01/05/1970 / / FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Proxecto Epístola

Agrupación de coleccións epistolares para a páxina institucional do Consello da Cultura Galega.

01/05/1970
Compartir en

María casou por poderes co seu mozo en Galicia. Despois dun ano de trámites burocráticos foi reclamada e emigrou a Perú en 1967 para reunirse con el e formar a súa desexada familia. Tanto a filla como a súa sobriña naceron en Perú. As cadeas migratorias foron clave no proceso migratorio a este país: primeiro emigraban os homes para traballar na súa gran maioría no sector pesqueiro e despois "chamaban" as súas familias: esposas, fillos, irmáns ou sobriños. A pequena colonia galega alí residente estaba moi unida e tiña unha forte relación de amizade e solidariedade.

FICHA DOCUMENTAL
  • Data:
    01/05/1970
  • Notas:
    Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega. Col. particular de Saturnino García Lagoa
  • Metadatos: