á conta:
CAIXA GALICIA 2091-0300-47-3110063172
PARA FORMALIZAR A MATRÍCULA DEBE ENVIAR O XUSTIFICANTE DE PAGAMENTO. SE ESTÁ NOS GRUPOS DE MATRÍCULA REDUCIDA, DEBE INCLUÍR TAMÉN UNHA COPIA DA TARXETA DO PARO OU DA MATRÍCULA NO CURSO 2010-2011
• Entregarase diploma acreditativo de participación nos XIII Encontros, emitido polo Consello da Cultura Galega.
• Para acadar o diploma é preciso asistir ao 75% das sesións.

LUGAR

LUGAR
Auditorio e Aula 1. Facultade de Ciencias da Comunicación
Campus Norte
Av. Castelao, s/n
15782 Santiago de Compostela

MAÍS INFORMACIÓN

MÁIS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.org
www.consellodacultura.org/arquivos/cdsg/
T 981 564 765 · F 981 582 985