/ / FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Proxecto Epístola

Agrupación de coleccións epistolares para a páxina institucional do Consello da Cultura Galega.

Compartir en

A emigración a Europa supuxo para as galegas unha nova vía para emigrar durante a posguerra. Pese ás dificultades de integración (lingua e cultura moi diferentes), os bos soldos e as mellores condicións laborais facían que os países europeos resultasen moi atractivos. Generosa Lois Daparte, emigrante lalinense en Suíza, traballou no sector da hostalaría, na cociña de varios restaurantes e cafetarías. Aquí posa cunhas compañeiras galegas no seu traballo.

FICHA DOCUMENTAL
  • Notas:
    Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega. Col. particular de Generosa Lois Daparte
  • Metadatos: