11/05/1951 / / FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Proxecto Epístola

Agrupación de coleccións epistolares para a páxina institucional do Consello da Cultura Galega.

11/05/1951
Compartir en

Para poder saír de España, os emigrantes tiñan que lidar cunha forte burocracia que lles esixía conseguir numerosos documentos que acreditasen a súa filiación, a súa boa saúde e a súa irreprochable conduta como cidadáns, e así poder entrar no país de acollida de maneira legal. Toda esta documentación debía ser presentada ante o consulado do país correspondente para que este emitise a documentación de entrada do emigrante. Un dos certificados que se precisaba era o de antecedentes penais, emitido pola garda civil, que acreditaba a boa conduta "moral, pública e privada" do emigrante e que non tiña antecedentes político-sociais, algo esencial ante o Goberno franquista pero tamén esixido polo país de acollida.

FICHA DOCUMENTAL
  • Data:
    11/05/1951
  • Localización física:
    Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
  • Notas:
    Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega. Col. particular de Francisco Vila Barros
  • Metadatos: