Encontro - Encontro Festlatino 2012: As linguas e culturas peninsulares e a súa proxección internacional. Martes, 3 de abril de 2012

Encontro Festlatino 2012: As linguas e culturas peninsulares e a súa proxección internacional

Encontro

Encontro Festlatino 2012: As linguas e culturas peninsulares e a súa proxección internacional

Martes, 3 de abril de 2012
Santiago de Compostela
Encontro

Encontro Festlatino 2012: As linguas e culturas peninsulares e a súa proxección internacional

Martes, 3 de abril de 2012 Santiago de Compostela

O Consello da Cultura Galega ten como encomenda estatutaria a defensa e promoción dos valores culturais do pobo galego. Nos últimos anos véñense desenvolvendo encontros e convenios con distintas institucións públicas e entidades culturais con vistas a contribuír ao diálogo da cultura galega con outras culturas e á súa proxección no exterior. Nesta liña de traballo o Consello da Cultura Galega organiza en colaboración co Movimento Festlatino o seminario “As linguas e culturas peninsulares e a súa proxección internacional” que terá lugar o martes, 3 de abril de 2012 na sede do Consello da Cultura Galega en Santiago de Compostela. Nel participarán representantes de institucións das distintas culturas da península ibérica vinculadas á súa proxección exterior e á promoción do diálogo intercultural (Instituto Ramón Llull, Instituto Camões, Instituto Cervantes, o propio Festlatino), xunto a persoas de recoñecido prestixio no ámbito cultural e universitario galego.


O encontro está coordinado por Henrique Monteagudo (Consello da Cultura Galega) e Humberto França (Movimento Festlatino).


O Movimento Festlatino O Festlatino é nun movemento cultural, literario e educacional que ten como obxectivo fomentar o diálogo cultural entre os países e zonas de linguas e culturas neolatinas de Europa, África, Américas e Asia. Anualmente celebra un congreso no Recife e seminarios preparatorios en varios países de linguas neolatinas que reúnen persoas relevantes do ámbito da escrita, filoloxía, profesorado, arte, estudantado, diplomacia, xornalismo, xestión e liderado cultural e político e promoción cultural.


O Movimento Festlatino ten como presidente de honra ao Dr. Mário Soares, ex-Presidente da República Portuguesa, e está dirixido por un consello formado por vinte e seis personalidades do mundo da cultura e linguas de doce países. O seu coordinador xeral é Humberto França.


Pode atopar información sobre o festlatino no blog: Web Festlatina

Ficha técnica 
Encontro
Encontro Festlatino 2012: As linguas e culturas peninsulares e a súa proxección internacional
Cando
Martes, 3 de abril de 2012
Onde
Santiago de Compostela
Lugar

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela

Coordinación
Humberto França
Henrique Monteagudo
Participante
Manuel Bragado
Francisco Fernández Rei
Valentín García Gómez
Margarita Ledo
Enrique Sáez
Suso de Toro
Relator/a
Ana Paula Laborinho
Francisco Moreno
Isabel Pires
Alex Susanna
Modera
Humberto França
Henrique Monteagudo
Organiza
Consello da Cultura Galega
Movimento Festlatino