21/06/1949 / / FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Proxecto Epístola

Agrupación de coleccións epistolares para a páxina institucional do Consello da Cultura Galega.

21/06/1949
Compartir en

Unha das vías máis empregadas para poder emigrar alén mar era a carta de chamada. Un amigo, un veciño ou un familiar, neste caso a súa irmá, reclaman ao emigrante e comprométense a conseguirlle traballo e un lugar onde vivir. Delia chama ao seu irmán José Luis para que poida emigrar e asentarse no país. Un ano despois el fará o mesmo coa súa muller e co seu fillo, aos que reclama. José traballou como xefe de recepción do Hotel España en Mar del Plata e como fotógrafo; a súa muller Carmen foi modista e costureira. Alí, e anos despois en Bos Aires, formaron unha fermosa familia.

FICHA DOCUMENTAL
  • Data:
    21/06/1949
  • Localización física:
    Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
  • Notas:
    Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega. Col. particular de Loreley Ritta Cardero
  • Metadatos: