19/07/1959 / / FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Proxecto Epístola

Agrupación de coleccións epistolares para a páxina institucional do Consello da Cultura Galega.

19/07/1959
Compartir en

Emilio González López participou na Feira do Libro Galego realizada en Caracas nese ano cunha conferencia sobre o libro galego. Na mesa, ademais de varios directivos da entidade, podemos ver a escritora galega Pura Vázquez, quen emigrara había pouco tempo a Venezuela, onde participou na puxante vida cultural da colectividade galega alí asentada.
Emilio González López foi un historiador e político galego que tivo que exiliarse coa Guerra Civil. Asentouse en Estados Unidos e traballou como profesor de Historia na Universidade de Nova York, especializado en Historia de España e de Galicia. Dende a súa cátedra formou a numerosos estudosos da nosa cultura, que axudou a espallar nos Estados Unidos.

FICHA DOCUMENTAL
  • Data:
    19/07/1959
  • Localización física:
    Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
  • Notas:
    Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega. Col. particular de Xosé Neira Vilas e Anisia Miranda
  • Metadatos: